I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 701 [= LPGP 326]); Littera (2016: I, 362).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 23-24); Machado & Machado (1949: I, 91-92); Rios Milhám (2017: I, 45).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 74).
3 de quanto lh’ar ouv’i] de quanto lha co um B 8 tornar] tʳuar B 9 Se a ousar] seno usar B 13 por eu] (ꝙʷ) pʳ eu B
1 mí] min Michaëlis : mim Littera 3 lh’ar ouv’i] lh’aconvin Michaëlis : lh’acomvim Littera 8 conven] convin Michaëlis 9 sen ousar veer. E ¿que lhi direi? Michaëlis 11 perdoar] perdõar Michaëlis, Littera 17 nen un] nenhun Michaëlis : nẽum Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10b 10a (= Tav 79:3)
Nótese a escisión entre o propio trobador e os seus ollos, motivo frecuente nas cantigas de amor causado por un proceso a través do cal os órganos visuais poden chegar mesmo a se comportaren de modo independente ao namorado ou subordinados a el. Porén, neste caso os ollos non son máis do que unha sinécdoque do poeta, pois ambos entes experimentan o mesmo sentimento: están aflixidos porque non tornaron a ver á dama.
Por outra parte, o pronome mí, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca (Que mal matei os meus olhos e mí).
O estatuto gramatical de a é dubidoso, xa que tamén podería ser interpretada como o artigo de senhor ou como a preposición da perífrase verbal tornar (a) + infinitivo (véxase Glosario, s.v. tornar).
A interpretación da secuencia manuscrita <lha co um> no final deste verso é certamente dificultosa. Así, a emenda que aquí se ofrece constitúe, por agora, unha conxectura, face á proposta de Michaëlis, errada por canto a P3 do presente de indicativo de conviir é conven; nótese, ademais, como a interpretación da editora xermano-portuguesa condicionou, pola rima, o cambio do correcto conven do v. 8 por un inexistente convin. Na lectura da secuencia <lha co um> pártese de dous erros: o primeiro, <c>/<r>, localízase noutras pasaxes de B: <dica> dira (691.15), <estranhaca> estranhará (911.13), <cornacon> tornaron (1340.12), <arcizou> arrizou (1507.11) etc. O segundo, <m>/<ui>, é aínda moito máis frecuente, pois, limitándonos a B, existen erros de copia como os seguintes: <aman> avian (272.14), <mimes> viimos (481.1), <mui> vivi (562.19), <mandar> vi andar (591.1), <ama> avia (655.16, 1161.16, 1162.8, 1172.6), <muj> vivi (798.3), <namo> navio (1163.7), entre outros.
O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
Para alén dunha puntuación diferente en Michaëlis, a proposta desta editora mantén a lección <sen> de B e suplementa o verso cunha copulativa. Porén, resulta máis económico e condicente co texto a consideración do erro de copia <sen>/<se a>, tal como acontece nos apógrafos italianos noutras ocasións. Véxase, por exemplo, 1050.20, en B1 , ou 48.17, en V.
O valor causal de que aconsella a ligazón interestrófica, inexistente nas anteriores edicións.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.