[últ. rev.: 10/04/2020]Imprimir
Anterior

1 [= Tav 157,5]
Amor, des que m’a vós cheguei

Elis o Baço de Sansonha, que foi mui cavaleiro d’armas.

Este lais fez Elis o Baço, que foi Duc de Sansonha, quando pas[s]ou aa Gran Bretanha, que ora chaman Ingraterra. E pas[s]ou lá no tempo de Rei Artur p[er]a se combater con Tristan porque lhe matara o padre en ũa batalha. E andando ũu dia en sa busca, foi pela Joiosa Guarda u era a Rainha Iseu de Cornoalha, e viu-a tan fremosa que a dur lhe poderia ome no mundo achar par, e namorou-se enton dela, e fez por ela este laix. Este lais posemos aca porque era o melhor que foi fe[i]to.

Amor, des que m’a vós cheguei
ben me pos[s]o de vós loar,
ca mui pouc’ant’, a meu cuidar,
valia; mais pois enmendei
tan muit’en min que, com’ant’eu
era de pobre coraçon
as[s]i que nen ũu ben enton
non cuidava que era meu,
e sol non me preçavan ren,
ante me tiinhan tan en vil
que, se de mí falavan mil,
nunca dezian nen un ben;
e des que m’eu a vós cheguei,
Amor, de tod’al fui quitar
senon, de vos servir, punhar;
log’eu, des i, en prez entrei,
que mi ante d’aver era greu,
e per vó-l’ei e per al non,
as[s]i que du os bõos son
máis loo meu prez ca o seu.
Amor, pois [que] eu al non ei
nen averei nulha sazon
senon vós, e meu coraçon
non sera senon da que sei
mui fremosa e de gran prez,
e que polo meu gran mal vi
e de que sempre atendi
mal, ca ben nunca m’ela fez,
e por én vos rog’eu, Amor,
que me façades dela aver
algun ben, pois vó-lo poder
avedes, e, mentr’eu ja for
vivo, cuido-vo-lo servir;
e ar direi, se Deus quiser,
ben de vós, pois que me veer
per vós, de que mi á de vi[i]r;
se m’esto non faz[e]des [i],
que sei que sera vos[s]o ben,
cofonda-vos por én quen ten
en seu poder máis ca m’ar [vi].
Amen, amen, amen,
amen, amen, amen,
amen, amen, amen!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 

Manuscritos


B 1, L 1

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 629-631 [= LPGP 980-981]); Lagares (2000: 106 [rúbrica]); Amaral (2006: 67-69); Lorenzo Gradín (2013: 7 [rúbrica]); Littera (2016: II, 555-556).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 7); Machado & Machado (1949: I, 33-35); Rios Milhám (2017: I, 1).

Variantes manuscritas


Rúbrica. Elis obaço de sam sonha q̄ foy muy caual.o darmas L : om. B; Artur] ar*ur B; pera se] ta se B : pase L; combater] con later L; ũu dia] h-ū diā L; era] er- L; poderia] podria L; achar par] ath˜par B : achatar L; namorou-se] namourouse L; fez] feh B; aca] a a B; porque era] p.r q̄ qu L; fe[i]to] feto B : fēto L

Texto. 1 vós cheguei] -os cheguy L   3 pouc’ant’, a] pou camota B : pou camta L   4 enmendei] emmēdey B : emmendey L   5 tan muit’en min] Tam muyt tam m ī B : Tam muy tam mī L; com’ant’eu] co-am teu L   6 coraçon] coracom L   7 nen ũu] nē nhū BL   8 non] om. L; meu] neu L   9 preçavan ren] pre çauāem rem B : presauāem rem L   10 tiinhan] tij̄nhā B : tirnhā L; tan] ram B   12 nen un ben] nem / huutem L   13 cheguei] chegney B : cheuey L   15 vos] uos BL   17 d’aver era greu] daus era greu BL   19 du os] duus BL   20 máis loo meu prez] Mai lo omeu p̄iz B : mai lo omeu prez L; ca o seu] *p cao seu L   21 Amor, pois] Am-- -ois   22 nen averei] --̄ auerey L; sazon] saton B : sazo L    23 coraçon] coracon B : corac-m L   24 da que sei] da q̄ se-   25 M-- ------- ------- prez L   26 e que polo meu] ----lomeu L   27 atendi] atēndy B : atēndȳ L   28 m’ela] mella BL   29 vos] uos BL   30 façades dela aver] fazadez dela auos L   31 poder] par d-- L   32 mentr’eu] emērreu B : em-̄rreu L; ja for] la farey L   33-34 servir / e ar direi] ƥuir ear direy seru’ ear direy L   35 veer] (--) ueer L   37 E se mesto nō faz des BL   38 vos[s]o] uolo L   39 cofonda] ---fonda L   40 En seu poder [      ] B : en seu poder / Mais CaMar L   43 Amen Amen L

Variantes editoriais


Rúbrica 1. om. Michaëlis, Lagares, Lorenzo Gradín, Littera

Rubrica 2. Elis o Baço de Sansonha, que foi mui cavaleiro d’armas] om. Lagares, Lorenzo Gradín; o Baço] Obaço Amaral; pas[s]ou] pasou Amaral, Lorenzo Gradín; pas[s]ou] pasou Amaral, Lorenzo Gradín; p[er]a] para Littera; ũu] un Michaëlis, Littera; Cornoalha] Cornolalha Lorenzo Gradín; ome] omen Michaëlis : homem Amaral; e namorou-se] Enamorou-se Michaëlis, Amaral; laix] lais Amaral, Littera; aca] a[a] cima Michaëlis; fe[i]to] feto Amaral

Texto. 2 pos[s]o] poso Amaral   3 ant’] amor Amaral   4 enmendei] emmendei Michaëlis   5 min] mi Michaëlis   7 as[s]i] asi Amaral; nen ũu] nenhun Michaëlis : nem nhũ Amaral : nẽum Littera   9 ren] (en) ren Amaral   10 tiinham] tinhan Michaëlis, Littera   11 mí] mim Amaral   12 nen un] nenhun Michaëlis :  nẽum Littera   14 de] e Michaëlis, Littera   15 vos] vos Michaëlis   17 d’aver] de vos Michaëlis : de v[ó]s Amaral : de vós Littera   19 as[s]i] asi Amaral; du] u Michaëlis : d’u Amaral, Littera   20 loo] loo[m] Littera   21 pois que] [e] pois Michaëlis : pois Amaral, Littera   29 vos] vus Michaëlis   30 aver] (a)ver Michaëlis   35 veer] vẽer Michaëlis   36 vi[i]r] vĩir Michaëlis : vir Amaral   37 E se non m’est(o) ides fazer Michaëlis : E se m’esto non faz De[u]s Amaral : E se m[e] esto non fazedes Littera   38 vos[s]o] voso Amaral   39 vos] vus Michaëlis   40 en seu poder máis ca m’ar [vi]] [o mund’e vos] en seu poder! Michaëlis : en seu poder <...> Amaral, Littera

Paráfrase


(I) Amor, desde que me acheguei a vós podo louvarme, pois antes, na miña opinión, pouco valía; mais rectifiquei (II) tanto que, así como antes era pobre de espírito e cría que non podía acadar ningún ben (III) e que ninguén me apreciaba, senón que polo contrario me tiñan por unha persoa tan vil que, se de min falaban, era sempre en termos negativos. (IV) Mais desde que a vós me acheguei, Amor, puxen de lado todo agás o meu servizo a vós, e desde ese momento fun estimado polas persoas, (V) cousa que antes me resultaba difícil, e que conseguín grazas a vós, de maneira que cando estou entre xente boa louvo máis a miña honra do que a deles.

(VI) Amor, xa que non teño máis nada nin nunca terei senón a vós, e xa que o meu corazón non será senón da miña senhor (VII) fermosa e de gran prez, aquela que vin para a miña propia desgraza, e da que sempre agardei mal porque ela nunca me outorgou o seu ben, (VIII) por iso vos rogo, Amor, que fagades que ela me conceda o seu galardón, pois tendes o poder para o lograr e, mentres eu estea (IX) vivo servireivos, e falarei ben de vós, se Deus o quere, despois que me veña ese galardón de quen me debe vir. (X) E se non me facedes isto, que sei que será voso ben, seredes castigado por quen ten máis poder do que calquera outro.

(XI) Que así sexa!

Métrica


Lai, cantiga do tipo de mestría. O texto está constituído por once estrofas singulars, as dez primeiras de catro octosílabos agudos e a última de tres hexasílabos tamén agudos.

Esquema métrico: 10 x 8a 8b 8b 8a + 6b 6b 6b (= Tav 127:1)

Encontros vocálicos: 7 u͂͜u; 17 mi‿ante; 30 dela‿aver; 36 mi‿á

 

Notas


Rúbrica
  • Obsérvese a grafía <laix>, posíbel confusión gráfica ou, polo contrario, indicio de palatalización de -s implosivo. De calquera maneira, a forma laix volve aparecer na rúbrica do quinto e último lai.
    Por outra parte, a forma duc, como antecedente do moderno duque, tiña unha circulación normal nos textos medievais (cfr. Machado Filho 2013: s.v. duc). Véxanse numerosas ocorrencias no CGPA (s.v. duc); o mesmo acontece con Sansonha, forma medieval de Saxonia (véxase CGPA, s.v. Sansonha, Sansoña, Sansona, Sãsonha).

Texto
  • *

    O texto ten a súa fonte na denominada versión longa (V.II) do Tristan en prose francés (ca. 1240), en concreto no coñecido como Lai de Hélys. Trátase, así, dunha «adaptación del poema Amours, de vostre acordement» (Lorenzo Gradín 2013: 2) non exenta de peculiaridades, incluída a súa ampliación con elementos tomados do texto francés en prosa en que se insire a antecitada composición (véxase Gutiérrez García 2007: 101-106, 110-112, que analiza pormenorizadamente a técnica compositiva do lai e que reproduce o modelo que seguiría a peza galego-portuguesa, comparando ambos os textos; véxase tamén a bibliografía precedente, sobre todo, Michaëlis 1900-1901, en particular, pp. 4-9, 18-19, e Michaëlis 1904: I, 629-631; II, 479-485, 487-488). Para a longa rúbrica explicativa e contextualizadora que acompaña o texto, remitimos a Michaëlis (1900-1901: 20-22; 1904: I, 629-631; II, 480-481, 490-491, 496-497), Lorenzo Gradín (2013: 5-6) e Arbor Aldea (2010).
    Por outra parte, esta cantiga presenta ligazón interestrófica en todas as súas cobras, cunha ruptura medial no v. 20 (que en Littera non se produce), similar á que se pode encontrar nas cantigas 24, 213 (con fiinda) e 270. Cfr. nota á cantiga 24. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.

  • 4

    O verbo enmendar (< emendāre), tamén en 1344.13, convive con emendar (37.22), o mesmo que enmenda (véxase 559.5, 1325.4) con emenda (só en 1344.14). En principio, esta variante mostra a aparición do raro –na altura– grupo consonántico -nm- debido á presenza do prefixo en- (tamén poderiamos interpretar a secuencia <mm> como unha xeminación gráfica de <m>), a semellanza doutros casos en que este grupo é produto da adición do prefixo a unha base lexical comezada por [m] (enmentar, enmentre). En calquera caso, véxanse nos bancos de datos diversas ocorrencias de emmendar en textos de diverso teor (véxase CGPA, s.v.).

  • 7

    Nen ũu parece a interpretación máis factíbel da lección manuscrita <nẽ nhũ> a partir dun erro do copista que trocaría a posición de <h> e confundiría <u>/<n>. Cfr. nota a 130.15.
    Por outra parte, o indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 9

    A métrica e a sintaxe aconsellan a supresión da preposición en no sintagma preçavan en ren, dado que o verbo preçar funciona sempre como verbo transitivo (ou pronominal), ao tempo que en todos os cancioneiros se pode detectar de cando en vez a presenza espuria deste elemento (véxase 199.5 A vs. B).

  • 10

    A forma verbal tiinhan computa como dúas sílabas, como acontece noutras ocasións ao longo do corpus: 489.11, 1578.91 (mais trisilábico en 1281.2 e 1625.8).
    A expresión verbal teer en vil, que volve aparecer nunha cantiga satírica (e diz que sempre me terrá en vil / atá que barate u͂u maravedil, 1604.12), está presente nas Cantigas de Santa Maria: mas me͂os que can / o ten en vil, e sei ben esforçada (CSM 17.63); Quant’o crerigo dizia | o almiral tev’en vil (CSM 35.80).

  • 12

    Nótese a forma dezia(n), tamén en 517.12 e 1197.24 (cfr. desdezidores en 1444.3), produto da disimilación relativamente frecuente no copretérito de dizer, tal como se pode comprobar no CGPA, s.v. dezia, dezian, deziam, deziã etc. Cfr. nota a 521.3.

  • 13

    Para que todo o período funcione ben sintacticamente, debemos considerar o e inicial do verso como expletivo, valor que é relativamente frecuente na lingua trobadoresca e que se rexistra tamén no v. 29.

  • 17

    A lectura dos anteriores editores (de vós) non mellora o sentido, ao tempo que, do punto de vista paleográfico, é fácil explicar a aparición de <s> como produto da errada interpretación da abreviatura correspondente a <er>. Nótese, ademais, a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 19

    Este verso resulta de difícil interpretación, sen que as versións alternativas de Michaëlis e Amaral resolvan o problema de sentido. De calquera xeito, du é un adverbio temporal (‘cando, mentres’) diferente da contracción d’u (< de + u), de modo que podería parafrasearse do seguinte xeito: ‘mentres existen os bos, eu loo máis o meu valor ca o seu’.
    A distinción entre d’u ‘de onde’ e du ‘cando’ parte de Huber (1986: §482) e foi retomada por Giuseppe Tavani na edición de Airas Nunez (1992 [1963]). Presenta poucos rexistros na lírica profana (323.13, 564.13, 631.11, 864.2) e comparte nunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria:
              O ben que perdeu Eva
              du perdeu parayso,
              cobrou Santa Maria
              pelo seu mui bon siso (CSM 320.20).

  • 20

    A aparición sistemática de meu prez sen artigo no corpus profano (véxase 336.15 e 20, 1190.9) non aconsella unha segmentación do tipo lo’o meu prez.

  • 21

    Fronte á reintegración da copulativa de Michaëlis, a hipometría versal pode ser resolvida mediante o acrecentamento de que para a frecuente locución conxuntiva pois que, xa que a omisión do segundo elemento neste sintagma en contextos semellantes está atestada con seguranza nalgunhas pasaxes: 215.21 (B vs. A), 249.1 (A vs. B) e 1105.15 (B vs. V). Ademais, esta solución ten unha vantaxe: potencia a posición inicial de Amor, elemento apostrofado.

  • 24

    Sobre o erro <uꝯ> vós en A véxase nota a 72.13.

  • 28

    Nótese a grafía <ll> en ela, tanto en B como en L, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo (e cavaleiro), esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 29

    Para e expletivo neste verso véxase nota ao v. 13.

  • 36

    A caída de consoante intervocálica latina xerou múltiplos hiatos que perviven, en xeral, na lingua trobadoresca e moi especialmente nas secuencias finais de infinitivos do tipo viir, seer ou teer, entre outros; é por isto que, perante a hipometría versal (nótese a obrigada sinalefa mi‿á), resulta imprescindíbel a restauración da vogal ausente en viir.

  • 37-40

    Esta estrofa presenta graves problemas de edición, que encontran a súa base na deficiente lección transmitida polos manuscritos, en que se debe salientar, de modo particular, a lacuna de B para o v. 40. A proposta de Michaëlis, que se basea só en B, é produto dunha hipótese que carece de base textual por alterar substancialmente a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional; por outra parte, a lectura de Amaral, para alén de presentar a lacuna no final do v. 40, parte dunha interpretación en que Deus se convertería no interlocutor do trobador (faz Deus) nesta derradeira estrofa. Porén, en toda a peza o autor diríxese ao Amor: é por isto que semella máis pertinente a interpretación faz[e]des derivada da lección <faz des> de ambos os manuscritos, engadindo un elemento final oxítono en liña con toda a cantiga. Por este motivo, propoñemos i, co inconveniente de facer hipermétrico o verso, razón que explica a expunción da copulativa inicial, de modo que fica un texto que retoma, case literalmente, o v. 1. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.
    Finalmente, no último verso da estrofa, segmentamos <camar> de modo que transpareza a partícula ar (xa presente no v. 34) e conxecturamos a ausencia de vi como palabra rimante co hipotético i do primeiro verso da cobra2 .

  1. ^

    No v. 3 desta composición tiinha pode ser bisilábico se houber sinalefa con el: ca non tiinhael de pan.

  2. ^

    Unha diferente opción sería E se m’esto non faz[e]des [ar], / ..., / ... / en seu poder máis ca [a]mar, mais presenta o oneroso inconveniente da posposición de ar (véxase nota a 105.14) e un derradeiro verso en que non se percibe un sentido coherente.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado