971 [= RM 2,18 (= 120,34)]
Pero da Pont’, e[n] un vosso cantar

Esta tençon fezeron Pero da Ponte e Afonso Anes do Coton.

– Pero da Pont’, e[n] un vosso cantar,
que vós ogano fezestes, d’amor,
foste-vos i escudeiro chamar;
e dized’ora tant’, ai trobador:
pois vos escudeiro chamastes i,
por que vos queixades ora de min
por meus panos, que vos non quero dar?
– Afonso Anes, se vos én pesar,
tornade-vos a vosso fiador;
e de m’eu i escudeiro chamar,
e por que non, pois escudeiro for?
E se peç’algo, vedes quant’á i:
non podemos todos guarir assi
come vós, que guarides per lidar.
– Pero da Ponte, quen a mí veer
desta razon ou d’outra cometer,
quer[r]ei-vo-lh’eu responder, se souber,
como trobador deve responder:
en nossa terra, se Deus me perdon,
a todo escudeiro que pede don
as máis das gentes lhe chaman segrel.
– Afonso Anes, est’é meu mester,
e per esto dev’eu a guarecer
e per-servir donas quanto poder;
mais ũa ren vos quero dizer:
en pedir algo non dig’eu de non
a quen entendo que faço razon,
e ala lide quen lidar souber.
– Pero da Ponte, se Deus vos perdon,
no[n] faledes máis en armas, ca non
vos está ben (esto sabe quen-quer).
– Afonso Anes, filharei eu don,
é verdad’, e vós, ai cor de leon?
E faça quis-cada-quen seu mester.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 969, V 556

A rúbrica foi copiada por Colocci en B e mais en V.

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 89-90 [= LPGP 80]); Panunzio (1992 [1967]: 100-102); Lopes (2002: 104-105); González Martínez (2013: 20-21); Marcenaro (2015: 80); Littera (2016: I, 31-32)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 199); Braga (1878: 106); Machado & Machado (1953: IV, 344-345); Fernández Pousa (1956: 808); Juárez Blanquer (1988: 123-124); Gaspar Porras (1995: 57-58).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 38-39); Tavares & Miranda (1987: 209-210); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 101).

Variantes manuscritas


Rúbrica: PERO da ponte et Asfon/sseanes fezeron esta / Tenzon V
Texto: 2 fezestes] fesestes BV   3 vos] uos BV   4 E] Et B : et V; trobador] gobador B : trebador V   5 vos] uos BV   6 vos] uos BV   8 Afonso Anes, se vos] Afom̄ an̄s seuos BV   9 tornade] Ternade B : t̃nade V   10 e] Et B; escudeiro] est udeyro B : estudeyro V   11 e] Et B; escudeiro] estudeyro B   12 E] Et B : et V   15 mí] mī V   16 cometer] tometer V   20 om. B; escudeiro] oscudeyro V   21 gentes] entes V; chaman] tamā B : thamā V   22 Afonso Anes] Afom̄ āns B : Afom an̄s V   23 e] Et B : et V   24 e] Et B : et V; donas] unas V   25 ren vos quero dizer] om. B; vos] uos V   27 entendo] cantēdo B; faço razon] fazo rraçō V   28 e] Et B : et V; souber] soubor V   29 Ponte] pō B; Deus] des V   31 vos] Vos B : nō V   32 Afonso Anes] A fom̄ an̄s B : Afoman̄s V   33 é] om. V   34 E] et V

Variantes editoriais


1 Pont’, e[n]] Ponte, [en] Panunzio, Marcenaro   2 vós] vos Panunzio   3 foste-vos] foste[s]-vos González Martínez, Marcenaro   4 trobador] gabador Panunzio, Marcenaro   6 min] mi Lopes, Panunzio, Marcenaro, González Martínez   7 vos non] vus non Panunzio   8 Afonso Anes]: Afom[so] Anes Panunzio : Afons’Anes Lopes, Littera : Afons’Eanes Marcenaro   9 vos] vus Panunzio   10 e] et Panunzio   11 e] et Panunzio   12 e] et Panunzio   15 mí] min Panunzio   20 todo escudeyro] todo o scudeyro Panunzio : tod’o ‘scudeiro Littera   22 Afonso Anes] Afom[s]’Anes Panunzio : Afons’Anes Lopes, Littera : Afons’Eanes Marcenaro; est’é] est[e] é Panunzio   23 e] et Panunzio; a] om. Lapa   24 e] et Panunzio; per-servir] per servir González Martínez   25 mais] mais [i] Lapa : [e] máis González Martínez; quero dizer] quero [eu] dizer Panunzio, Littera : [eu] quero dizer Marcenaro   28 e] et Panunzio   29 vos] vus Panunzio   32 Afonso Anes] Afom[so] Anes Panunzio : Afons’Anes Lopes, Littera; filharei] filhar eu en Lapa   33 é verdad’, e vós, ai cor de leon?] [e lidade] vos, ay, Cor de Leom! Panunzio : e lidade vós, ai, cor de leom! Lopes, Marcenaro, Littera : verdade vos á i, Cor de Leon González Martínez

Paráfrase


(I) –Pero da Ponte, nunha cantiga de amor que vós compuxestes hai pouco, chamástesvos nela escudeiro; e respondédeme agora a isto, ai trobador: xa que nela vos chamastes escudeiro, por que vos queixades agora de min polos meus panos, que non vos quero dar?
(II) –Afonso Anes, se tal (queixa) vos pesa, voltade onda o voso fiador; e o feito de eu chamarme escudeiro, por que non, se for escudeiro? E se pido algo, vede o motivo para facelo: non podemos todos gañar o sustento así coma vós, que vivides de lidar.
(III) –Pero da Ponte, a quen con esta ou outra razón me viñer atacar, quereréillevos eu responder, se souber, como un trobador debe responder: na nosa terra, así Deus me perdoe, a todo escudeiro que pide pagamento a maioría da xente chámalle «segrel».
(IV) –Afonso Anes, este é o meu oficio e por medio del debo eu gañar o sustento e servir as donas canto puider; mais quérovos dicir unha cousa: eu non renuncio a pedir pagamento a quen entendo que é razoábel (pedirllo), e alá lide quen souber lidar.
(1) –Pero da Ponte, así Deus vos perdoe, non faledes máis de armas, pois non vos cadra nada (isto sábeo calquera).
(2) –Afonso Anes, eu recibirei pagamento, é verdade, e vós (acaso non a recibides), ai corazón de león? E que cada quen cumpra co seu oficio.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= RM 100:1) + 2 x 10c 10c 10a

Encontros vocálicos: 9 fi·a·dor; 20 todoescudeiro; 25 ma·is

Notas


Texto
  • 3

    O conglomerado de fostes co pronome átono vos provoca unha asimilación fonética de /s/ que volvemos achar no íncipit da cantiga 843 (Foste-vos vós, meu amigo, d’aqui). Unha asimilación fonética similar aparece tamén no encontro de vos ou pois con lhe (véxase nota a 106.14).

  • 4

    Perante as leccións <gobador> B, <trebador> V, algúns editores (Panunzio, Marcenaro) optaron por gabador (e dized’ora tant’, ai gabador), como unha lectio difficilior. Porén, ningún dos códices achega exactamente esa lección, senón que o <gobador> de B debe, na nosa opinión, ser lido como <trobador> a partir do erro <g>/<tr> comprobado en B: traz <gaz> B, <piz> V (777.4). E o <trebador> de V non ofrece problemas para a súa lectura como trobador.

  • 8

    Afons’Eanes do Coton aparece nomeado nesta tenzón como Afonso Anes, a partir da concorrencia das variantes Eanes ~ Anes na antroponimia galego-portuguesa. Neste caso Afonso Anes procede da lección <Afom̄ āns> dos manuscritos, que xustifica o desenvolvemento proposto no texto.

  • 15-21

    Nestes versos aparece a equivalencia /l/:/ɾ/ na rima veer - souber - segrel, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1202.9-10 (atal : guaanhar), 1207.1-2 (bailar : brial), 1207.11-12 (brial : pesar), 1207.16-17 (vestir : min)1 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1659.12-13 (taful : algur), 1664.9-11 (segrel : mester). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 17

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115);

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37);

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde vẽera (CM 55.72).

  • 21

    O uso de os/as máis como sintagma indefinido cuantitativo é escaso no corpus, pois só se encontra, para alén deste contexto, noutras dúas cantigas:

    Pola verdade que digo, sennor,
    me queren mal os máis dos que eu sei (183.2);

    e outra tal desonra recebeu
    dos máis que á no reino d’Aragon (1607.19).

  • 24

    Consideramos a presenza da partícula perfectiva per- en per-servir para ligar sintacticamente os verbos guarecer e servir:

                ... est’é meu mester,
    e per esto dev’eu a guarecer
    e per-servir donas quanto poder.

    En caso contrario, de lermos per servir (coa preposición per), habería que entender que o trobador ten dúas formas de guarecer: per esto (isto é, por trobar) e per servir donas

                ... est’é meu mester,
    e per esto dev’eu a guarecer
    e per servir donas quanto poder.

  • 25

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso ([i] en Lapa; [eu] en Panunzio, Marcenaro, Littera), todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 26

    A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 328.4, 400.3, 536.10, 759.8, 989.10, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

  • 33

    Algúns editores propoñen no inicio deste verso unha lectura baseada no verbo lidar (E lidade...), contra as leccións dos manuscritos: <E u’dade> B, <u’dade> V. Polo contrario, Déborah González propón unha edición do texto cinxida á letra de V (con ausencia da copulativa inicial, fronte a B), tamén defendíbel do punto de vista paleográfico e crítico (véxase tamén González 2021: 224-231). Para alén destas diverxencias textuais, a editora compostelá explicita mesmo tipograficamente a eventual alusión ao belicoso Ricardo I de Inglaterra, Cor de León (1157-1199). A súa relación co movemento trobadoresco deriva do feito de ser fillo de Leonor, duquesa de Aquitania, así como posíbel autor de varios textos líricos (véxase González Martínez 2013: 34). 

    A ironía da denominación ao militar precedida da exclamación (ai cor de leon) responde á denominación tamén irónica (ai trobador) do v. 4. Para a entender en toda a súa dimensión, cómpre lembrar outra cantiga de Martin Soarez (UC 1376) en que este satiriza a Afonso Anes pola súa vida desordenada e impropia da súa condición de cabaleiro, xa que entre outras cousas, fuxía dos traballos e dos perigos da fronteira.
    Nótese, ademais, a presenza do provenzalismo cor, que compite con coraçon.

  1. ^

    A equivalencia acústica /l/:/n/ é similar a /l/:/ɾ/, todas elas consoantes líquidas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado