I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 512-513); Lanciani (1977: 83 [= LPGP 335-336]); Littera (2016: I, 378).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 25-26); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 154); Machado & Machado (1950: II, 268); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 421).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 127-128).
1 Muitos] Muytus V 3 sempr’a] seu pra V 5 no’me] non me BV 7 coraçon] coracō B 11 pedi-lla-ei] pedirlhaey BV 12 mi-a] m A 13 mi-a] mj B : mi V; mui] om. BV 14 én] eu B 15 meu coraçon] men coracō B 18 bõa] bona V; fazer quiser] qⁱƥ faz’ B : qⁱƥ faz̄ V 19 mui] om. A 20 ll’aprouguer] lhi ꝓuguer B : lhi ꝓguer V
1 Muitos] Muytus Lanciani 5 no’me] non me Michaëlis, Lanciani : nom me Littera 8 min] mi Michaëlis 11 pedi-lla-ei] pedir-lha-ei Lanciani, Littera; toda] tod’a Littera 12 mi-a] me Michaëlis; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera 14 dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera 20 dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera; ll’aprouguer] lhi prouguer Lanciani, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c + 10c 10c (= Tav 183:1)
Encontros vocálicos: 10 mi-‿a; 12 mi-‿a; 13 mi-‿a; 14 mi-‿a; 17 mi-‿a; 20 mi-‿a, mi-‿a
Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).
De novo os apógrafos italianos presentan resistencia á asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] (cfr. pedir-lha-ei en BV) que presenta o texto no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 21.3).
A vogal ou vogais ausentes na forma pronominal en A foron anuladas por rasura.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de AB), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3
Por outra parte, nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 590.3, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).
Nótese o uso da variante aprazer en A, metricamente equivalente nas frases se ll’aprouguer A ~ se lhi prouguer BV. Véxase nota a 35.12.