854 [= Tav 100,3]
Veeron-me meus amigos dizer

Veeron-me meus amigos dizer
d’ũa dona, porque lhi quero ben,
que lhi pesava mui de coraçon,
des i que lh’er pesa de a servir;
dix’eu: «Amigos, ben pode seer,
mais, quer lhi pes, quer lhi praza, ja non
me pos[s]’end’eu per nulha ren partir».
E dizen-me, porque me chamo seu,
que lhi pesa e que me quer gran mal,
e mui doado lh’ende pesará;
e, amigos, verdade vos direi:
e pero que sei que lh’ést[e] mui greu,
quer lhi pes, quer lhi praza ende ja,
se morto non, nunca m’én partirei.
E da gran coita que me faz levar
pesar-lh’-á end’e de que ando sandeu
por ela, mais non cuida de min
nen de meu mal nen de meu grand’afan,
e ben vej’eu que lhi faç’i pesar:
quer lhi pes, quer lhi praza, or’assi
seera ja sen meu grado, de pran.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 858, V 444

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 269-270 [= LPGP 665]); Littera (2016: II, 149).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 185).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 142).

Variantes manuscritas


1 amigos] amigus V   2 d’ũa] duna B   3 coraçon] coracom BV   5 dix’eu] dizeu V   6 praza, ja non] p̃az aca / Nō B : paz aca / nō V   10 doado] deado B; pesará] pesera BV   11 amigos] a mygus V   13 ende ja] caia BV   14 partirei] rirey B : p̄mey V   17 ela] ella BV   19 faç’i] fazy V   20 pes] pez BV   20-21 or’assi / seera ja] om. B : crassy / sy auya V

Paráfrasis


(I) Viñéronme os meus amigos dicir dunha dona que lle pesaba de corazón porque eu a amo, e alén diso que tamén lle pesa que a sirva; dixen eu: «Amigos, ben pode ser así, mais quer lle pese, quer lle praza, eu xa non podo deixar de facelo».
(II) E dinme, porque me chamo por seu, que lle pesa e que me quere mal, e (considero que) moi sen motivo lle pesará por iso; e, amigos, direivos a verdade: aínda que sei que lle resulta moi molesto, quer lle pese, quer lle praza por iso, nunca deixarei de facelo, senón que morra.
(III) E halle pesar pola gran coita que me fai levar e porque ando louco por ela, mais non pensa en min nin no meu mal nin no meu grande afán, e ben vexo eu que por iso lle causo pesar: quer lle pese, quer lle praza, agora así será xa, certamente, contra a miña vontade.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10c 10d 10a 10c 10d (= Tav 260:259)

Encontros vocálicos: 16 á‿end’; 17 ma·is; 21 se·e·ra

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, atribuída a Meen Rodriguez de Briteiros no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, vai seguida, neste manuscrito, dun ciclo de nove cantigas (B 859-867) situadas baixo unha dupla rúbrica (antes do texto 859 e sobre a col. b do fol. 183r) escrita por Colocci, que llas outorga a Joan Meendiz de Briteiros (os textos cópianse no manuscrito despois de varios folios en branco e a comezo de caderno). No Cancioneiro da Vaticana, pola contra, tanto este texto como os sucesivos son atribuídos a Joan Meendiz de Briteiros pola rúbrica, que tamén neste caso reproduce Colocci. 
    A atribución discordante pódese deber a unha confusión entre os dous nomes (cfr. Marcenaro 2015: 91) ou ben a unha colocación da razó no antecedente que levou a Colocci a non reproducila en V (como si fixo en B con sumo coidado). Neste caso, ademais, Colocci erra ao escribir o nome do autor, reproducindo Besteyros.

  • 1

    Nótese como en <amigus> (v. 1) e mais en <amygus> (v. 11) aparece a terminación -us na copia de V. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 2

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <poner> põer, <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 12

    Fronte á real posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
    Por outra banda, é frecuente nos apógrafos italianos a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia da vogal final de éste e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1497.30, 1625.1, 1652.2 e 1667.17.
    Nótese, ademais, a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 13

    Neste verso asistimos á emenda que Nunes realizou da unánime lección <ca> de BV en prol de ende, solicitado pola métrica e mais polo contexto, simétrico con respecto aos versos 6 e 20 das estrofas I e III:
              mais, quer lhi pes, quer lhi praza, ja non (v. 6)
              quer lhi pes, quer lhi praza ende ja (v. 13)
              quer lhi pes, quer lhi praza, or’assi (v. 20).
    Na realidade, debe tratarse dun erro de copia en cadea a partir dunha probábel lección <en̄> ou <ēn> (= ende, véxase 59.16, 71.23, 483.16), coa frecuente confusión <e>/<c> e, tamén, o erro <n>~<n̄>/<a>, que tamén aparece con frecuencia nos apógrafos italianos: ademais de <ca> B en (931.4), véxase, a modo de exemplo, tan <taa> B (246.7), <ea> V én / en (675.17, 689.16), <Aunca> V Nunca (844.6), <Arõ> B, <arõ> V Nostro (858.2), <enfragir> B enfingir (1030.9), <ea d> V end’ (1594.19) etc.

  • 14

    Nalgúns editores (nese caso, en Nunes) percíbese unha certa resistencia a non recoñecer o pronome én na parte final de secuencias que deben ser segmentadas (véxanse 37.28, 274.21 e 854.14). Cfr. nota a 37.28.

  • 17

    Nótese a grafía <ll> en <ella>, tanto en B como en V, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo e cavaleiro, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-; véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
    A contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), converte en desnecesaria a reintegración efectuada por Nunes para resolver o aparente problema de hipometría.

  • 20

    Probabelmente a inxustificada emenda end’assi de Nunes (<crassy> V) se deba ao interese en reforzar a corrección realizada no v. 13 (véxase nota correspondente), de modo que ficaría máis simétrica a construcións dos vv. 13 e 20 (*quer lhi praza ende ja - *quer lhi praza end’assi). Porén, é máis axustada a lectura or’assi, por canto é banal a confusión <c>/<o> nos cancioneiros italianos.

  • 21

    A proposta textual seera ja é conxectural e remite á emenda realizada por Nunes na inintelixíbel lección <sy auya> de V (copia omitida en B), na procura dunha correcta expresión sintáctica con, asemade, coherencia semántica.

Buscar
    Sin resultados