1119 [= RM 62,2]
Os namorados que troban d’amor

Os namorados que troban d’amor
todos devian gran doo fazer
e non tomar en sí nen un prazer
porque perderon tan boo senhor
come el-rei Don Denis de Portugal,
de que non pode dizer nen un mal
omen, pero seja posfaçador.
Os trobadores que pois ficaron
enno seu reino e no de Leon,
no de Castela [e] no d’Aragon,
nunca pois de sa morte trobaron;
e dos jograres vos quero dizer:
nunca cobraron panos nen aver
e o seu ben muito desejaron.
Os caval[e]iros e cidadãos,
que deste rei avian dinheiros,
e outrossi donas e ‘scudeiros,
matar-se devian con sas mãos
porque perderon atan bõo senhor,
de que posso eu ben dizer sen pavor
que non ficou [a]tal nos cristãos.
E máis vos quero dizer deste rei
e dos que del avian ben-fazer:
devian-se deste mundo a perder
quand’el morreu, per quant’eu vi e sei,
ca el foi rei as[s]az mui prestador
e saboroso e d’amor trobador:
todo seu ben dizer non poderei.
Mais con tanto me quero confortar
en seu neto, que o vai semelhar
en fazer feitos de muito boo rei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 1117, V 708

Edicións


I. Edicións críticas: Ron Fernández (1998: II, 596-597); Littera (2016: II, 31-32).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 249-250); Braga (1878: 135-136); Machado & Machado (1956: V, 174-175);  Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 8-10); Oliveira & Machado (1959: 79-80); Álvarez Blázquez (1975: 237-238); Gonçalves & Ramos (1983: 314-315 [= LPGP 371]); Dobarro Paz et alii (1987: 42) Ferreira (1988: 64-65); Ferreira (1991: 64-65); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 247-248); Diogo (1998: 272-273); Arias Freixedo (2003: 896-897); Souto Cabo (2017: 125).

Variantes manuscritas


1 troban] trabā B : crabam V   2 devian] demā B   3 e] & B : et V; nen un] nen hauī V   6 pode] podes B; nen un] nē huū V   7 posfaçador] posfazador V   8 trobadores] crobadores V   9 enno] ēno B : eno V; reino] regno BV; de Leon] doleo V   10 Castela] castila B   11 trobaron] crobarō V   12 dos] des V; vos] vos B : uos V   15 caval[e]iros] Caualiros B : caualros V; cidadāos] citadmꝯ B   16 avian] ama B; dinheiros] drs̄ B : dis V   17-18 Out’ssy donas & scudeyr9 / Matar se deuiā cō sas manꝯ B : dutºssy donas et scudeyrus matar / et se deuiā cō sas maāos V   19 porque] Poi q̄ B; bõo] boo B; senhor] señ V   20 eu posso] eu posso eu B : eu passo eu V   21 ficou] ficon B; [a]tal] dal V; cristãos] xp̄ianos B : ipaaōs V   22 vos] uos V; deste] desto B   24 devian-se] Devianso B : deiuāso V   25 el] ele BV; morreu] moireu B; quant’eu] q̄nteu V; e] et V   26 as[s]az] asaz B : asam V   27 e saboroso] et saboroso V; trobador] crobador V   29 con] om. V; me] om. B; confortar] cōfartar B : cōfarcar V   30 neto] neco BV; semelhar] Se melhor B   31 feitos] Foōs B : fcōs V; muito boo] muytabeo B : muycabeo V

Variantes editoriais


3 e ... nen un] et ... nenhun Ron Fernández : e ... nẽum Littera   4 boo] bõo Littera   5 come] com’ Ron Fernández, Littera   6 nen un] nenhun Ron Fernández : nẽum Littera   9 enno] eno Ron Fernández, Littera; reino e] regno et Ron Fernández   10 e] et Ron Fernández   11 trobaron] [mais] trobarom Littera   14 e] et Ron Fernández   15 cidadãos] cidadanos Ron Fernández : [os] cidadãos Littera   17 e ‘scudeiros] et scudeyros Ron Fernández : e escudeiros Littera   18 matar-se devian] matar se devian Ron Fernández; mãos] manos Ron Fernández : mãaos Littera   19 boo] bõo Ron Fernández : bom Littera   20 posso eu] poss’eu Littera   21 cristãos] christianos Ron Fernández : cristãaos Littera   23 ben-fazer] ben fazer Ron Fernández   24 mundo a] mund’a Littera   25 el ... e] ele ... et Ron Fernández   26 as[s]az] asaz Ron Fernández   27 e] et Ron Fernández; saboroso e] saboroso et Ron Fernández : saboros’e Littera   28 todo seu ben] tod’o seu ben Ron Fernández, Littera   29 con tanto] [a]tanto Ron Fernández   30 muito boo] muy sabeo Ron Fernández   31 boo] bom Littera

Paráfrase


(I) Os namorados que troban de amor debían todos facer un gran dó e non experimentar ningún pracer porque perderon tan bo señor como o rei Don Denis de Portugal, de quen ninguén, aínda que sexa calumniador, pode dicir ningún mal.
(II) Os trobadores que despois ficaron no seu reino e no de León, no de Castela e no de Aragón, nunca trobaron despois da súa morte; e dos xograres vos quero contar: nunca recibiron panos nin diñeiro e desexaron moito o seu ben.
(III) Os cabaleiros e cidadáns que recibiran diñeiro deste rei, e tamén as damas e os escudeiros, debíanse matar coas súas propias mans porque perderon tan bo señor, de quen ben podo dicir sen medo que non ficou outro coma el entre os cristiáns.
(IV) E máis vos quero dicir deste rei e dos que por el eran beneficiados: debían abandonar este mundo cando el morreu, por canto eu vin e sei, pois el foi un rei moi proveitoso e agradábel e trobador de amor: non podería dicir (con palabras) todo o seu ben.
(1) Mais quérome confortar con isto no seu neto, que o vai semellar en facer feitos de moi bo rei. 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (I, IV [= RM 161:33]) + 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (II [= RM 161:220]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 10c 10c 9’a (III [= RM 161:229]) + 10d 10d 10a

Encontros vocálicos: 5 comeel-; 19 bõ͜o; 20 possoeu; 24 mundoa; 27 saborosoe; 31 bo͜o

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga, un pranto composto con motivo da morte do rei Don Denis de Portugal, o xograr Joan centra o seu canto de desconforto e dó en salientar a gran perda que isto supuxo para os trobadores e xograres, de quen o rei trobador fora gran benefactor, así como para todos aqueles que gozaban da súa prodigalidade.
    É de notar que, ao contrario do que é habitual na modalidade poética do pranto, neste caso dedúcese que pasou xa un tempo considerábel desde o falecemento do rei e a composición da cantiga, de forma que o xograr parece falar por experiencia propia de como no novo reinado de Afonso IV mudou drasticamente tanto a súa situación persoal como, en xeral, a consideración da actividade trobadoresca. Neste sentido chama a atención que, contra o habitual louvor do sucesor do falecido, neste caso o xograr poña a súa esperanza no neto de Don Denis (v. 30). Por iso é preciso ler este texto en relación coa outra cantiga que nos chegou deste xograr (UC 1118), onde ironicamente lle desexa unha longa vida ao novo rei (Afonso IV), que recompensa moi frugalmente o seu mester como xograr, e louva ao infante don Pedro, o neto de Don Denis, e ao Conde de Barcelos, cuxa corte se confirmou como o último reduto da actividade trobadoresca en Portugal.

  • 6

    Resulta significativa a vacilación <un> B : <ũu> V para un elemento que, aínda presentando o formato máis arcaizante anterior á crase vocálica, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que ũu se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
    A variación gráfica un / ũu e algun / algũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32), xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).

  • 9

    Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica enno, anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 205.9, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21). Neste caso, obsérvese como o Cancioneiro da Biblioteca Nacional transmite a forma máis arcaica, en face de V, que envía a variante eno.

    Por outra parte, repárese na lección <regno>, un obvio latinismo (similar a <rex>, véxase 1118.9), que contrasta coas diversas aparicións da forma xeral reino nas cantigas, mais que é extraordinariamente frecuente nos textos prosísticos (véxase CGPA, s.v. regno).

  • 15-21

    Tal como acontecía en 1118.9 e 11, resulta de novo sorprendente que, seguindo os hábitos dalgúns editores italianos, Ron Fernández desenvolva a nasalidade vocálica como unha consonante nasal explosiva (cidadanos, v. 15; manos, v. 18; chistianos, v. 21) no estabelecemento do texto, por canto supón un erro de interpretación gráfico e, sobre todo, fonolóxico do texto medieval. Véxase nota aos vv. 18-21.

  • 17

    No Cancioneiro da Vaticana reaparece a terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<scudeyrus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 17-18

    A copulativa inicial do v. 17 está ausente en B, mais obsérvese como en V foi copiada no inicio do v. 18, revelando, deste xeito, que moi probabelmente o erro proceda xa do antígrafo.

  • 18-21

    De novo en B aparece -n- como simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/ (<manꝯ>, cfr. < maãos> en V, v. 18; <xpiānos> B, cfr. <ipaaōs> V, v. 21), de modo similar a outras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <pardonar> perdõar,  <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽ o, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Véxase tamén nota a aos vv. 15-21.

    Asemade, igual que acontecía na outra cantiga do mesmo xograr (nº 1118), nesta composición tamén se detecta na copia de V a aparición dun fenómeno gráfico de carácter tardío, cal as duplicacións antietimolóxicas de vogais en hiato, xustamente naqueles casos en que B representa a nasalidade co desenvolvemento gráfico a través de -n-: mãos <maãos>, cristãos <ipaaōs>.

  • 19

    A variante bõo de B, con grafía conservadora, sería metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 889.9 e 24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24) e tamén no v. 31, coa variante boo. Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / sõo) e, tamén, a un / ũu. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 20

    É obvio o carácter espurio da primeira aparición de eu (*eu posso eu), que debe ser omitido, tal como sucede en diversas pasaxes das cantigas, onde con certa frecuencia eu aparece adventiciamente no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 21

    Nótese en V (a lección de B presenta -n- intervocálico como marca de nasalidade, véxase nota a 25.5) a presenza da terminación gráfica <-aaōs> (en xeral coa forma <aāo(s)> ou <āao(s)>), con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media.
    De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase tamén en alão (1450.2), mão (382.21, 461.26, 1118.11, 1314.8, 1387.5), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (115.30, 1592.5).

  • 23

    A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unha formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media, como na Crónica de D. Fernando:

    e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Macchi 2004: 355-356);

    Tamén no Livro das Confissões, en plural:

    ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Martín Pérez 2012-2013: 367).

  • 25

    Neste verso tamén se percibe un lapso ou erro de copia no pronome persoal el, que aparece coa forma máis conservadora ele, feito que provocaría hipermetría versal (conservada na edición de Ron). O carácter espurio da forma máis antiga ele, fronte a el, é obvio en casos en que se trata de refrán, onde non cabe dúbida sobre a incorrección de tal forma (véxase 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (236.21491.6, 667.14, 754.7 etc.).

  • 28

    A segmentación tod’o seu ben, para que emerxa o artigo, é desnecesaria na medida en que a presenza do artigo co posesivo é aínda minoritaria na lingua trobadoresca.

  • 29-31

    Na edición de Ron Fernández detéctanse discutíbeis actuacións editoriais de diverso teor, nomeadamente a errada reconstrución [a]tanto, en face de con tanto que se deduce da lección de B (coa omisión de con en V); outrosí, a lectura muy sabeo do editor compostelán é certamente diverxente de muito boo, interpretación que facemos a partir da lección unánime dos apógrafos italianos, coas confusións <c>/<t> en V (muito) e <e>/<o> (boo) en BV (véxase o erro <beo> boo en B, en 1393.8)1 .

  • 30

    O neto de D. Denis é o infante D. Pedro, fillo do rei D. Afonso IV, que  aparece nomeado tamén na cantiga anterior (UC 1118).

  1. ^

    A forma sábeo presenta diversos problemas, para alén da dificultade paleográfica da súa lectura a partir de BV: esta variante de sabio, que debería computar como trisilábica conforme á súa grafía, só se rexistra unha decena de veces, e nomeadamente en traducións feitas a partir do castelán, tales como a Historia Troiana ou a Geeral Estoria. Véxase CGPA, s.v. sabeo(s).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado