I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 37-38 [= LPGP 514-515]); Littera (2016: I, 630-631).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 39-40); Carter (2007 [1941]: 11); Machado & Machado (1949: I, 152-153); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 82); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 68-69).
III. Antoloxías: Torres (1977: 496); Jensen (1992: 168); Diogo (1998: 34-35); Arias Freixedo (2003: 229-230).
3 e] et A 4 se mi ar torna] torna semen B 5 part’, e] parto B 7 e non me] <...>rome B 8 erg’en] eu en B 10 ca ‘ssi] casi A : ca se B 11 atal don’] tal dona B 12 me] mj B 14 om’] omē B 16 forçar] foçar B 18 creer] q̄rer B 20 como mi-o ei] comomeu ey B 21 poss’aver] poss(o) auer A 22 me] mj B 23 m’eu guardar] me gʷdar B 24 d’om’ou] dom̄oude B 27 sempr’en] senp’en B
3 e] et Michaëlis 10 ca ‘ssi] c’assi Michaëlis 14 amor] Amor Littera 21 cuida-l’o] cuida-lo Michaelis : cuidá’lo Littera
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:253)
Encontros vocálicos: 4 mi‿ar; 20 mi-‿o
Esta cantiga presenta un discorrer sintáctico-discursivo (cun corte medial) próximo ao das cantigas ateúdas (véxase nota á cantiga 1). Porén, na edición de Littera a ruptura sintáctica afecta todas as estrofas, que aparecen isoladas.
A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).
A lección <casi> ca ‘ssi de A (<cassi> nas restantes aparicións no Cancioneiro da Ajuda) mostra perfectamente a resistencia á sinalefa de ca, neste caso de un hipotético *ca‿assi. Precisamente o adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois desta conxunción causal (94.10, 239.10, 290.16, 321.15, 702.11, 983.3, 1022.r2, 1231.7, 1364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.
Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: 128, v. 17 tal / vv. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal / v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal / v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal / v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.
A lección <ome͂> de B implicaría un texto en que non sería posíbel a sinalefa ome‿amor, mostrando como se manifesta o verniz lusitanizante que en ocasións presenta o texto copiado nos apógrafos italianos, con formas omen onde a métrica esixe ome. Véxase nota a 11.22.
Consideramos necesaria a segmentación do CD de aver en -l’o que os anteriores editores non realizaron.