[last revised: 18/08/2021]Print

655 [= Tav 2,20 (= 115,9)]
Quando se foi meu amigo

Quando se foi meu amigo
jurou que cedo verria;
mais, pois non ven falar migo,
por én, por Santa Maria,
nunca me por el roguedes,
ai donas, fe que devedes!
Quando se foi, fez-me preito
que se verria mui cedo,
e mentiu-m’e tort’á feito;
e, pois de min non á medo,
nunca me por el [roguedes,
ai donas, fe que devedes!]
O que vistes que dizia
ca andava namorado,
pois que non veo o dia
que lh’eu avia mandado,
nunca me por el roguedes,
ai [donas, fe que devedes!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 640, V 241; B 827, V 413

Na primeira copia, a cantiga é atribuída a Paai Soarez de Taveiroos; a segunda vez que foi copiada en BV a cantiga é atribuída a Afons’Eanes do Coton.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 70-71 + 211-212); Vallín (1995: 261 [= LPGP 731]); Cohen (2003: 125 + 284); Marcenaro (2015a: 86); Littera (2016: I, 40).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 92-93, 155); Braga (1878: 48, 78); Machado & Machado (1952: III, 299-300; 1953: IV, 137); Gaspar Porras (1995: 51).
III. Antoloxías: Vasconcellos (1959: 20); Landeira Yrago (1975: 260); Torres (1977: 507).

Manuscript variants


1 meu] (seu) meu B’   2 jurou] iuroo V; verria] veiria B : ueiria B’   4 Santa] scā BV : sancta V’   5 me] mj B’ : mi V’; roguedes] iroguedes B   7 me] mj B’ : mi V’; preito] p̃eyto BV   8 verria] ueiria BB’ : ue’ria V   9 m’e] mj B’ : mi V’; tort’á feito] trota fc̄o B : tõta fcō V   10 min] mj B’ : mi V’   11 me] mj B’ : mi V’   13 O] E B’V’   14 ca] ta V : q̅ B’V’   15 veo] ve(i)a B : ueio B’V’   16 avia] ama B   17 me] mj B’ : mi V’   17-18 roguedes / ai] irogueds̄ (ay) / Ay B : rrogueđs .ay. V

Editorial variants


Nunes e Cohen editan as dúas versións da composición como cantigas independentes. Vallín segue a versión atribuída a Paai Soarez de Taveiroos, mentres Littera e Marcenaro se cinxen á versión atribuída a Afons’Eanes do Coton.

4 Santa] Sancta Vallín   5 me] mi Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera   7 me] mi Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera   9 m’e] me Nunes, Nunes : mi Cohenb, Marcenaro, Littera   10 min] mi Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera   11 me] mi Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera   14 ca] que Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera   15 veo] veio Vallín : vẽo Cohena, Marcenaro   17 me] mi Nunesb, Cohenb, Marcenaro, Littera

Paraphrase


(I) Cando se foi o meu amigo xurou que viría cedo; mais, xa que non vén falar comigo, por iso, por Santa María, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!

(II) Cando se foi, prometeume que viría moi cedo, e mentiume e cometeu un erro; e xa que non me ten medo, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!

(III) O que vistes que dicía que andaba namorado, pois xa que non veu o día que eu lle mandara, nunca me roguedes por el, ai donas, abofé!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7 ’a 7’b 7’C 7’C (= Tav 99:75)

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga ten dupla atribución (Paai Soarez de Taveiroos e Afons’Eanes do Coton), en liña tamén coa súa repetición nos cancioneiros apógrafos italianos. En calquera caso entre ambas as versións só hai leves variantes de carácter lingüístico, que non xustifican unha edición independente para cada versión: as diferenzas entre as dúas versións redúcense, para alén de alografías, a unha leve variación lingüística que afecta a me / mi (vv. 5, 7, 9, 11, 71) e min / (v. 10) e mais ca / que (v. 14)1 .
    Fronte aos editores precedentes, que non se decantaron por unha ou pola outra atribución, e fronte a Vallín (1996: 57-63), que se mostraba máis favorábel á autoría de Afons’Eanes do Coton, Marcenaro opta pola súa posíbel atribución, con todas as cautelas, a Paai Soarez de Taveiroos considerando razóns estilísticas e temáticas. Segundo a estudoso italiano, ademais, “la canzone sembra entrare in dialettica con altre due sicuramente attibuibili a Taveirós, in una sorta de continuum narrativo in cui la dama, dopo essersi lamentata della dipartita dell’amico, festeggia il suo ritorno” (2015b: 81; véxase tamén 2015a: 18-21). A análise scriptolingüística leva a Monteagudo, porén, a considerar que a cantiga chegou moi tardiamente á tradición manuscrita, na época de don Denis (á que el denomina *Compilación xeral), previa á última fase da compilación dos materiais, isto é, ao antecedente de BV, a partir dunha fonte que contiña a atribución a Taveiroos, aínda que a autoría máis probábel, de acordo cos datos que se tiran da citada análise, é a de Coton (Monteagudo 2019d: 177-179). No entanto, lonxe de estar cerrado, o argumento require unha revisión atenta, dado que os datos manexados, sendo os mesmos, son empregados para unha ou outra atribución sen que parezan revestir peso suficiente. 

  • 6

    A expresión de xuramento fe que (vós) devedes, convertida en frase formularia de valor interxectivo, é equivalente á expresión adverbial per bõa fe, entre outras fórmulas posíbeis de xuramento (véxase tamén 506.13, 1016.4, 1284.4, 1526.15, 1583.1). Para alén desta formulación simple, tamén presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase, por exemplo, CSM 6.32), esta frase pode presentar explícito o complemento indirecto (fe que dev’a Nostro Senhor, 594.14), tal como se pode ver tamén na Crónica Troiana: fe que eu deuo a Deus; fe que deuo a meu señor (Lorenzo 1985: 243, 383). 

  • 14

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6,995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais na cantiga 984.r2 en que, xunto con 655, a primeira versión presenta ca face á segunda con que2 .

  1. ^

    Monteagudo (2019d: 177-178) acha significativas estas variacións do punto de vista scriptolingüí­stico, embora sen significación literaria ningunha.

  2. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Search
    No results