[last revised: 31/05/2020]Print

182 [= Tav 125,46]
Se Deus me valla, mia sennor

Se Deus me valla, mia sennor,
de grado querria seer
sandeu por quant’ouço dizer
que o sandeu non sabe ren
d’amor nen que x’é mal nen ben
nen sabe sa morte temer:
por én querria ‘nsandecer.
É por non sofrer a maior
coita das que Deus quis fazer,
que lla eu sempr’ei a sofrer
por vós; e rog’a Deus por én
que me faça perder o sén
e pavor que ei de morrer
ou me non leixe máis viver.
E Deus non me leixe viver
se eu a ‘nsandecer non ei,
ca, se viver, sempr’averei
coita d’amor, direi-vos qual:
gran coita se me Deus non val,
e, se for sandeu, perderei
a gran coita que d’amor ei,
ca des quand’eu ensandecer,
se verdade dizen, ben sei
ca nunca pesar prenderei
nen gran coita d’amor nen d’al,
nen saberei que x’éste mal,
nen mia morte non temerei:
Deus, e quand’ensandecerei?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


A 92, B 196

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 194-195); Blasco (1984: 113-114 [= LPGP 835-836]); Marcenaro (2012b: 186-187); Littera (2016: II, 347).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 84); Carter (2007 [1941]: 55-56); Machado & Machado (1949: I, 320-321); Fernández Pousa (1953: 11-12); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 182).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 96-97).

Manuscript variants


1 me] mj B   2 querria] queiria B   3 ouço] oço B   5 nen ben] nⁱen ben B   7 querria ‘nsandecer] queirian sandecer B   8 É por non sofrer a maior] Eporen uiuo na mayor B   10 que lla] qual la A   12 me] mj B   13 morrer] moirer B   16 a ‘nsandecer] enssandecer B   19 me] mj B   23 verdade] u᷈dad A   26 x’éste] xest{e} A : xest B   28 Deus, e] des B

Editorial variants


8 É] E Blasco, Michaëlis, Littera, Marcenaro   10 que lha] qual [l]h’a Michaëlis : qual la Blasco : Littera : qual-lá Marcenaro   13 e] e o Marcenaro   17 sempr’] sempr(e) Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis, Blasco   26 x’éste] x’é ‘ste Michaëlis : x’ est’ é Marcenaro

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8b 8b (= Tav 194:1)

Notes


Text
  • 1

    Esta cantiga comparte incipit e inicio do texto con outra cantiga de Vaasco Fernandez Praga de Sandin:
              Se Deus me valla, mia senhor,
              de grado querria saber (71.1-2).

  • 7

    O verbo ensandecer presenta elisión da vogal inicial e- (tamén no v. 16), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 8

    Para unha correcta sintaxe (e interpretación) do inicio da estrofa II é necesario considerar forma verbal o elemento inicial do verso, frente á unánime interpretación de <e> como conxunción copulativa que se encontra en todas as anteriores edicións. Talvez esa decisión editorial fose influída pola lección de B, onde, efectivamente, o elemento inicial é a copulativa por ser vivo o verbo principal: E por én vivo na maior / coita...

  • 10

    Acollemos a transparente lección de B (<q̄lha>) no convencemento da posibilidade dun erro en A a partir dun hipotética secuencia <quella> convertida agora en <qual la>. En calquera caso, a posibilidade qual lá (Marcenaro) achega un adverbio (locativo) de difícil xustificación no contexto, mentres que unha forma pronominal la (Blasco, Littera) neste contexto é lingüisticamente imposíbel; a lección de Michaëlis supón, finalmente, un híbrido entre os dous manuscritos, tamén de difícil xustificación.

  • 16

    A lección subministrada por B implica a perífrase aver + infinitivo sen preposición a. Cfr. notas a 55.17 e 60.14.

  • 26

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo (nótese a corrección de A), con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 28

    A lección de B (des quand’ensandecerei ‘desde que perda a razón’) tamén fai sentido, mais parece unha trivialización.

Search
    No results