306 [= Tav 147,4]
A mia sennor, que mui de coraçon

A mia sennor, que mui de coraçon
eu amei sempre des quando a vi,
pero me ven por ela mal des i,
é tan bõa que Deus non me perdon
se eu querria no mundo viver
por lle non querer ben nen a veer,
pero dela non atend’outro ben,
ergo vee-la, mentr’eu vivo for;
mais, porque amo tan boa sennor,
Deus non mi-a mostre, que a’n poder ten,
se eu querria no mundo viver
[por lle non querer ben nen a veer],
porque desejo de vee-los seus
ollos tan muito que non guarrei ja;
e porque ontre quantas no mund’á
val tan muito, que non me valla Deus
se eu querria no mundo viver
[por lle non querer ben nen a veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 195, B 346

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 380); Barbieri (1980: 57 [= LPGP 910]); Littera (2016: II, 472).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 126); Carter (2007 [1941]: 114-115); Machado & Machado (1950: II, 106-107); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 306).

Variantes manuscritas


1 coraçon] coracon B   3 me] mj B   4 bõa] boa B; me] mi B   5 eu querria] en queiria B   6 lle] lhi B   7 Pero dela non atend’] Po dela non atendo B   9 porque] por{q̄} A; pe que eu B   10 mi-a mostre] ma mostre(r) B; a’n] a en B   11 querria] queiria B   13 Porque] E p’ que B   14 ollos] Olhus B; guarrei] guarirey B   15 ontre] ant’ B   16 muito] muit(a){o} A; me] mj B   17 querria] queiria B

Variantes editoriais


3 me] mi Barbieri   4 me] mi Barbieri, Littera   6 lle] lhi Barbieri   7 atend’] atendo Barbieri, Littera   9 porque] porque eu Barbieri; boa] bõa Michaëlis   10 a’n] a en Barbieri   12 lle] lhi Barbieri   14 ollos] olhus Barbieri   15 ontre] antre Barbieri, Littera   16 me] mi Barbieri   18 lle] lhi Barbieri

Paráfrase


(I) A miña señora, que sempre amei profundamente desde que a vin, aínda que me vén por ela mal desde aquela, é tan boa que Deus non me perdoe se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver, (II) aínda que dela non espero outro ben, excepto vela, mentres eu viva; mais, porque amo tan boa señora, Deus, que a ten no seu poder, non ma mostre se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver, (III) porque desexo tanto ver os seus ollos que xa non me salvarei; e porque entre todas as que viven no mundo tanto vale, que non me valla Deus se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:222)

Encontros vocálicos: 10 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    En ningunha das edicións precedentes se dispón o texto como cantiga ateúda, por máis que a ligazón entre as dúas primeiras estrofas sexa solicitada pola cláusula subordinada que inicia a estrofa II con pero: esta cláusula ficaría sen verbo principal se non fose ligada sintacticamente ao refrán. No relativo á ligazón entre as estrofas II e III, certamente poderían ser independentes; porén, a composición fica máis equilibrada rítmica e conceptualmente estendendo o carácter de cantiga atéuda a todo o texto. Cfr. nota á cantiga 15.

  • 9

    En B rexístrase unha presenza espuria de eu (aceptada por Barbieri, coa conseguinte hipermetría pola inexistencia da sinalefa *porqueeu), tal como acontece en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 10

    Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa preposición a (a’n, fronte a B), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 13

    Nótese a presenza da copulativa inicial en B (inexistente en A), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 14

    En diversas ocasións B presenta, en vez da xeral guarrei, unha aparente forma analóxica guarirei de futuro que provocaría hipermetría versal, e que constitúe unha forma errada, coa alternativa correcta noutro testemuño: 317.23 fronte a A; 1210.5 fronte a V.

  • 15

    A presenza de antre en B é coherente coa distribución das variantes da preposición nos cancioneiros. Os apógrafos italianos só fornecen a variante antre, agás en 92.20, onde B comparte con A a forma ontre, fronte ao Cancioneiro da Ajuda, onde se atestan as tres variantes da preposición entre ontre (92.20, 199.8, 1236.1 e 7), antre (309.21 e 22) e entre (149.r2)–.

    De calquera maneira, a convivencia destas tres formas de entre lembra a concorrencia das variantes por ~ par ~ per, así como a evolución que se percibe nunha (rara) variante como ontroido para entroido ~ antroido (< introitum): per tal condizom que dedes deles a min cada ano des dia de san martino atra dia d’Ontroydo C. soldos de móéda dos pretos blandos, a dous pretos por soldo (Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 77). Véxanse aínda outras atestacións no CGPA, s.v. ontroydo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado