2 [= Tav 157,35]
O Maroot aja mal grado

Esta cantiga é a primeira que achamos que foi feita e fezeron-na quatro donzelas en tempo de rei Artur a Maraot d’Irlanda porla ... e tornamo-la en lenguagen palavra per palavra, e diz as[s]i: «O Maraot [...] mal grado».

Esta cantiga fezeron quatro donzelas a Maroot d’Irlanda, en tempo de Rei Artur, porque Maroot filhava toda-las donzelas que achava en guarda dos cavaleiros, se as podia conquerer deles, e enviava-as pera Irlanda pera seeren sempre en servidon da terra. E esto fazia el porque fora morto seu padre por razon d’ũa donzela que levava en guarda.

O Maroot aja mal grado
porque nós aqui cantando
andamos tan segurado,
a tan gran sabor andando.
Mal grad’aja, que cantamos
e que tan en paz dançamos.
Mal grad’aja, pois canta[n]do
nós aqui danças fazemos,
a tan gran sabor andando
que pouco lho gradecemos.
Mal [grad]’aja, que cantamos
e que tan [en paz dançamos].
E venha-lhe maa guaança
porque nós tan seguradas
andamos fazendo dança,
cantando nos[s]as bailadas.
Mal grad’aja, que cantamos
e que tan en paz dançamos.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 2, L 2

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 632 [= LPGP 986-987]); Lagares (2000: 105, 107 [rúbrica]); Amaral (2006: 70-71); Lorenzo Gradín (2013: 7 [rúbrica]); Arbor Aldea (2016: 89-90); Littera (2016: II, 557).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 7-8); Machado & Machado (1949: I, 37); Rios Milhám (2017: I, 2).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 13); Dobarro Paz et alii (1987: 37); Pena (1990: 322-323); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 253-254); Arias Freixedo (2003: 930-931).

Variantes manuscritas


Rúbrica 1. Esta ... grado] om. L; achamos] a chamas B; feita] fc̄a B; quatro] q̄ero B; en] ē *1 B

Rúbrica 2. 1 fezeron] *fezon fezeron L; donzelas] donzellas L; Maroot] maroōt B : marōot L; tempo] jp̄o L; Maroot] maaroōt B : maarōot L; toda-las donzelas] todal-s Donzellas L; se as podia conquerer] s- -- pod-a --querer L; deles] deꝉꝉs B : d---s L; enviava-as] ēuyauaas B : en-yauaas L; Irlanda] Ifllanda B : Isllanda L; seeren] scēre BL; en servidon] (con) | en ƥuyd-n L; fazia] fa-ia L; porque fora] ꝑ q̄  ([p/f]o.) fora L; razon] Rozon L; d’ũa donzela] dhūna donzella L

Texto. 1 Maroot] marōot L   2 nós aqui cantando] uos aquy c--̄tando L   4 sabor] sabor̄   5 cantamos] tancamos B : tantamos L   6 dan(dal)\ca/mos B2   7 mal] M-l L; canta[n]do] cantado B : catado L   8 danças] dancas BL   10 pouco] poucho L   13 guaança] guãaca BL   14 seguradas] segurad-- L   15 an--mos faz--do d-nca L   16 bailadas] baylladas L   18 en paz] enpas B : in paz L; dançamos] dancamos B : dan|--mos L

Variantes editoriais


Rúbrica 1. om. Michaëlis; e tornamo-la] tornada Lagares

Rúbrica 2. Maroot] Marot Michaëlis : Marõot Amaral, Littera; Maroot] Marot Michaëlis : Marõot Amaral, Littera; pera] para Littera; pera] para Littera; porque] per que Amaral; d’ũa] de ũa Michaëlis, Littera

Texto. 1 Maroot] Marot Michaëlis, Littera   13 maa] má Littera; guaança] gaança Michaëlis, Littera : guãaça Amaral   16 nos[s]as] nosas Amaral, Arbor Aldea

Paráfrase


(I) Que o Maroot sexa desgrazado mentres que nós aquí andamos cantando tan protexidas e tan felices. Que sexa castigado, en canto cantamos e bailamos en paz.

(II) Que sufra, pois cantando aquí facemos danzas, con tanto pracer que pouco llo agradecemos [refrán].

(III) E reciba o Maroot unha má ganancia porque nós tan protexidas estamos danzando e cantando as nosas bailadas [refrán].

Métrica


Lai, cantiga de refrán. O texto consta de tres estrofas singulars de catro heptasílabos graves e refrán de dous versos da mesma medida e carácter.                          

Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (= Tav 99:77)                                  

Encontros vocálicos: 1 Ma·root; 13 *guaan·ça / *maa

Notas


Rúbrica
  • A primeira rúbrica, con texto fragmentario, só aparece en B copiada por Angelo Colocci no final da Arte de Trobar.
    Tal e como anticipou Arbor Aldea (2010), consideramos que a lectura para o complexo paso da rúbrica *et᷈nada\mo/ ē lēguaīe / palau᷈ per palau᷈ debe ser e tornamo-la en lenguagen palavra per palabra…, que encontra apoio na lección manuscrita, en que Colocci acrecentou, na entreliña, a sílaba mos: et᷈na\mo/da. O grafema lateral pode obedecer a unha deficiente lectura do modelo por parte do humanista.
    Aínda que a forma que editamos para o topónimo presente na segunda parte da segunda rúbrica é Irlanda, a lectura de B (<Ifllanda>) e L (<Isllanda>) podería constituír un erro común aos dous manuscritos e remontar ao arquetipo.
    Por outra banda, a aparición do sufixo -on (en vez de -o͂e/-u͂e), como resultado de -ŭdĭne(m) en servidon (< servitudinem) na segunda rúbrica, indica que estamos perante unha rúbrica tardía, posterior ao período trobadoresco, tal como se pode comprobar nos bancos de datos coa aparición desta solución sufixal en diversas voces (no Corpus do Portugués as formas servidon, servidom, servido͂, servidom etc. son todas elas do século XV; véxase CdP, s.v.).

Texto
  • *

    Sen modelo literario coñecido –podería tratarse dun lai lírico perdido, como apunta a rúbrica escrita por Colocci unha vez concluída a copia da Arte de trobar– (rúbrica 1), a didascalia que acompaña a cantiga permite identificar a súa fonte literaria. Segundo Lorenzo Gradín, «la causa que explica el temible comportamiento del personaje irlandés [Maroot] no está presente en el Tristan en prose y tan sólo aparece esbozada en un pasaje de la Suite Post-Vulgata. En dicho roman, Yvain (…) se limita a informar a Gauvain de que Morholt odia a las muchachas, pero no explica los motivos que han originado dicha aversión» (2013: 3). Dadas as dificultades que ofrece encaixar a información do texto galego-portugués coas versións coñecidas do roman artúrico, «la hipótesis que parece más económica es plantear que el autor gallego-portugués bebió de una fuente reelaborada de la Suite Post-Vulgata que ya contenía ese particular de la etopeya del Morholt. Este planteamiento parece venir confirmado por las características que ofrece el propio personaje en las versiones castellanas de la Suite, es decir, los conocidos Baladros del Sabio Merlín (impresos, respectivamente, en Burgos 1498 y Sevilla 1535)» (Lorenzo Gradín 2013: 4). O lai e a súa rúbrica seguirían, pois, na súa opinión, unha versión da Suite reelaborada e amplificada con datos e características relativas a outros personaxes procedentes do propio Tristan en prose que circularía polo occidente ibérico desde comezos do século XIV (Lorenzo Gradín 2013: 4; véxase tamén Michaëlis 1900-1901, en particular pp. 10-12, 19-20, 1904: I, 632, II: 491-492, 497-499, e, sobre todo, Gutiérrez García 2007: 94-101, 110-112, que analiza en detalle as técnicas compositivas do poema e o contexto en que xorde, así como Gutiérrez García 2001: 38-49). Para as rúbricas que acompañan o lai, véxase Michaëlis (1900-1901: 20-21; 1904: I, 632, II: 480-481, 497-499), Lorenzo Gradín (2013: 5-12) e Arbor Aldea (2010, 2016a).

  • 1

    O nome Maroot (Morhout, rei de Irlanda) computa como dúas sílabas métricas.

  • 3

    Segurado funciona neste verso como adverbio (‘tranquilamente, con confianza’), aínda que habitualmente é participio de segurar (véxase v. 14).

  • 11

    Este verso do retrouso está afectado por un erro de copista por omisión, común aos dous manuscritos. Aínda que esta falta podería ser cometida por ambos os amanuenses de forma independente, podería estar xa no antecedente común a B e L.

  • 13

    Perante a vacilación nos resultados evolutivos do grupo inicial [gw-], no substantivo guaança mantemos a lección dos manuscritos, en liña co que acontece co verbo correspondente, que presenta variadas formas no corpus: guaanhar, gaanhar, gaanar, gãar e gaar.
    Por outra parte, se non optamos por unha expunción da copulativa inicial da estrofa, que podería ser espuria (véxase nota a 1.37-40), para a necesaria medida heptasilábica do verso cómpre considerar a contaxe bisilábica de guaança, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo do corpus, onde os hiatos (gráficos) das formas flexionadas do verbo gaanhar (e variantes) computan como unha única sílaba: guaa·nhei (11.8), guaa·nhardes (334.12), gaa·nhar (879.10), guaa·nhar (989.18), guaa·nhar (1534.17), gaa·nhar (1636.10); alternativamente, tamén se podería computar maa como unha única sílaba (tamén en 1610.1). En calquera caso, tal contaxe é coherente co carácter tardío dos lais.

  • 16

    Nótese a aparición de bailada, denominación escasa nas cantigas (véxase 609.5 e 10 e 872.13). Neste caso, non parece que a forma dança faga alusión ao xénero recollido na preceptiva provenzal. Referirase, probabelmente, ao baile, un elemento caracterizador de determinados textos da tradición galego-portuguesa, e, en particular, das denominadas bailadas. Esta indicación, bailada, que debe vincularse coa forma provenzal balada, ausente nos tratados poéticos occitanos e escasamente usada nas composicións, documéntase neste poema e na rúbrica que acompaña o célebre texto de Joan de Gaia Eu convidei un prelado a jantar, se ben me venha: «Esta cantiga foi seguida per u͂a bailada que diz “Vós avede-los olhos verdes, e matar-m’-edes con eles”...». Porén, e aínda que a crítica identificou dentro do corpus lírico galego-portugués algúns exemplos de bailadas, ningunha desas pezas é definida como tal no corpo do poema (datos complementarios en Arbor Aldea 2016c). Neste caso, estamos perante unha cantiga de refrán, construída en versos heptasílabos femininos seguindo o esquema ababCC.No manuscrito L aparece bailadas con grafía <ll>, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo (e cavaleiro), esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 18

    A semellanza de <cum> con (véxase nota a 91.1), a grafía <in> de L (cfr. tamén <in> e <ĩ> en B en 1451.2 e 1624.17) para a preposición en pode constituír máis unha mostra de grafía latinizante que de cando en cando se detecta nos manuscritos que transmitiron a poesía trobadoresca profana galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.

  1. ^

    Carácter descoñecido, similar a Ψ con haste inferior orientada cara á dereita e titulus superior.

  2. ^

    Corrixido por Colocci en <dancamos>.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado