(I) Meus amigos, quérovos eu mostrar como eu querería (recibir) ben da miña señora, e non me asista ela nin Amor nin Deus se eu non vos xuro a verdade: ben querería que me fixese ben, mais non un ben con que ela perdese algo.

(II) E máis vos direi: o que pode e vale (Deus) non me valla se eu quería vivir no mundo nin recibir ningún ben dela, nin doutra persoa, se iso fose no seu prexuízo: ben querería que me fixese ben, mais non un ben con que ela perdese algo, (III) porque me semella algo sen razón; despois que un home ama unha muller máis que a si mesmo nin a ningunha outra cousa, o seu ben quere a cambio do seu mal, e por isto é tal o meu desexo: ben querería que me fixese ben, mais non un ben con que ela perdese algo.