I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 690-691 [= LPGP 319-320]); Littera (2016: I, 357-358).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 21); Machado & Machado (1949: I, 83-84); Rios Milhám (2017: I, 37).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 98); Arias Freixedo (2003: 211-212); Alvar & Talens (2009: 336).
2 coitado] coytato B 3 nen que] (nen) \nen/ que B 5 dizer] diser B 9 pecado] pcc̄ado B 17 contenda] ꝯcēda B 21 perece] pareçe B
15 én prenda] emprenda Michaëlis, Littera 16 outra] outre Michaëlis 19 e] en Michaëlis : em Littera 21 e] [qu]e Littera 27 outorgado] outrogado Michaëlis, Littera 28 melhor’én] melhore Michaëlis : melhor'em Littera
Esquema métrico: 4 x 7’a 7’b 7’a 7’c 7’c 7’b 7’a (= Tav 125:2)
No Cancioneiro da Biblioteca Nacional (e tamén no da Vaticana coa excepción da equivalencia <ç>/<z>) mantense unha nítida distinción nas grafías das diversas sibilantes medievais, para alén de usos gráficos que mostran -s- intervocálicos simples con valor de -ss- e que eran moi frecuentes na produción prosística. Neste verso obsérvase a aparición da grafía <s> por <z>, que non semella indicio de desafricación senón esporádico erro ou lapso de copia que se encontra tamén –e unicamente– en 849 / 8,5 AfPaBra [B853/V439], v. 27 (dizer <diser> B, <dizer> B). Cfr., tamén, 1162 / 83,7 JZor [B1149a/V752], v. 5: dis[s]er <dizer> B, <diser> V.
O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez).
O feito de que emprender só se documente moi raramente no período medieval (un rexistro en CSM 313.72: e cada u͂u enpres / a fazer sas oraço͂es | aa Sennor mui cortes)1 , aconsella segmentar o pronome adverbial én na secuencia <enp’nda> para estabelecer o verbo prender, de amplísimo uso na lingua trobadoresca (cfr. Con tal senhor fui eu prender; véxase nota a 979.8). En calquera caso, deberemos interpretar o verso como ‘Nin me convén que por iso inicie relacións / con outra senhor’.
A abreviatura <out͂> de B indica claramente que se trata de outra (isto é, outra muller), e non de outre (‘outra persoa’), tal como editou Michaëlis.
Nótese a segmentación do adverbio, que volve aparecer en 192.11-12, terceiro nivel de tmese versal (véxase nota a 14.25-26, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4), proceso frecuente nas Cantigas de Santa Maria: así, por exemplo, CSM 195 fera- / mente (vv. 24-25), vergonnosa- / mente (vv. 51-52), enganosa- / mente (vv. 154-155), mederosa- / Ment’... (vv. 157-158), apressurosa- / mente (vv. 187-188).
O erro de B ben pode ser produto dun desenvolvemento defectuoso da abreviatura <ꝑ> en perece, P3 de perecer, que só conta con outra documentación en 1448.26 (pereceo).
Existe escasísima documentación na prosa portuguesa tardía, pois só localizamos cinco ocorrencias na Crónica de D. Duarte, de Rui de Pina (CdP) e unha ocorrencia no Livro de Montaria (CGPA).