26 [= Tav 47,4]
Assaz entendedes vós, mia senhor

Assaz entendedes vós, mia senhor,
ca vos am’eu máis ca nulha ren,
pero non me fazedes vós por én
maior ben ca se vos eu o peior
quisesse que vos podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
Mentr’eu ja vivo for, amar-vos-ei,
e pero sei que sempre m’én verra
mal, e valera-me máis moito ja
que vos quisesse (o que non quer[r]ei)
gran mal, se vo-lo podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
Como quer que eu i aja razon,
amar-vos-ei enquant’eu viva ja,
pero sei que máis non me valra
ca se vos quisesse de coraçon
gran mal, se vo-lo podesse querer,
o que non á nunca máis a seer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 52

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 671 [= LPGP 314]); Littera (2016: I, 349-350).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 16-17); Machado & Machado (1949: I, 69-70); Rios Milhám (2017: I, 26).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 114).

Variantes manuscritas


6 seer] see(*)R B   8 sempre m’én] sempremnē B   10 o que non quer[r]ei] o q̄ non que nō querer B   11 podesse] prodesse B   14 viva] nyua B

Variantes editoriais


Michaëlis incorpora o quinto verso de cada estrofa ao refrán.

2 vos] vus Michaëlis; am’eu] eu amo Michaëlis, Littera   4 vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   8 sempre m’én] sempr’én me Michaëlis   9 moito] muito Michaëlis, Littera   10 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis; enquant’eu] enquant(o) eu Michaëlis   15 valra] valerá Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Ben sabedes vós, miña senhor, que vos amo máis que a nada, mais non por iso me outorgades maior ben do que se eu vos quixese o peor que vos puidese querer, cousa que nunca acontecerá.

(II) Mentres eu viva, amareivos, aínda que sei que sempre padecerei sufrimentos por iso, e máis me valería que vos quixese –o que non quererei– moi mal, se así puidese querervos, [refrán].

(III) Aínda que eu teña motivos, amareivos mentres viva, pero sei que non me valerá máis do que se vos quixese sinceramente moi mal, se así puidese querervos, [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10C (cfr. Tav 160:60)

Encontros vocálicos: 2 má·is; 15 má·is

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga, como acontece nalgunhas outras ao longo do corpus (532, 555 etc.), parecería existir un refrán biversal nas dúas últimas estrofas (e así o considerou Michaëlis); non obstante, ese hipotético refrán é desmentido pola estrutura que presenta a primeira estrofa.

  • 2

    A contaxe bisilábica de mais confire a plenitude métrica a este verso, onde Michaëlis, partindo dun inflexíbel carácter monosilábico do adverbio, mudou am’eu en eu amo, contra a lección do manuscrito (véxase nota ao v. 15). Neste sentido, existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c).

  • 8

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 9

    A forma muito de Michaëlis continúa a ser unha mostra de lusitanización dos textos galego-portugueses por parte dalgúns editores. Cfr. nota a 5.16.

  • 15

    De novo a contaxe bisilábica de mais (véxase nota ao v. 2) fai innecesaria a intervención de Michaëlis, que reconverte o universal valra (na altura, forma de futuro de valer) na forma inexistente valerá (de aparición máis tardía), que nos textos trobadorescos profanos1 é sempre produto de intervencións editoriais. Véxase nota a 1057.3.

  1. ^

    Tampouco aparece nas Cantigas de Santa Maria a teor dos datos subministrados polo Glossário (Mettmann 1972).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado