640 [= RM 124,2]
Nostro Senhor, e ora que sera

Nostro Senhor, e ora que sera
daquel que sempre coitado viveo?
Viv’e cuida por én se[e]r sandeu,
ca sabe ben que nunca perderá
esta coita, ca non quer sa senhor.
E que sera do que quis mui gran ben
e quer a quen lho non quer gradecer,
nen lhi quer por ende outro ben fazer,
e sabe que non perderá per ren
esta coita, ca non quer sa senhor?
E que sera do que sempre servir
foi quen lhi quis e quer por en[de] mal,
e nunca lhi por é[n] quis fazer al,
e que nunca de sí pode partir
esta coita, ca non quer sa senhor?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 625, V 226

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 234-235 [= LPGP 809]); Littera (2016: II, 333).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88-89); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 279).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 254); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 187).

Variantes manuscritas


2 que] che V   3 Viv’e] E uiu e B : guiu e V   6 quis mui gran] q̄s mui g̃ra B   9 ren] irē B   12 quis] q̄s B   14 e] t’e   15 ca] ta V

Variantes editoriais


2 viveo] viveu Littera   3 Viv’e] que viv’e Nunes; se[e]r] ser Nunes, Littera   8 por ende] porend(e) Nunes   14 pode] pôde Nunes

Paráfrase


(I) Noso Señor, e agora que será daquel que sempre viviu coitado? Vive e pensa por iso ser sandeu, porque ben sabe que nunca perderá esta coita, porque a súa señora non quere.

(II) E que será do que amou moito e ama a quen non llo quere agradecer, nen quere por iso outorgarlle outro ben, e sabe que non perderá, de maneira ningunha, esta coita, porque a súa señora non quere?

(III) E que será de quen sempre serviu a quen por iso lle quixo e quere mal, e nunca lle quixo facer outra cousa, e que nunca de si pode afastar esta coita, porque a súa señora non quere?

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C (= RM 155:9)

Encontros vocálicos: 2 vi·veo; 8 endeoutro

Notas


Texto
  • 2

    Obsérvese o lapso do copista de V, cun aparente italianismo gráfico na copia de que, que volve aparecer en 497.2, 607.2 e 625.3; en 1473.12 e 1679.18 o lapso afecta a voz aqui, copiada como <achi>. Do contrario, en B é menos frecuente (véxase 1233.7 e 1548.12).

    A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa no corpus trobadoresco do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan as seguintes formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), vendeo (1467.2), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7-9.

  • 3

    Prolongando a pregunta inicial até o v. 3, Nunes, seguido por Littera, interpretou como que o elemento inicial do verso (<Q> B, <g> V), probabelmente adventicio, ao tempo que respectou a errada forma <ser> de seer, desconsiderando a sistemática presenza de hiato gráfico e métrico deste infinitivo na lírica trobadoresca.
    Se non considerarmos o problema da hipermetría neste verso, a lección de B permitiría prolongar a pregunta inicial até o fin da cobra, de modo que se xogaría cos diversos tempos verbais:
            Nostro Senhor, e ora que sera
            daquel que sempre coitado viveo
            e viv’e cuida por én se[e]r sandeu,
            ca sabe ben que nunca perderá
            esta coita, ca non quer sa senhor?

Buscar
    Non se atopou ningún resultado