421 [= Tav 50,4]
Muitos vej’eu per mí maravillar

Muitos vej’eu per mí maravillar
porque eu pedi a Nostro Sennor
das coitas do mundo sempr’a maior;
mais, se soubessen o meu coraçon,
no’me cuid’eu que o fossen provar,
ante terrian que faço razon.
Mais, porque non saben meu coraçon,
se van eles maravillar per min
porque das coitas a maior pedi
a Deus, que á de mi-a dar gran poder;
mais eu pedi-lla-ei toda sazon
atá que mi-a dé enquant’eu viver.
El, que á de mi-a dar mui gran poder,
mi-a dé, pero se maravillan én
os que non saben meu coraçon ben
por que a peço, ca m’é mui mester
de mi-a dar El, que o pode fazer,
per bõa fe, se o fazer quiser.
E, se El sabe que m’é mui mester
de mi-a dar, El mi-a dé se ll’aprouguer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 262, B 439, V 51

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 512-513); Lanciani (1977: 83 [= LPGP 335-336]); Littera (2016: I, 378).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 25-26); Braga (1878: 10); Carter (2007 [1941]: 154); Machado & Machado (1950: II, 268); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 421).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 127-128).

Variantes manuscritas


1 Muitos] Muytus V   3 sempr’a] seu pra V   5 no’me] non me BV   7 coraçon] coracō B   11 pedi-lla-ei] pedirlhaey BV   12 mi-a] m A   13 mi-a] mj B : mi V; mui] om. BV   14 én] eu B   15 meu coraçon] men coracō B   18 bõa] bona V; fazer quiser] qⁱƥ faz’ B : qⁱƥ faz̄ V   19 mui] om. A   20 ll’aprouguer] lhi ꝓuguer B : lhi ꝓguer V

Variantes editoriais


1 Muitos] Muytus Lanciani   5 no’me] non me Michaëlis, Lanciani : nom me Littera   8 min] mi Michaëlis   11 pedi-lla-ei] pedir-lha-ei Lanciani, Littera; toda] tod’a Littera   12 mi-a] me Michaëlis; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   14 dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   20 dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera; ll’aprouguer] lhi prouguer Lanciani, Littera

Paráfrase


(I) Eu vexo moitos que se asombran de min porque eu sempre pedín a Noso Señor a maior das coitas do mundo; mais, se coñecesen os meus sentimentos, non creo que o fosen comprobar (se é coita abonda), antes pensarían que obro ben.

(II) Mais, porque non coñecen os meus sentimentos, asómbranse eles de min porque pedín a maior das coitas a Deus, que ten gran poder para ma dar; mais eu pedireilla sempre en canto viva, até que ma dea.

(III) El, que ten moi gran poder para ma dar, que ma dea, aínda que se asombran diso os que non coñecen ben os meus sentimentos por que a pido, porque me é moi necesario que ma dea El, que o pode facer, certamente, se o quixer facer.

(1) E, se El sabe que me é moi necesario darma, que El ma dea, se lle prouguer.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c + 10c 10c (= Tav 183:1)

Encontros vocálicos: 10 mi-‿a; 12 mi-‿a; 13 mi-‿a; 14 mi-‿a; 17 mi-‿a; 20 mi-‿a, mi-‿a

Notas


Texto
  • 5

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 11

    De novo os apógrafos italianos presentan resistencia á asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] (cfr. pedir-lha-ei en BV) que presenta o texto no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 21.3).

  • 12

    A vogal ou vogais ausentes na forma pronominal en A foron anuladas por rasura.

  • 18

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de AB), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3

    Por outra parte, nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 590.3, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

  • 20

    Nótese o uso da variante aprazer en A, metricamente equivalente nas frases se ll’aprouguer A ~ se lhi prouguer BV. Véxase nota a 35.12.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado