Os vv. 5 e 11 aparecen no Cancioneiro da Ajuda como se fosen parte do refrán, inexistente na estrofa III.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 527-528 [= LPGP 989]); Fernández Graña (2007: 281); Littera (2016: II, 565-566).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 157-158); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 432).
1 Q[ue Deus Sennor]] [Que mal Amor] Michaëlis : [Nostro Senhor] Fernández Graña, Littera 16 om. Michaëlis 17 morrerei] me morrerei Michaëlis, Littera 18 om. Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= Tav 183:13)
Esta cantiga é considerada anónima.
A presenza de <Q> no inicio do verso condiciona a reconstrución (conxectural) que presentamos para a lacuna de A, máis neutra do que a achegada en Michaëlis ou Fernández Graña.
Michaëlis respecta a disposición (errada) de A e edita este verso (e tamén o v. 11) como se fose parte do refrán.
Michaëlis presenta os catro versos transmitidos por A como se fosen unha fiinda, sen considerar a posibilidade de omisión do v. 16, por interrupción do traballo do copista. Porén, aínda que o folio está moi deteriorado (estivo colocado en abertura do Nobiliário), non se aprecian interrupcións na copia: probabelmente había un problema nas fontes, como apunta o feito de que fosen rasuradas varias pasaxes do texto, que non chegaron a completarse con texto (repárese en que tampouco hai notas marxinais).
A colocación da lacuna textual nestes versos é diferente en Fernández Graña: e me dizer ja que morrerei [.... -ar] / [.... -ei].
No verso falta unha sílaba métrica, suplida en Michaëlis e Littera co pronome me, feito que fixa unha rara forma pronominal de morrer (cfr. nota a 395.20). Porén, a ausencia dun verso non permite tomar unha decisión fundada a respecto da hipometría versal.