402 [= Tav 31,3]
Senhor fremosa, des que vos amei

Senhor fremosa, des que vos amei
sab’ora Deus que sempre vos servi
quant’eu máis pud’; e servi-vos assi,
per bõa fe, polo que vos direi:
se poderia de vós aver ben,
e que fezes[s]’eu i pesar a quen
vós sabedes no vosso coraçon
que vos fez el muitas vezes pesar;
e am’eu vós quanto vos posso amar
e servo-vos por aquesta razon:
se poderia de vós aver ben,
[e que fezess’eu i pesar a quen]
vós sabedes, que ben vos estara
de vós servi[r]-vos quen vos mereceu,
e a min ben, porque ando sandeu
por vós; senhora, dized’ora ja
se poderia de vós aver [ben,
e que fezess’eu i pesar a quen
vós sabedes] ............................
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 

Manuscritos


B 429, V 41

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 888 [= LPGP 265]); Zapico Barbeito (2005b: 1.606); Marcenaro (2013: 121-122); Littera (2016: I, 279-280).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 22-23); Braga (1878: 8); Machado & Machado (1950: II, 251-252); Rios Milhám (2018b: III, 402).

Variantes manuscritas


1 vos] uos BV   2 vos] uos BV   3 vos] uos BV   4 bõa] bona V; vos] uos BV   5 de] d’ B; que qⁱ V   6 quen] qem B   7 vosso] uossa B; coraçon] coracō BV   8 vos] uos BV   9 am’eu] ameū B; quanto] q̄nto V   10 servo] sser no B   11 poderia] podero V; vós] uꝯ BV   14 servi[r]-vos quen vos] seruj quer nos B : seruꝯ. quen uos V   15 tamin ben por dando candm V   16 vós] uꝯ BV   17 poderia] rederia B; vós] uꝯ BV

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   6 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito   8 vos] vos Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis : vós Marcenaro; posso] poss(o) Michaëlis   10 servo-vos] sérv[i]o-vus Michaëlis : sérv[i]o-vos Littera   12 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito   13 vos] vus Michaëlis   14 de vos servir o que vus mereceu Michaëlis : de vos servi[r] quen vos mereceu Zapico Barbeito : de vos servir [o] que vós mereceu Marcenaro : de vos servir quem vos [i] mereceu Littera   15 e a min ben, porque ando sandeu] ca mui ben perdud’ando e sandeu Michaëlis; ca min ben; por que ando sandeu Zapico Barbeito; porque] par que Littera   16 senhora] senhor; e Michaëlis, Littera   18 e] en Michaëlis : em Littera; fezes[s]’eu i pesar a quen] fezess’eu i pesar a alguen Michaëlis, Littera : fezes’eu i pesar... a quen? Zapico Barbeito   19 om. Michaëlis, Zapico Barbeito, Marcenaro, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:41)

Encontros vocálicos: 9 posso‿amar

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15

    De todos os modos, nesta cantiga falta a fiinda, que os apógrafos italianos non transmitiron. É por isto que na edición de Zapico Barbeito se impugna o carácter de cantiga ateúda desta composición, que resolve atribuíndo carácter interrogativo ao refrán:
              Se poderia de vós aver ben,
              e que fezes’ eu i pesar... a quen?

    Porén, esta decisión editorial –que respecta a letra dos manuscritos– acarreta problemas na articulación discursiva da cantiga, que parece efectivamente precisar unha fiinda ausente dos manuscritos.

  • 4

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 5

    A conxunción se cumpre diferente función sintáctica no primeiro verso do refrán de cada estrofa, xa que é condicional nas dúas primeiras, mentres que funciona como completivo na estrofa III. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    Ao longo do corpus das cantigas profanas rexístrase a locución de carácter concesivo e que (‘aínda que’), en xeral emendada polos editores para en que, tal como acontece neste caso (ou segmentada por medio da puntuación), por ser infrecuente no período medieval: pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal, / que faria se lh’eu fezesse ben? (743.5); E que me non pesass’a mí por al, / pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7); E que mi queirades valer, / ..., / ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6); e des oimais, quer se queixe, quer non, / e que se queixe, non mi pode dar / maior afan (1128.11).
    De todos os xeitos, a existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras afastadas territorial e cronoloxicamente das cantigas: E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Cintra 1952-1990: 330); e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Macchi 2004: 255).

  • 9

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 10

    A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta, nun primeiro momento evolutivo, iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.), que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Este testemuño de servo súmase aos presentes en 36.17, 374.14, 1172.1 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia.

  • 11

    Nesta cantiga detéctase o erro <uꝯ> vós en BV (tamén nos vv. 16 e 17, mais cfr. <uos> na v. 5), en liña cun lapso que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente tamén en 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 14

    Nas edicións precedentes da cantiga, en esencia coincidentes, este verso é obxecto de forte emenda; porén, e malia o erro da lección manuscrita, pode reconstruírse con bastante certeza a partir do texto transmitido por B e V.
    O pronome tónico vós cumpre función de CI sen preposición (véxase nota a 4.9). Isto é: ‘de servirvos a vós quen vos mereceu’.

  • 16

    O feminino analóxico senhora, de xeración tardía na lingua, é aínda na lingua trobadoresca excepcional con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Don Denis (551.24 e 29), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

  • 18

     Carolina Michaëlis, seguida por Littera, remata o refrán con alguen, para cerrar sintáctica e semanticamente a composición que, como xa foi dito, non presenta fiinda en BV. A propia editora suxire a posibilidade de a cantiga ser incompleta: «Supponho que o refram teria no fim esta variante, ou então que a cantiga continuava com uma fiinda, en que o poeta rematava o sentido».
    Por súa vez, Marcenaro cerra a cantiga con quen, atribuíndolle un valor inexistente ao relativo, tal como se percibe na versión ao italiano do derradeiro refrán: «se potessi avere la vostra benevolenza per cui potessi far patire qualcun altro».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado