515 [= Tav 25,105]
Se eu podess’ora meu coraçon

Se eu podess’ora meu coraçon,
senhor, forçar e poder-vos dizer
quanta coita mi fazedes sofrer
por vós, cuid’eu, assi Deus mi perdon,
que averiades doo de mí.
Ca, senhor, pero me fazedes mal
e mi nunca quisestes fazer ben,
se soubessedes quanto mal mi ven
por vós, cuid’eu, par Deus, que pod’e val,
que averiades doo de min.
E pero mi avedes gran desamor,
se soubessedes quanto mal levei
e quanta coita, des que vos amei,
por vós, cuid’eu, per bõa fe, senhor,
que averiades doo de min.
E mal seria se non foss’assi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 517, V 100

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 27 [= LPGP 226]); Nunes (1972 [1932]: 99-100); Littera (2016: I, 177).
II. Outras edicións: Moura (1847: 31-32); Monaci (1875: 44-45); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 47); Júdice (1997: 97); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 24); Tavares (1961: 19-20).

Variantes manuscritas


1 Se eu] Seu B   2 e] et B   4 perdon] pardō B   8 soubessedes] sonbessedes B   10 averiades] auiades V   14 cuid’eu] cydeu V

Variantes editoriais


2 e] a Lang   7 quisestes] quizestes Lang   9 pod’e] pôd’e Lang   10 min] mi Lang, Nunes, Littera   15 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Se eu puidese agora, senhor, forzar o meu corazón e vos puidese dicir canta coita me facedes sufrir por vós, coido eu, así Deus me perdoe, que teriades dó de min.

(II) Porque aínda que me facedes mal, senhor, e nunca me quixestes facer ben, se soubésedes canto mal me ven por vós, coido eu, por Deus todopoderoso, que teriades dó de min.

(III) E aínda que é moi grande o desamor que me tendes, se soubésedes canto mal padecín por vós e canta coita, desde que vos amei, abofé, senhor, que teriades dó de min

(1) e mal sería se así non fose.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10c (= Tav 155:3)

Encontros vocálicos: 11 mi‿avedes

Notas


Texto
  • 4

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 5

    Nótese como a forma do refrán da primeira estrofa xa aparece como min nas seguintes estrofas. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4.

  • 11

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado