21 [= Tav 41,2]
Diz meu amigo que lhe faça ben

Diz meu amigo que lhe faça ben,
e digo-lh’eu sempre que lho farei
e que m’atenda e guisá-lho-ei;
e, amiga, direi-vos que mi aven:
tantas vezes o mandei atender
que lho non posso máis vezes dizer.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 47

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 662); Nunes (1973 [1928]: 455 [= LPGP 287]); Cohen (2003: 532); Littera (2016: I, 309).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 14); Machado & Machado (1949: I, 62); Rios Milhám (2017: I, 21).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 38); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 58).

Variantes manuscritas


4 vos] uos B   5 vezes] nezes B

Variantes editoriais


1 lhe] lhi Nunes   4 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) O meu amigo dime que lle conceda o meu ben, e eu dígolle sempre que así farei e que me agarde e así o disporei; e, amiga, direivos o que me acontece: pedinlle tantas veces que agardase que xa non podo dicirllo máis.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= Tav 160:49)

Encontros vocálicos: 4 mi‿aven

Notas


Texto
  • 1

    O incipit da cantiga reaparece tamén como verso inicial dunha cantiga de amigo de Joan Servando (nº 1156).

  • 3

    A asimilación (e absorción) da vibrante final do infinitivo á lateral palatal inicial do pronome lhe ~ lhi ([ɾʎ] > [ʎ]) prodúcese ocasionalmente, sobre todo en textos transmitidos polo Cancioneiro da Ajuda, nas secuencias de infinitivo con lhe ou en formas de futuro co pronome lhe mesoclítico: creê-ll’-ei (142.29), querê-lles-ei (170.26), negá-ll’-ei (175.18), te͂ê-ll’... (243.11), graci-ll’-ei (420.11), penhorá-lh’ei (454.14), acor[r]ê-lhes (925.17). Tal asimilación fonética rexístrase tamén nas Cantigas de Santa Maria: faze-lle (= fazer-lle) (CSM 82.23), tira-ll’... (= tirar-ll’...) (CSM 157.26). Tamén na prosa achamos este fenómeno, pois existen diversos encontros da preposición por co pronome lle que son resolvidos mediante a asimilación na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España. É o caso de pole(s) ‘por lle(s)’, en Lorenzo (1975: 755, 787).

  • 5-6

    Atendendo á maiúscula na lección manuscrita de tantas (<Tantas>), poderíase estabelecer estes dous versos como refrán dunha cantiga incompleta: «[O copista] Bc, no mesmo afã de traduzir o sistema de marcação do antecedente, terá convertido as maiúsculas de início de verso em minúsculas, mantendo aquelas só para início de refrão» (cfr. Correia 1998: 281).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado