879 [= Tav 88,18 (= 94,20)]
Vós, que soedes en corte morar

– Vós, que soedes en corte morar,
desses privados queria saber
se lhes á privança muit’a durar,
ca os non vejo dar nen despender,
ante os vejo tomar e pidir,
e o que lh[e]s non quer dar ou servir
non pode ren con el-rei adubar.
– Desses privados non sei máis falar,
senon que lhes vejo mui gran poder
e grandes rendas e casas gaanhar,
e vejo a gente toda emprobecer
e con pobreza da terra sair;
e á el-rei sabor de os oir,
mais eu non sei que lhe van conselhar.
– Sodes de corte e non sabedes ren,
ca mester faz a todo omen que dé,
pois à corte por livrar algo ven,
ca, se dar non quer, por sen-saber é,
pois na cort’omen non livra por al
ren se de dar non se trabalh’e d’al,
ca os privados queren que lhes den.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

E esta cantiga de cima foi feita en tempo d’el-rei Don Afonso, a seus privados.

Manuscritos


B 888, V 472; V 1036

As dúas copias presentan diverxencia textual no v. 9 e mais nos vv. 19-20 (invertidos).

Edições


I. Edicións críticas: Tavani (1964: 119); Lapa (1970 [1965]: 416-417); Stegagno Picchio (1968: 109); Lagares (2000: 125 [rúbrica]); Lopes (2002: 298-299); Littera (2016: II, 104-105).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 173, 359); Braga (1878: 89, 197); Machado & Machado (1953: IV, 225-226).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 108-109); Landeira Yrago (1975: 196); Tavares & Miranda (1987: 45-46).

Variantes manuscritas


Rúbrica: om. BV; privados] rriuados V’
Texto: 1 corte] corce B   2 desses privados] destes p’uadꝯ B : destas priuatus V; queria] quria V’   3 privança] ap’nāca B : ap’uāca V : priuanza V’; muit’a] muyto BV   5 ante] Ande B; os] lhes V’; tomar] comar B; pidir] pedis B : peoir V   6 e o que lh[e]s non quer] eos nō q̅urem V’   7 pode] podem V’; rei] reꝯ V’; adubar] adnbar B   8 Desses privados non sei máis falar] Destes piurad nō sey nonelar B : De stes priuado nō sey nouelar V   9 senon] se nē V; mui] rauy BV   10 e] et BV; e] om. BV; casas] cassas V’; gaanhar] guaanhar B : guaandar V   11 e] et V; a gente] as gentes B : as grandes V : as iento V’; toda emprobecer] muytꝯ ē ꝓuecer B : muyto ē ꝓuecer V : toda ē ꝓbeer V’   12 e] om. BV; pobreza] ꝓueza BV; da terra sair] daqrā soyr B : dā grā sayr V   13 e] et V; os] es V; oir] ounit B : o uuir V   14 mais] may V   15 Sodes] Sedes V; corte e] corçe B : corce V; e] om. BV : et V’   16 todo omen] todomē B : codomē V   17 corte] corce B; por livar] par <  > B : perdiuin : por luirar V’   18 se] li V’; por sen-saber é] par <  > / Coctegasse B : por edechasse V : por sen sabr̄ he V’   19-21 pensse de dar nō sse <    > dal / τ se nō der nō deu nō pode / dutar al caos piuadꝯ q̅rē q̅lhes dē B : perosse dedar nō sse gatalhe dal / τ se nō der nō de nō pada / dubar al caos priuadꝯ q̅re q̅lhes dē V

Variantes editoriais


Rúbrica: de cima] om. Lopes, Littera
Texto: 2 desses] d'estes Tavani, Stegagno Picchio : destes Lapa; privados] privadus Tavani, Stegagno Picchio   3 á privança] há a privança Stegagno Picchio   5 pidir] pedir Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   8 Desses] Destes Lapa, Lopes, Littera : D’estes Stegagno Picchio; máis falar] novelar Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   10 e] om. Lapa, Stegagno Picchio, Lopes; gaanhar] guaanhar Lapa, Stegagno Picchio : ganhar Littera   11 a gente toda] as gentes muito Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   12 pobreza] proveza Lapa : probeza Stegagno Picchio, Lopes   13 oir] ouvir Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   15 corte e] cort’e Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   16 todo omen] todo homen Tavani : tod’omen Lapa, Stegagno Picchio : tod’homem Lopes, Littera; dé] dê Tavani, Lapa, Littera   17 á] a Tavani, Lapa, Stegagno Picchio   18 por sen-saber é] por sen-sabor he Tavani, Stegagno Picchio : por end’escass’é Lopes, Littera   19-20 pois na cort’omen non livra por al / ren se de dar non se trabalh’e d’al] pense de dar, non se trabalhe d’al; / e, se non der, non pod’adubar al Lapa : pensse de dar, non sse trabalhe d’al. / E, se non der, non pod’adubar al Stegagno Picchio : pense de dar, nom se trabalhe d’al / e, se nom der, nom pod’adubar al Lopes, Littera   20 trabalh’e d’al] trabalhe d’al Tavani

Paráfrase


(I) –(De) vós, que adoitades morar na corte, eu quería saber acerca deses privados [que moran na corte] se a privanza lles vai durar moito, pois non os vexo dar nin gastar, antes os vexo coller e pedir, e o que non lles quere dar ou servir non pode conseguir nada do rei.
(II) –Deses privados non sei dicir máis, agás que lles vexo moi gran poder e gañaren grandes rendas e casas, e vexo a xente toda empobrecer e saír da terra por causa da pobreza; e ao rei agrádalle ouvilos, mais eu non sei que lle van aconsellar.
(III) –Sodes da corte e non sabedes nada, pois a todo home lle é preciso dar cando vén á corte por conseguir algo, porque se non quere dar é por ignorancia, pois na corte um home non obtén (o que procura) por ningunha outra cousa se non se esforza en dar e noutras cousas, porque os privados queren que lles dean.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= Tav 100:10)

Encontros vocálicos: 10 gaa·nhar; 11 vejo‿a, toda‿emprobecer; 15 corte‿e; 16 todo‿omen

Notas


Texto
  • *

    A primeira versión desta composición (B 888, V 472) foi copiada na sección das cantigas de amigo, na parte en que esta sección, nunha segunda fase do proceso de elaboración da tradición manuscrita (Oliveira 1994), foi ampliada coa inclusión das cantigas de varios autores, xa sen distinción por xéneros. Aí ocupa o segundo lugar dunha serie de trece cantigas de Martin Moxa (B 887-898, V 471-483), autor que volve aparecer algo máis adiante cunha serie de tres cantigas (B 915-917, V 502-504). Outras catro cantigas de Moxa (UC 895-898) foron transmitidas só polo cancioneiro da Ajuda, na súa parte final (A 303-306). A segunda versión da cantiga (V 1036), con rúbrica explicativa situada a continuación do texto, rexístrase no sector das cantigas de escarnio ao final da serie atribuída a Lourenço, e a ela concedemos, na esteira de Tavani, prioridade textual. 
    Esta circunstancia da dupla colocación e mais outras anomalías, como o feito de ser unha tençon en que os contendentes non se apelan directamente polo nome, confiren estatuto de singularidade á composición e dificultan a fixación da identidade dos trobadores participantes. Con efecto, baseándose na dupla colocación e atribución nos cancioneiros, Carolina Michäelis (1990 [1904]) considerou esta cantiga dialogada unha tençon entre o clérigo Martin Moxa e o xograr Lourenço. Esta hipótese foi aceptada posteriormente por Luciana Stegagno Picchio (1968) e Giuseppe Tavani (1964: 119-129; 1993: 426), editores de Moxa e Lourenço, respectivamente. Neste caso, o rei a que se alude no texto, podería ser Afonso X ou, máis probabelmente, Afonso III de Portugal. 
    Porén, contra finais do século XX, a autoría de Lourenço foi cuestionada por Resende de Oliveira (1994), que propón como autor da mesma a don Pedro de Portugal, conde de Barcelos –o autor que segue imediatamente a Lourenço na sección das cantigas de escarnio– en diálogo con Martin Moxa. Entre outros argumentos alega unha hipotética alteración sufrida na colocación dos textos e das rúbricas, así como o feito de a sátira aos privados do rei ser unha temática tardía tratada case exclusivamente polo Conde D. Pedro e Estevan da Guarda, trobador do seu círculo, e tamén que unha rúbrica explicativa sería anómala na obra de Lourenço, dado que na colectánea de xograres galegos de que este formaba parte en ningún outro caso se inclúen rúbricas explicativas. Para Oliveira, o rei aludido no texto só podería ser Afonso IV de Portugal.
    A cuestión, lonxe de ficar resolta, deu lugar a un interesante intercambio de argumentos que continúa aínda hoxe en aberto. Tavani (2000: 139-153) volveu defender a atribución a Lourenço,  como tamén o fixo Mercedes Brea (2009: 97-113) nun traballo onde se pode ver un estado da cuestión até ese momento. Pola contra, Graça Videira Lopes (2002: 298-299, e posteriormente en Littera) defende con cautela a coautoría do conde don Pedro de Portugal e Martin Moxa; e, máis recentemente, Henrique Monteagudo (2019b: 911-913) achega elementos de carácter scriptolingüístico que apoiarían tamén esta hipótese como a máis satisfactoria.

    Por outra banda, e para alén do feito de non invocar o nome do interlocutor nas cobras correspondentes, a cantiga presenta unicamente tres estrofas “que parecen seguir el modelo de las cobras doblas”, feito que leva a Martínez González a reflexionar sobre a “arquitectura” do texto: “podemos pensar que la/s estrofa/s omitidas serían las últimas, porque, después de las estrofas transcritas para B888, el copista reservó un amplio espacio en blanco, en el que habría capacidad para otras tres cobras y dos fiindas, si se guardó todo para completar este texto”; porén, a tençon podería ser máis breve, “completándose con una estrofa más y finalizando con o sin fiindas, y pudo haberse dejado hueco para otra cantiga distinta” (González Martínez 2012c: 74).

  • 1

    Como acontece con frecuencia no inicio de numerosas composicións, obsérvese a concordancia ad sensum pola ausencia da preposición de(De) Vós que soedes en corte morar, / desses privados queria saber / se lhes á privança muit’a durar.

  • 3

    Neste verso inícianse as diverxencias textuais das dúas copias da cantiga (véxase tamén nota aos vv. 5, 8, 10, 11-12, 13, 17 e 19-20). Concretamente, nótese como privança non presenta artigo en V’, feito que, como afirma Tavani, “conferisce al sostantivo un carattere di indeterminatezza più adeguato alla vastità dei privilegi criticati dai due poeti”. Por outra banda, a lección de BV, con artigo con privança, implica unha perífrase verbal aver + infinitivo, sen preposición a: se lhes á a privança muito durar vs. se lhes á privança muit’a durar. En calquera caso, as dúas posibilidades son condicentes co vacilante uso desta perífrase, con ausencia ou presenza preposicional ao longo do corpus das cantigas profanas (cfr. nota a 36.8-9).

  • 5

    A lección lhes transmitida neste caso en V’, talvez inducida pola presenza de lhes no verso seguinte, non é correcta, como mostra o paralelismo co verso anterior, para alén da presenza do pronome CD nas copias de BV:
              ca os non vejo dar nen despender,
              ante os vejo tomar e pidir
    .
    Nótese, ademais, a alternancia pedir (<pedis> B, <peoir> V) / pidir (V’), que responde á harmonización vocálica nos verbos coa estrutura e...ir (>i...ir), moi frecuente nos textos medievais. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.

  • 8

    Neste verso comparece unha alternancia novelar (BV) / máis falar (V’) que suporía a existencia dun verbo novelar. Para alén da preferencia que concedemos á segunda copia da cantiga, é de subliñar que o verbo novelar non se rexistra nos primeiros períodos da lingua (véxase Cunha 1989, s.v. novela), igual que en castelán, onde novelar é un neoloxismo introducido en español no século XVI por Juan de Valdés en Diálogo de la Lengua (ca. 1535) (véxase Corominas & Pascual 1985: IV, s.v. nuevo)1 .

  • 10

    A variante gaanhar que presenta a segunda copia (V’) da cantiga é minoritaria verbo de guaanhar, forma subministrada por BV que aínda mantén o elemento labiovelar (véxase Glosario, s.v. guaanhar). En calquera caso, computa metricamente como dúas sílabas (véxase nota a 2.13).

  • 11-12

    De novo a dupla copia da composición xera a concorrencia de variantes fonéticas, como emprobecer vs. emprovecer, e mais pobreza vs. proveza. As variantes con <v> (en BV) son moito minoritarias na produción medieval, fronte á forma pobre e derivados, coa presenza da oclusiva bilabial que corresponde á evolución regular de -p- e sen metátese de /ɾ/ (LC paupĕrem, LV *popere> pobre). Véxase CGPA, s.v. pobre, probe, povre, prove etc.

  • 13

    En face da forma maioritaria oir (estabelecida a partir de V'), como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir (rexistrada na copia de BV) é de uso limitado no corpus (véxase 334.4, 384.17, 633.24, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.

  • 15

    A primeira copia do Cancioneiro da Vaticana semella achegar a variante sedes (vs. sodes BV'), descendente directo de sĕdētĭs, P5 do presente de indicativo de sĕdēre; porén, neste caso talvez se trate dun simple erro de copia. Cfr. nota a 732.8.

  • 17

    Máis unha vez as diversas copias da composición achega cadansúa variante para a preposición por (V'), que contrasta coa variante per de V e coa forma par, probábel lapso de copia en B.

  • 18

    O erro de V’ (<li>) na conxunción condicional (cfr. <se> BV) suxire unha rara variante si para esta conxunción. Véxase nota a 460.25.

    Por outra parte, a lección <sabr̄> de V’ leva directamente para saber, xerando un adxectivo sen-saber (‘ignorante, necio’) estruturalmente paralelo a sen-conhocer (aspecto xa apuntado por Lapa) ou sen-verdade (véxase Glosario, s.vv.) e xa atestado noutra tenzón entre Martin Soarez e Paai Soarez de Taveiroos:

    algun vera o vilã[o] se[e]r
    trist’e [no]joso e torp’e sen-sab[e]r
    e aver-s’-á de nós e del riir (115.13).

    De calquera modo, tamén na produción prosística recollida no Corpus Galego-Portugués Antigo achamos esta construción nominal, en diversas obras e en pasaxes explícitas: Et seẽdo ja os de [Babilonja] desta maneyra entẽdidos, erã ajnda os das outras terras [symplez] et sem saber, et por esso avemoslo dito ja (tradución galega da Geral Estoria); Mas, por que os estudos dos feitos dos homẽẽs se mudã en muitas guisas, foron en esto ben avisados os sabedores antigos que screverom os feitos passados tam ben dos sabedores como dos que forõ sem saber [...] Eu digo verdade no que digo e, por o que me vos dizees, tenhovos por neiçio e sen saber (Crónica Geral d’Espanha de 1344); Eu entrey em este mũdo com coyta e viuy em elle toruado e agora sayo-me delle neycio e sem saber (Orto do Esposo); E tu, homem sem saber, aquello que semeas nom sera vyvificado se prymeiro nom morrer (Leal Conselheiro).

  • 19-21

    En face da maioría das precedentes edicións, tal como Tavani, seguimos para estes versos o texto fornecido pola segunda copia de V (= V’), que semella lectio difficilior e presenta mellor sentido no contexto.

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.
    Repárase, tamén, en que a repetición da palabra rimante (al) fica atenuada polo feito de no v. 19 al formar parte da locución pronominal al / ren. Véxase nota a 14.48-50.

    Por outra parte, o final da composición mostra unha importante diverxencia textual que enfronta a primeira copia da cantiga en BV coa segunda no Cancioneiro da Vaticana. Agás Tavani, todos os editores seguen a primeira versión, que ten encaixe semántico na estrofa; véxase o texto crítico fixado por Stegagno Picchio (e seguido por diversos editores):
              – Sodes de Cort' e non sabedes ren,
              ca mester faz a tod’omen que dê,
              poys a Corte por <livrar> algo ven,
              ca, sse dar non quer, por <sen-sabor hé>:
              pensse de dar, non sse trabalhe d'al.
              E, se non der, non pod'adubar al,
              ca os privados queren que lhes den.
    O sentido da pasaxe solicita, na nosa opinión, unha segmentación da copulativa en trabalh’e (se de dar non se trabalh’e d’al), que Stegagno Picchio non considerou: ‘pois na corte ninguén obtén nada se esforza por dar e por outras cousas, pois os privados queren que lles dean’.

  1. ^

    Con todo, novela xa se atesta nun testamento galego de 1375: huas decretaes et sexto et clementinas muy ben glosadas especulo muy boo et a nouela de ioan andres en dous volumes sobre las decretaes et a nouella de ioham andres sobre lo sexto liuro (cfr. CGPA, s.v. nouela, nouella).

Procurar
    Não foram encontrados resultados