I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 447); Nobiling (2007 [1907]: 68-69 [= LPGP 442]); Littera (2016: I, 510).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 19); Braga (1878: 6-7); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 527 [estrofa I]); Carter (2007 [1941]: 133); Machado & Machado (1950: II, 236-237); Domingues (1992: 25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 386).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 41-42); De las Casas (1928: 34); Seoane (1941: 70-71); Fernández Pousa (1951: 61); Piccolo (1951: 34-35); Nunes (1959: 235); Álvarez Blázquez (1975: 110); Gonçalves & Ramos (1983: 152); Dobarro Paz et alii (1987: 102); Alvar & Beltrán (1989: 259); Pena (1990: 42); Sansone (1990: 118); Ferreira (1991: 24); Jensen (1992: 154); Alonso Girgado (1992: 77); Pena (1993: 117); Delgado León (1996: 66-67); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 92); Diogo (1998: 152); Morán (1999: 43); [Morán] (2001: 46); Arias Freixedo (2003: 466-467); Alvar & Talens (2009: 532); Fidalgo (2009a: 42); Souto Cabo (2017: 120).
1 eu] en V 3 sandeu] sauden V 4 sandece] sandice BV 6 fazen] façen A 8 aquestes olhos quaes] aq̄sios olhꝯ q̄es V 13 devi’a] deuia a BV 14 non á] o a B : oa V 15 sandece] sandice B : sandico V 16 sandece] sandice BV 17 verdes] uerdas B
6 ora] or(a) Michaëlis 12 ora] or(a) Michaëlis 13 devi’a] devia a Nobiling, Littera 18 ora] or(a) Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= Tav 99:50)
Encontros vocálicos: 6 ora‿andar; 12 ora‿andar; 18 ora‿andar
A voz sandece (vs. sandice, cfr. tamén sandez) é voz sempre transmitida polo Cancioneiro da Ajuda, pois sandice é maioritaria e típica dos apógrafos italianos. Así, por exemplo, 389.19, onde aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).
O motivo dos ollos verdes é exclusivo de Guilhade (véxase tamén a cantiga 758), mais cfr. o refrán Vós avedes os alhos verdes, e matar-m’-iades con eles! de 1471. De calquera xeito, pode verse noutros textos a asociación entre os ollos verdes, a beleza e o amor, como acontece na Crónica Troiana, na descrición de Troilos (Et era moy aposto et moy mesurado, et auj́a seu cabelo lene et ben aposto, et os ollos uerdes et cheos d’amor) ou de Polícena (Sabede que Políçena era grãde et de bon tallo, et auj́a os cabelos bru͂us et moy longos, et os ollos uerdes ...) (Lorenzo 1985: 275, 278). Tamén nesta mesma obra aparece suxerida a relación (negada) entre os ollos verdes e a mentira na descrición de Patroclo: Patrúcolus auj́a moy bon corpo, et era longo et dereyto et fremoso et cortés, et era moy sisudo, et auj́a os ollos moy uerdes, et dezía senpre uerdade, et nõ era nu͂ca sañudo, mays era senpre alegre todauj́a, et era moy uergonçoso, et nõ quería faleçer e͂no que prometía (Lorenzo 1985: 269).
Nótese o anacoluto sintáctico nestes versos, frecuente en Guilhade. Neste caso, a aparición de eu no v. 10, na súa forma de suxeito, encobre un CI relacionado con fazen (v. 12).
A interpretación das secuencias do tipo <deuia> (cfr. devia a en BV), <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.