383 [= Tav 9,2]
Conhocedes a donzela

Conhocedes a donzela
por que trobei, que avia
nome Dona Biringela?
Vedes camanha perfia
e cousa tan desguisada:
des que ora foi casada,
chaman-lhe Dona Maria.
D’al and’ora máis nojado,
se Deus me de mal defenda,
estand’ora segurado:
ũu que maa morte prenda
e o demo cedo tome
quis-la chamar per seu nome,
e chamou-lhe Dona Ousenda.
Pero se ten por fremosa
máis que s’ela poder pode,
pola Virgen gloriosa,
ũu omen que pode e ode
e ar deseja na forca
estando cerrou-lh’a boca,
e chamou-lhe Dona Gondrode.
E par Deus, o poderoso,
que fez esta senhor minha,
d’al and’ora máis nojoso
do demo d’ũa meninha
(dá colo ben de cam’ora):
u lhe quis chamar sen[h]ora,
chamou-lhe Dona Gontinha.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 415, V 26

O v. 1 aparece tamén copiado no final de B 414 [= B’], como se fose o derradeiro verso da cantiga 382.

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 107-108 [= LPGP 101-102]); Lopes (2002: 468-469); Arbor Aldea (2001: 220-221); Longo (2003: 124-125); Gonçalves (2016 [2016]: 590-591); Littera (2016: I, 72-73).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 17-18); Braga (1878: 5-6); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 514-515); Machado & Machado (1950: II, 227-228); Callón (2017: II, 18-19); Rios Milhám (2018b: III, 383).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 123-124); Seoane (1941: 150-151); Torres (1977: 420-421); Correia (1978: 274-276); Tavares & Miranda (1987: 111-112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 35-36).

Variantes manuscritas


1 Conhocedes] onhocedes B’; donzela] donhela B : douzela B’ : duz ela V   2 avia] duia B : diua V   4 camanha] camanhā B   7 chaman] cham V; Maria] charia B : chana V   8 and’ora] aridora V   10 segurado] segurado l B : scaurado V   12 cedo tome] come cedo B : tome cedo V   14 Ousenda] ou[*]eda B   16 máis] maus V; pode] pede BV   18 pode e ode] podeo ode BV   19 e ar deseja, na forca] eardoseia na forta B : eerdo seia na forca V   20 estando, cerrou-lh’a boca] estandogerroulhaloca B : estandꝯ cerroulha boca V   21 chamou-lhe Dona Gondrode] echame ulhe dona gondiode V   23 que] e q̄ V; senhor] sen B : sencħ V; minha] insulay V   25 d’ũa] dhūa B; meninha] menynhay V   26 dá colo ben, dé cam’ora] dacolo bem decamora B : daColo bem de camora  27 senhora] (senhaʳ) senaʳ B : seña V   28 Gontinha] gotj̄nhā B : gōtinhā V

Variantes editoriais


4 camanha] tamanha Lopes   7 Maria] Charia Arbor Aldea, Littera   11 ũu] un Lapa : um Lopes, Littera : hum Longo   15 por] per Littera   16 poder] por Deus, Lapa, Lopes : po[r] Deus Longo    18-20 ũu omen que pode e ode / e ar deseja, na forca / estando, cerrou-lh’a boca] un ome que fede a bode / e cedo seja na forca / estand’a cerrar-lhe a boca Lapa : um omen que por defrode / e ardom seja, na forca / estand’a cerrar-lhe a lorca Lopes : ũu home que †...†-ode / e cedo seja na forca / estando, cerrou-lh’a boca Arbor Aldea : hum homem qu’[a]o de[m]o [ac]ode / [de] certo seja na forca / estando cerrou-lh’a boca Longo : um homen que fede a bode / e cedo seja na forca / estand’a cerrar-lhe a lorca Littera   21 e] om. Lapa, Lopes, Littera   26 dá colo ben de cam'ora] que aquel omen de Çamora Lapa : d’acolá bem de Samora Lopes : †...†-ora Arbor Aldea : d’aquel omen de Camora Longo : d’acolá bem de Zamora Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’c 7’b (= Tav 101:66)

Encontros vocálicos: 11 u͂͜u; 13-14 nome,‿e; 14 Dona‿Ousenda; 17 glo·ri·o·sa; 18 u͂͜u, pode‿e; 20-21 boca‿e

Notas


Texto
  • *

    O xogo etimolóxico-onomástico desta cantiga, de lectura e interpretación extremadamente dificultosa, parece asentar na progresión dos nomes da «donzela» e do seu significado: desde os iniciais Biringela (‘Virtuosa’) e Maria (‘Piedosa’), pasa a Ousenda (‘Atrevida’), Gondrode (‘Voluptuosa’) e Gontinha (‘Pequerrecha’), todos eles nomes de orixe xermánica (véxase Michaëlis 2004: 514, n. 91).
    A citación expresa do nome da amada vai contra unha das regras do amor cortés, a do segredo amoroso. Véxase nota a 111.1.

  • 1

    Só Arbor Aldea (seguida en Littera) propón o arabismo Charia en vez de Maria, que significaría ‘comprada’: con tal nome «eran chamadas entre os árabes andaluces as concubinas brancas, francas e eslavas, que eran vendidas como escravas e que ignoraban por completo a lingua e costumes dos seus compradores». Non obstante, a lectura Maria parece máis natural, xa que asenta no contrastado erro <ch>/<m> que se produce nos apógrafos italianos (véxase Ferreiro 2012c).

  • 4

    Sobre camanho véxase nota a 11.10.

  • 9

    Este verso constitúe unha variante da frase formularia assi Deus me salve ou calquera outra semellante.

  • 11

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico (tamén no v. 18), e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 12

    Obsérvese a necesaria inversión de tome cedo (> cedo tome) por razóns rimáticas. Nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 421.18, 590.3, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

  • 13

    O encontro de quis co pronome identificador presenta un formato gráfico arcaizante, similar á secuencia <s-l> (e <r-l>), en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con diversas voces acabadas en -s (ou -r), que debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (cfr. notas a 83.21 e 139.2). Véxase nota a 5.10.

  • 14

    A episinalefa neste verso (nome‿/‿e) permite respectar a unánime lección dos manuscritos e a natural ligazón do derradeiro verso esta estrofa co período anterior.

  • 18-20

    A secuencia manuscrita <podeo ode> ten como lectura máis acaída pode e ode, face a todos os editores que reconstrúen artificialmente o verso na procura dunha interpretación axeitada. A dificultade é evidente, a pesar da real existencia de oder en 1360.8 (Maa sela tragedes, / por que a non odedes?). Precisamente as dificultades do verso explican tamén a lacuna editorial de Arbor ou unha nova proposta para o v. 18: un ome que poldros ode (véxase Gonçalves 2016 [2006]: 431-437).
    O v. 19 tamén arrastra lecturas e interpretacións diversas, presentes nas anteriores edicións e tamén na última proposta de Gonçalves, máis cinxida á letra dos manuscritos e ao sentido do texto: e erto seja na forca (Gonçalves 2016 [2016]: 580-585).
    Porén, a lectura que propomos baséase na lectura case literal dos apógrafos, pois <e ardo seia na forca> B e <eerdo seia na forca> V permiten fixar con certeza o final (na forca), certificar a presenza da partícula ar ~ er (B vs. V) a seguir (sobre a variación ar ~ er véxase nota a 134.15) e, finalmente, fixar deseja como lectura de <do seia>, cunha confusión, tamén banal, <o>/<e> (cfr. desejar <doseiar> V, 1593.9). Deste xeito, coa continuidade entre os vv. 19-20 (na forca estando) é perfectamente posíbel manter a lectura fiel dos manuscritos no v. 20 (cerrou-lh’a boca).
    De calquera maneira, existen aínda máis posibilidades se considerarmos a presenza do verbo arder na secuencia inicial do verso: deste xeito, poderiamos apuntar a unha lectura e ard’e seja na forca para este v. 19, co inconveniente de a forma de presente de subxuntiva de arder ser arça (cfr. arço, ardes etc. no presente de indicativo a partir do lat. ardĕō, ardes etc.). Porén, nas Cantigas de Santa Maria podemos citar unha forma analóxica arda (sospeitosa de castelanismo):
              Que non cáia en vergonna, Sennor, e alma me guarda
              que a non lev’o diablo nen eno inferno arda (CSM 55.46).
    Así, con ard(a) ficaría un texto alternativo para estes tres problemáticos versos:
              ũu omen que pode e ode
              e ard’e seja na forca
              estando cerrou-lh’a boca.
    Porén, se reorientarmos a segmentación do texto subministrado polos manuscritos aínda aparece unha outra posibilidade cos tempos presentes ard(e) e (< sēdet, P3 de presente de indicativo de seer):
              ũu omen que pode e ode
              e ard’e sé ja na forca,
              estando cerrou-lh’a boca.

  • 19-20

    Nótese a rima forca : boca, que forma parte dun conxunto de rimas defectuosas que se caracterizan pola aparición do fonema /ɾ/ nun dos elementos. Véxase creades : mandardes (595.19-20), perca : erva : Eva (877.1-7), esforço : alvoroço : moço (1334.1-7), sesta : Meestra (1448.5-8), meestre : preste (1448.25-27), calçades : pagardes (1598.15-18). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 21

    De novo se produce unha episinalefa (boca‿/‿e), que permite a correcta contaxe heptasilábica do verso e mais a ligazón sintáctica co período anterior.

  • 24-26

    A expresión demo de, seguida dun nome, funciona como adxectivo co sentido de ‘demoníaco, malvado’. Véxase tamén que mi alongue muit’aginha / deste demo da campinha / u os alacrães son (478.10); ca o dem’agora d’Amor / me fez fillar outra sennor (901.5).
    A lectura que presentamos, de difícil interpretación, é translación fiel da lección unánime de BV, pois outras posibilidades editoriais levan consigo lecturas tamén problemáticas, como mostran as diferentes versións dos editores anteriores. Así, o home está nojoso porque a doncela da primeira estrofa, xa casada, nesta estrofa parece ter algún tipo de relación íntima cunha meniña: de aí a alusión parentética sarcástica con sentido equívoco  (dálle o colo a unha neniña na cama), entre outras posibilidades interpretativas que pasaxe tan escura (e quizais con corrupción textual) permite. De todos os modos, a literalidade do verso 26 aínda permitiría unha lectura alternativa, tamén de escura interpretación: dá colo ben, dé cam’ora.

  • 27

    O feminino analóxico senhora é aínda na lingua trobadoresca excepcional con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24 e 29), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado