(I) Forzadamente me prendeu Amor, e fíxome amar a quen nunca amou, e fíxome dano e causoume desamor quen me levou ante tal dama. E vexo que actuei mal ao volver con esta señora, que non sabe que é amar e só sabe causar sufrimento.
(II) Que forzado e sen pracer vivo hoxe no mundo, porque nunca puiden obter satisfacción de min nin de ningunha outra cousa, agás dela, desde que fun seu! E que farei? Por que o pregunto? Pois eu sei (a resposta): hei vivir se ela se lembrar de min, ou morrer se non me amar.
(III) Calquera persoa pode ver isto, e máis aínda quen viva comigo, pois xa non teño xuízo nin poder para me defender dunha muller, a máis doce e serena que coñecín desde que nacín; vede agora se estou mal, que non me sei protexer de tal (dona),
(IV) porque até tal punto estou no seu poder que, se quixese facer outra cousa, eu non a podería facer, a non ser que Deus me outorgase poder contra ela, que eu servín, como o que lle deu a ela sobre min, pois eu nunca souben amar a ninguén máis senón a ela, que me fai mal!