624 [= Tav 118,8]
Que muito ben me fez Nostro Senhor

Que muito ben me fez Nostro Senhor
aquel dia en que m’El foi mostrar
ũa dona, que fez melhor falar
de quantas fez e parecer melhor;
e o dia en que ma fez veer
El quis assi que foss’en seu poder,
u me podia nunca máis ben dar
(non ja en al, desto son sabedor)
se m’algũu tempo quisera leixar
ela servir e non na ir matar;
mais, pois-la matou, serei sofredor
sempre de coita enquant’eu viver,
ca sol u cuido no seu parecer
ei morte máis d’outra ren desejar.
E, pois eu nunca d’outra ren sabor
poss’atender pera me conortar,
mui ben posso con verdade jurar,
polos que dizen que an mal d’amor,
que con verdad’o non poden dizer
porque cuidand’i toman gran prazer,
o que a min nunca pode chegar.
Nen [e]sperança nunca poss’aver
com’outros an d’algũu ben atender,
pois eu meu ben nunca posso cobrar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 608, V 210

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 207-208); Simões (1991: 39 [= LPGP 760]); Littera (2016: II, 271).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 82-83); Braga (1878: 42); Machado & Machado (1952: III, 253-254).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 124-125); Arias Freixedo (2003: 906-907).

Variantes manuscritas


2 aquel] aqel V; mostrar] mōstrar B   5 o] a V; ma] mha V   6 El quis assi que foss’en] elq el quys allj que fosseu V   8 en al desto son sabedro] ēn al desto lō labedor V   9 leixar] laxxar V   10 servir] x’uir V   11 matou] marou BV; sofredor] ssot’dor B : ssoedoz V   12 enquant’] ē quād V; viver] niū B   14 morte] moute B : moyte V; desejar] deseiaz V   18 mal] man B   19 verdad’o] u’dade V; dizer] diz B   20 cuidand’i] cuydadi B; toman] domā V   21 [e]sperança] sperāca B : speranza V   22 an] aū B

Variantes editoriais


2 mostrar] monstrar Simões   5 ma] mh-a Nunes, Simões   9 algũu] algũ(u) Nunes : algum Simões, Littera   9 non na] nõn’a Littera   11 pois-la matou] poys l’amar, eu Nunes   19 verdad’o] verdade Nunes, Simões   23 algũu] algũ(u) Nunes : algun Simões, Littera 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b + 10c 10c 10b (= Tav 163:9)

Encontros vocálicos: 9 al·gu͂͜u; 23 al·gu͂͜u

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 1

    O abrupto comezo da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

  • 2

    Obsérvese a variante monstrar de B (vs. V), talvez produto da intervención do copista de B, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)monstrar nos códices. Véxase nota a 9.3.

  • 9

    O indefinido algu͂u (como neu͂u) debería, aparentemente, computar como trisilábico (tamén no v. 23); porén, u͂u na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica (e algu͂u como bisilábico), revelando dese xeito que se trata de grafías conservadoras. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 10

    O pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 11

    A presenza de matar no v. 10 confirma que neste verso estamos tamén perante matou, cun erro <r>/<t>, frecuente no corpus. Véxase, en especial, 918.13 matasse <marasse> B, <matasse> V; 1035.11 mat[o] eu <ø> B, <mareu> V, 1345.13 matar <marar> B, <matar> V; 1469.20 matou <marou> B, <matou> V; 1485.17 matar <matr̄> B, <marar> V.

  • 16

    O provenzalismo conortar (cfr. confortar en 1119.29) correspóndese co substantivo conorto, forma  máis utilizada na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.

  • 19

    A lección de B, prioritaria, permite, coa xeral interpolación, segmentar un necesario pronome en verdad’o en función de CD na frase.

    Por outra parte, a secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 22

    Reintegramos a vogal inicial en esperança a pesar de que no corpus das cantigas profanas sempre aparece asperança (véxase 514.4, 867.2, 1340.26); porén, nas secuencias gráficas con s- líquido gráfico nos apógrafos italianos sempre é a vogal palatal a ausente (véxase [e]ste, 5.7; [e]spadas, 461.29, [e]scaleira, 479.10, [e]scudo, 494.44 etc.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado