290 [= Tav 75,7 (= 157,16)]
Dizen-mi as gentes por que non trobei

Dizen-mi as gentes por que non trobei
á gran sazon e maravillan-s’én;
mais non saben de mia fazenda ren,
ca, se ben soubessen o que eu sei,
maravillar-s’-ian logo per mí
de como viv’e de como vivi
e, se máis viver, como viverei.
Mais non o saben nen lle-lo direi,
enquant’eu viva, ja per neun sén;
mais calar-m’-ei con quanto mal me ven
e sempr’assi mia coita sofrerei,
ca eu non quero mia coita dizer
a quen sei ben ca non mi á de poer
consello máis do que m’eu i porrei.
E o consello ja o eu fillei,
que eu i porrei, ca ‘ssi me conven:
morrer coitado como morre quen
non á consello com’oj’eu non ei,
e esta morte mellor me sera
ca de viver na coita que non á
par nen a ouve nunca, eu o sei.
E mellor éste, mais sera meu ben
de morrer cedo e non saberen quen
é por quen moir’e que sempre neguei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 183

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 360-361 [= LPGP 489-490]); Fernández Graña (2007: 195); Littera (2016: II, 562-563); Barberini (2017: 330-331).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 108-109); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 290).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 63-64); Vasconcellos (1959: 24-25); Sansone (1990: 200).

Variantes manuscritas


15 fillei] (hy) fillei A   24] é] ꞇ A

Variantes editoriais


9 viva, ja] viva ja Barberini; neun] nẽum Littera   13 poer] põer Michaëlis, Barberini   16 ca ‘ssi] c’assi Fernández Graña   22 éste, mais] est, e mais Michaëlis, Fernández Graña, Littera, Barberini   23 cedo] ced(o) Michaëlis : ced’ Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10b 10b 10a (= Tav 161:50)

Encontros vocálicos: 1 -mi‿as; 13 mi‿á; 23 cedo‿e

Notas


Texto
  • *

    A cantiga tamén é considerada como anónima.

  • 8

    Repárese na presenza da solución lhe-la para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 170.2 e 17, 199.19, 886.9, 910.15, 1117.7) , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).

  • 9

    Por medio da puntuación, en Barberini o adverbo ja é asociado á expresión temporal enquanto eu viva ja.

  • 16

    A lección  <cassi> de A mostra perfectamente a resistencia á sinalefa de ca, neste caso de un hipotético *caassi. Precisamente o adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois desta conxunción comparativa (82.10, 94.10, 239.10, 321.15, 702.11, 983.3, 1022.r2, 1231.7). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.

  • 22

    A segmentación michaëliana, pola resistencia da editora á forma éste, implica tamén unha diferente consideración de mais, que na súa versión deberá ser interpretada como adverbio de cantidade ou reforzo copulativo de e (E melhor est, e mais sera meu ben / de morrer cedo ...). De calquera forma, esa foi a opción de todos os editores precedentes.

  • 24

    Resulta ben sorprendente, pola súa rareza, o erro de copia no Cancioneiro da Ajuda, que explicitamente interpretou como copulativa a forma verbal é.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado