[last revised: 17/08/2020]Print

460 [= Tav 18,44 (= 54,1)]
Ũa pregunt’ar quer’a el-rei fazer

– Ũa pregunt’ar quer’a el-rei fazer,
que se sol ben e aposto vistir:
por que foi el pena veira trager
velha’n bon pan’? E queremos riir
eu e Gonçalo Mar[t]ĩiz, que é
ome muit’aposto, per bõa fe,
e ar quere-lo-emos én cousir.
– Garcia Perez, vós ben cousecer
podedes: nunca de pran foi falir
en querer eu pena veira trager
velha en corte nen na sol cobrir;
pero de tanto ben a salvarei:
nunca me dela en corte paguei,
mais estas guerras nos fazen bulir.
– Senhor, mui ben me vos fostes salvar
de pena veira que trager vos vi;
e, pois de vós a queredes deitar,
se me creverdes, faredes assi:
mandade log’est’e non aja i al:
deita[de-a] log’en ũu muradal,
ca peior pena nunca desta vi.
– Garcia Perez, non sabedes dar
bon conselho, per quanto vos oi,
pois que me vós conselhades deitar
en tal logar esta pena, ca, si
[i] o fezesse, faria mui mal;
e muito tenh’ora que mui máis val
en da-la eu a un coteif’aqui.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


B 465

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 239-240 [= LPGP 343-344]); Paredesa (2001: 133); Lopes (2002: 152); Paredesb (2010a: 115); Littera (2016: I, 389).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 152); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 157-158); Machado & Machado (1950: II, 311-312); Paredes (2010b: 90-93); Paredes (2010c: 67-68); Rios Milhám (2018b: III, 460).
III. Antoloxías: Filgueira Valverde (1980: 73-74); Tavares (1987: 210-211).

Manuscript variants


1 quer’] q̄ir B   3 pena] peq̄na B   4 velha’n] Veerlh an B   5 Gonçalo Mar[t]ĩiz, que é] goncalo mrījz que he / (que he) B   9 falir] falquir B   10 eu] en B   14 estas] ostas B; nos] nos B   20 deita[de-a]] Dota B   21 peior] peyior B   23 bon conselho] Bon conselho bon conselho B   24 vós conselhades] uꝯ con soshades B   25 pena] pēqna B   27 máis] mꝯ B

Editorial variants


1 pregunt’ar] pregunta Littera   4 velha’n] velh’an Lapa, Paredesa, Paredesb   5 Mar[t]ĩiz] Martinz Lopes : Martins Littera   11 nen na] nen’a Lopes, Littera   20 deita[de-a]] bota[de-a]  Lopes, Littera; ũu] un Lapa : um Lopes, Littera   25-26 si / [i] o fezesse, faria mui mal] s’i / o fezese, faria mui[to] mal Lapa, Paredesa, Paredesb, si / o fezesse, faria mui mal Lopes, Littera

Paraphrase


(I) – Quero facerlle unha pregunta ao rei, que adoita vestirse ben e con elegancia: por que foi el usar unha pel vella nun bo pano? E queremos rir eu e Gonzalo Martĩiz, que é home moi aposto, abofé, e tamén quereremos comentar o asunto.

(II) – García Pérez, vós podedes criticar: nunca errei, sen dúbida, en querer usar unha pel vella na corte nin sequera en ocultala; pero ben a defenderei de tanta crítica: nunca me agradou usala na corte, mais estas guerras fannos andar dun lado para outro.

 III) – Señor, moi ben vos librastes das miñas críticas pola pel vella que vos vin traer posta; e xa que vos queredes desfacer dela, se me crerdes, faredes deste xeito: mandade axiña isto, sen dúbida: botádea logo nun vertedoiro, pois nunca vin unha pel peor ca esta.

(IV) – Garcia Perez, non sabedes dar bos consellos, polo que vos ouvín, xa que me aconsellades tirar en tal lugar esta pel, pois se alí o fixese, faría moi mal; e coido que é moito mellor darlla aquí a un cabaleiro vilán.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= Tav 101:12)

Encontros vocálicos: 1 quer’a‿el; 19 i‿al; 20 u͂͜u

Notes


Text
  • 1

    O encontro da preposición a co artigo el de el-rei resólvese habitualmente coa contracción al; cando non hai crase gráfica (1166.r2, 1418.3, 1598.20), prodúcese en xeral sinalefa.

  • 2

    A harmonización vocálica nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.

  • 3

    Nótese a repetida (tamén no v. 25) confusión do copista entre pena e pequena.
    A pena veira fai referencia a unhas peles de cores variadas (cfr. lat. uariam > veira), en xeral valiosas, que eran fundamentalmente empregadas nos forros.

  • 4

    Aparentemente, o texto subministrado por B permitiría unha lectura máis fiel ao manuscrito: veer-lh’an bon pan’... Con todo, a métrica (esa lectura implica unha sílaba de máis) e o sentido da composición levan para a emenda que xa todos os editores realizaron, en liña coa resposta do rei na seguinte cobra:
                    ...: nunca de pran foi falir
              en querer eu pena veira trager
              velha en corte nen na sol cobrir (vv. 9-11).

    Deste modo, no verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 5

    Gonçalo Martĩiz é un personaxe non localizado.

  • 9

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 14

    O verbo bulir, como fugir, é variante da forma bolir, que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

  • 18

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito, aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevestes, crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 470.13, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

  • 20

    A lacuna métrica parece solicitar a forma deitade, en P5, co pronome correspondente, de modo que o verso fique isométrico.

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

    O vocábulo muradal significa ‘esterqueira, lixeira’.

  • 25

    En todas as edicións da cantiga, <ssi> é interpretada como s’i, isto é, crase da condicional se e o adverbio i, que semanticamente cadra ben co contexto. Porén, a resistencia da conxunción se á crase e, mesmo, á sinalefa (véxase Ferreiro 2013b) aconsella interpretar a lección de B como unha simple variante da condicional, que nos textos medievais do século XIII está ben atestada (Maia 1986: 881-882)1 : lémbrese que, en orixe, a vogal /i/ debería ser o resultado do lat. , e nos apógrafos italianos aparece tamén como variante concorrente de se, tanto en B (véxase 1173.5 <si> B, <se> V)2 como en V (1216.6 <se chorar nõ> B, <si chorar non> V). Esporadicamente, esta forma condicional si ~ sy tamén se acha nalgunha outra obra, como no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (véxase Mattoso 1980: I, 255, 393; Brocardo 2006: 51, 136), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 194, 196) ou no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 284, 306, 325, 365, 368). Do mesmo xeito, tamén se encontran usos esporádicos de si condicional en documentos notariais (véxase, por exemplo, Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 87).
    Por outra parte, a aparición en rima de partículas átonas ou semitónicas prodúcese precisamente coa condicional se (605.1-2 se - que) e mais tamén con que (862.13-16 que - ).

  • 26

    A hipometría versal resólvese coa consideración dun adverbio i no inicio do verso, mellor do que un uso de fazer muito mal (Lapa, Paredes), pouco condicente co contexto.

  • 28

    Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13, 371.24); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11 e 489, vv. 6, 7, 13, 19, 25, 31), para alén de Roi Queimado (1404.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).

  1. ^

    Poden verse numerosos exemplos na prosa medieval no CGPA (s.v. si, sy).

  2. ^

    E esa forma condicional si é a que fixa o autor da edición crítica de Roi Martinz do Casal: Mays, si eu d’ ela esteves[s]’ assy, / muy mayor ben faria Deus a min (Macchi 1966: 20).

Buscar
    No results