590 [= Tav 25,37]
En grave dia, senhor, que vos oi

– En grave dia, senhor, que vos oi
falar e vos viron estes olhos meus!
– Dized’, amigo, que poss’eu fazer i
en aqueste feito, se vos valha Deus.
– Faredes mesura contra mí, senhor?
– Farei, amigo, fazend’eu o melhor.
– U vos en tal ponto eu oi falar,
senhor, que non pudi depois ben aver!
– Amigo, quero-vos ora preguntar
que mi digades o que poss’i fazer.
– Faredes mesura contra mí, senhor?
[– Farei, amigo, fazend’eu o melhor].
– Des que vos vi e vos oi falar, [non]
vi prazer, senhor, nen dormi nen folguei.
– Amigo, dizede, se Deus vos perdon,
o que eu i faça, ca eu non o sei.
– Faredes mesura contra mí, [senhor?
– Farei, amigo, fazend’eu o melhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 572, V 176

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 79-80 [= LPGP 193-194]); Nunes (1973 [1928]: 25); Cohen (2003: 608); Eirín García (2015: 257); Littera (2016: I, 224).
II. Outras edicións: Moura (1847: 148-149); Monaci (1875: 70-71); Braga (1878: 35-36); Machado & Machado (1952: III, 201-202); Cohen (1987: 63); Júdice (1997: 35); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 268-269); Oliveira & Machado (1959: 67); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 54).

Variantes manuscritas


3 fazer i] hi fazer BV   5 Faredes] Earedes B : earedes V   11 Faredes] Earedes B : earedes V   14 prazer] praxer B   15 dizede] dizedes V; perdon] pardon B   17 Faredes] Earedes B : earedes V; contra] (g) ꝯ̃ B

Variantes editoriais


5 Faredes] E avede Lang   9 preguntar] perguntar Lang   11 Faredes] E avede Lang   17 Faredes] E avede Lang

Paráfrase


(I) –En grave (mal) día, senhor, vos oín falar e vos viron estes meus ollos! –Dicide, amigo, que podo eu facer neste caso, así Deus vos valla. –Faredes o que sexa xusto para min, senhor? –Farei, amigo, facendo eu o mellor.

(II) –Desde o o momento que vos oín falar, senhor, non puiden despois sentir ningún ben. –Amigo, quérovos agora preguntar que me digades o que eu podo facer respecto a iso. [refrán]

(III) –Desde que vos vin e vos ouvín falar, non vin pracer, senhor, nin durmín nin folguei. –Amigo, dicídeme, así Deus vos perdoe, o que (queredes que) eu faga, porque eu non no sei. [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11a 11b 11a 11b 11C 11C (= Tav 99:1)

Notas


Texto
  • 3

    Nótese o evidente lapso de copia en BV no final do verso, que esixe inversión dos elementos para a rima en -i (i fazer > fazer i): nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

  • 7

    Enténdase: ‘Desde que nese momento vos oín falar, señora, que non puiden…’.

  • 13

    A lacuna no final do verso, de unha sílaba, ten de ser resolvida con non, acorde co sentido e coa métrica.

  • 15

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado