I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 37-39 [= LPGP 153-154]); Paredesa (2001: 279-280); Lopes (2002: 81-82); Paredesb (2010a: 253-254); Littera (2016: I, 100-101).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 35); Braga (1878: 15); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 179-180); Machado & Machado (1950: II, 366-367); Montoya (1988: 289-290); Paredes (2010b: 180-183); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 169-170); Paredes (2010c: 126-127); Rios Milhám (2018b: III, 489).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 21-22); López-Aydillo (1914: 34-35); De las Casas (1928: 23-24); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 50-51); Dobarro Paz et alii (1987: 65); Tavares & Miranda (1987: 221-222); Montoya (1988: 289-290); Matalobos (1989: 42); Pena (1990: 249-250); Jensen (1992: 46-48); Pena (1993: 146-148); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 62-63); Diogo (1998: 180-181); Arias Freixedo (2003: 346-348); Marcenaro (2006: 60-62); Fidalgo (2009a: 198); Mongelli (2009: 240-241).
3 seu] sen B; corredor] coiredor B 4 estremece] estremete B : estre mete V 6 coteife] coyffe B; pavor] panor V 7 coteifes] coreyfes B : coteyses V; orpelados] or pelades B 8 espantados] espantades B 9 genetes trosquiados] genets tᵒs qⁱades B 10 nos] nos BV 11 tiinhan-nos] cijnhānos B : eqnhānos V; aficados] assicados B 13 Vi coteifes] Vcoteiffos V 16 d’Azamor] dizamor BV 17 e ia] chia BV; deles] delhes B : delles V; rio] rriō V 18 Auguadalquivir] augua dilqⁱuir V 20 con infanções] cō jnfā cōes B : cōes V 21 mui] auis V; peores ca] prores ea BV 22 e ouveron] eou cō rafā uerō V 23 panos] pauos B; d’arraizes] da rraiz̄s B : danaizs̄ V 25 coteifes] coteiffos V 26 conhocedores] conhoçedoīs V 27 rapazes] rrapazos V; martinhos] marcmhos B 28 tragian sen[h]or] rragiā senō V 30 fezeron] et fez’ō B : ꞇ ferzō V; todo] tedo BV 31 cochões] cochoēes B : cochēes V 33 dos] des B; cabrões] cabr̄ces V 35 os] es B; dos arções] des arcōes B
12 [e]] [ca] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera; perdian-na] perdin’a Littera 18 que] qu’ Lopes 20 [s]iguazes] ignazes Lopes, Paredesb, Littera 22 ouveron] houveram Lopes, Littera 23 arraizes] arrazes Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 26 conhocedores] conhecedores Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 27 que] e Lopes, Littera 30 todo o] todo Lapa : ced’o Lopes : tod’o Littera 34 ao] [e] ao Lopes, Littera
(I) O xinete (cabaleiro mouro) esporea o seu cabalo corredor, estremece e esmorece co medo o cabaleiro vilán.
(II) Vin cabaleiros viláns vestidos de ouropel que estaban aterrados mentres os xinetes tosquiados os atacaban dando voltas arredor deles: tíñanos moi aflitos e perdían a cor co medo.
(III) Vin cabaleiros viláns de moito brío que estaban tremendo sen frío, en pleno estío, ante os mouros de Azamor, e saía deles un río maior que o Guadalquivir.
(IV) Vin bandos de cabaleiros viláns con infanzóns que os seguían comportárense moito peor que os criados, e tiveron tal pavor que os seus panos brancos de Arras tornaron doutra cor.
(V) Vin cabaleiros viláns vestidos con peles de armiño e coñecedores de bos viños a quen os serventes dos combatentes mouros, que viñan sen señor que os capitanease, saíron ao encontro dos covardes, que fixeron todo o peor.
(VI) Vin cabaleiros viláns con barbas máis longas que as dos castróns: co son dos tambores facíanos caer dos arzóns co medo, aos pés do seu señor.
Esquema métrico: 3’a 3’a 7b 3’c 3’c 7b (= Tav 52:2) + 5 x 7’a 7’a 7’a 7b 7’a 7b (= Tav 13:59)
Encontros vocálicos: 4-5 estremece‿e; 11 ti͜i·nhan; 18 *que‿Auguadalquivir; 30 todo‿o; 36 pe͜es
Nova cantiga en que Afonso X satiriza o terror dos coteifes perante os ataques dos genetes africanos nas guerras de reconquista do territorio peninsular.
Montero Santalla (2000: 390-391) considera que os versos iniciais (vv. 1-6) constitúen o refrán da composición, que non tería sido copiado nas restantes estrofas.
Genete (tamén no v. 9) alude especificamente a un ‘cabaleiro africano’ (tamén en 493.2 e 1577.3, 8 e 13).
Neste contexto, remeter presenta o valor de ‘esporear, facer correr’.
O alfaraz é un cabalo árabe, pequeno e veloz.
Nótese a episinalefa en estremece‿/‿e, de modo que se mantén fixa a combinación métrica 3+7 sílabas.
Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ (tamén nos vv. 7, 13, 19, 25 e 31) é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13, 371.24); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11), para alén de Roi Queimado (1404.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).
Orpelado é un participio ou adxectivo derivado dun verbo orpelar, por súa vez formado sobre ouropel. A redución fonética do ditongo débese á perda da vogal pretónica e a aparición dunha anómala secuencia [owɾ] (ouropelado > *ourpelado > orpelado) (Veiga 1982, 1986; Ferreiro 1999: §23b).
A omisión dunha sílaba métrica nos manuscritos resólvese sen dificultades coa reintrodución da copulativa (ecdoticamente máis económica do que a causal ca), que liga o verso ao anterior: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final co forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): Ambas eran-nas melhores (113.13), perderon-no sén (202.16), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21). Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome: cab’ o altar u tangen-na canpãa / Do Corpus Domini (CSM 69.38); e prometeu poren / hu͂a que lle nacera de en orden-na meter (CSM 251.13).
Azamor é Azemmour, cidade marroquina.
Repárese no erro gráfico <lh>/<l> de B (<elhes>). Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <|ali> A, <|alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <|elhes> B, <|elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <|elhas> BV (1205.7); elos <|elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.
Ademais, canto á grafía <ll> de eles de V en <elles>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo (e cavaleiro), esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Nótese o hipérbato (rio / maior que Auguadalquivir). Canto ao nome do río, que tamén aparece como Aguadalquivir, Guadalquivir e Alquivir nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.)1 , implica unha anómala sinalefa con que que contradí os usos xerais trobadorescos.
O vocábulo az, forma común no léxico guerreiro medieval, significa ‘tropa, escuadrón, batallón’.
A voz siguazes, isto é, ‘secuaces’, en alusión a que os infanzóns irían na retagarda dos coteifes, é un hapax absoluto na lingua medieval e moderna proposto por Lapa na súa edición; pola súa parte, Lopes, seguida pola segunda versión das cantigas afonsinas de Paredes, propón, con lectura mecánica do manuscrito mais sen apoio etimolóxico e/ou documental, ignazes ‘ignorantes’, como unha hipotética distorsión de ignaros.
Nótese o erro de copia en V, que presenta no verso 20 <cões> para infanções, aparecendo con copia moi deficiente mesturado no v. 22 o elemento <rafã> (= infã).
Os rapazes son os criados ou serventes, así chamados pola rapacidade que os caracterizaba.
Os arminhos fan referencia ás luxosas peles dos armiños que vestirían os coteifes.
Os martinhos son ‘combatentes mouros’, tamén presentes noutra cantiga de Afonso X (494.25-27):
O que se foi con medo dos martinhos
e a sa terra foi bever-los vinhos
non ven al maio
Dun modo similar ao que acontece con miscrar ~ mizcrar ~ mezcrar, o adxectivo mesquinho, de orixe árabe, presenta outras dúas variantes fonéticas alén mesquinho (tamén en 370.3, 1672.7): a forma asimilada misquinho en 1440.7, e a variante con africada implosiva mezquinho en 1579.11. Cfr. nota a 370.3.
A expunción da copulativa é necesaria para a correcta medida do verso, que precisa tamén a sinalefa todo‿o.
O adverbio máis, na secuencia intensificadora mui máis seguida de adxectivo, semella a mellor opción para corrixir a hipometría versal.
En Afonso X o granhon ‘barba’ aparece asociado aos coteifes (véxase tamén 477.1), aínda que esta voz aparece tamén en 478.16, 1613.17 e 1631.6. Fóra de apelativo como sobrenome ou alcume, só o achamos nas Cantigas de Santa Maria (CSM 293.28 grannon, 305.58 grannões; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. grannon) e nos Miragres de Santiago: Et entõ tomaras dous dentes et hũu pouquo de granõ et a cabeça darla as aa rreyna dona Orraqua (Pensado 1958: 66).
Os cabrões son, naturalmente, os machos das cabras, así denominados durante a Idade Media, onde só achamos un único rexistro (serodio) de castron nun documento ourensán: Iten, que bendan a quatro diñeiros a libra e que seja a libra de viinte onças e dereita e o carneiro capado a nobe diñeiros e o colludo a VIII diñeiros e o castrón capado a VII diñeiros e o colludo a VI diñeiros e a qabra e ovella a V diñeiros, sub a dita pena (cfr. CGPA, s.v. castrón).
O atambor (tamén en 1375.18 e 20) é o mesmo que tambor.
Xunto con, aínda, outras formas como Agoa d’Alquiuyr, Agoa d’Elquiuir e Agua do Alquiuir na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: 66, 242, 846).
Co significado de ‘caudillo, xefe, cabaleiro árabe’, arraiz é tamén unha voz homónima que presenta múltiplas variantes: arraz, arraez, orrayaz, arrayaz, arraaz, arraiz (véxase RILG, s.v. arraz; tamén Kremer 2013: 215-218).