I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 374-375); Barbieri (1980: 47-48 [= LPGP 917]); Littera (2016: II, 469-470).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 125); Carter (2007 [1941]: 112-113); Machado & Machado (1950: II, 101); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018: 302).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 15); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 217).
2 lle dizer-lo] lhi dizer o B 4 forçad’e] forcade B 5 e] C B 6 lle non pude] lhi non pudi B 7 puge] pugi B 8 me] mi B 10 lle] lhi B 11 e] O B 13 vi] nj B 14 ouve me tolleo] ouuj me tolhen B 15 lle] lhi B 17 e] C B 18 ten] ren B 20 éste] est e B 22 e] C B
2 lle dizer-lo] lhi dizer o Barbieri : lhe dizer o Littera 4 preso] pres’o Michaëlis, Barbieri 6 lle ... pude] lhi ... pudi Barbieri 7 puge] pugi Barbieri 8 me] mi Barbieri 10 lle] lhi Barbieri 12 lle ... pude] lhi ... pudi Barbieri 14 ouve] ouvi Barbieri; tolleo] tolheu Michaëlis, Barbieri, Littera 15 lle] lhi Barbieri 18 lhe ... pude] lhi ... pudi Barbieri 20 vos] vus Michaëlis, Barbieri 21 éste] est e Michaëlis : est’é Barbieri 24 lle ... pude] lhi ... pudi Barbieri, Littera
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:384)
Encontros vocálicos: 14 to·lle͜o
A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10.
En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. nota a 48.14 e 217.10.
Visto que a utilización do artigo co posesivo en función adxectiva é minoritaria, é desnecesaria a segmentación pres’o seu amor, presente en Michaëlis e Barbieri.
Na P1 de pretérito dos verbos fazer, querer e põer, rexístranse no corpus trobadoresco profano, en competencia con fiz, quis (e pus, que non se atesta), as formas palatalizadas, bisilábicas, fige ~ figi, quige ~ quigi e puge ~ pugi, produto da influencia do -ī final latino sobre [dz] ou [z] nas bases fēcī, *quēsī e posuī (véxase Ferreiro 1999: §20a; Ferreiro 2016a: 127-132). Cfr. nota a 95.13.
Desacordar ‘esquecer’ é ocorrencia única, aínda que o participio desacordado ‘sen acordo e/ou siso’ é máis frecuente (904.10, 1524.14, 1529.8 e 16).
Dizer vai sen complemento directo porque neste contexto significa simplemente ‘falar’.
Na lingua dos trobadores achamos unha utilización do posesivo seu que funciona como artigo, ao tempo que indica a relación de terceira persoa, como acontece nesta pasaxe. Enténdase, por tanto: ‘O medo que lle tiven á senhor, pois vina moi fermosa, paralizoume...’.
A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa no corpus trobadoresco do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan as seguintes formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), vendeo (1467.2), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7-9.
A segmentación de <este> en Barbieri (est’é) é aínda máis forzada que a de Michaëlis (‘ést’ e...’), ambas as dúas probabelmente inducidas pola resistencia á consideración de éste como forma verbal concorrente con é (véxase Ferreiro 2008a: 68-70). Cfr. nota a 67.8.