I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 139-140); Minervini (1974: 37 [= LPGP 111]); Littera (2016: I, 108).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 72); Carter (2007 [1941]: 40-41); Machado & Machado (1949: I, 270); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 153).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 98); Nunes (1959: 229); Spina (1972: 302); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 22).
2 e] {ꞇ} A, ant’ela] dante la B 3 non] nou B; ren] reu B 5 lh’estaria] lle estaria A 6 moiro e] moyre B 12 da] de B 14 bõa] boa A
2 ant’] d’ant’ Minervini, Littera 5 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis 6 moiro] moir(o) Michaëlis : moyr’ Minervini : moir' Littera 10 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis 15 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis 20 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10a 6B 10a 6B (= Tav 33:9)
Encontros vocálicos: 6 moiro‿e
A variante reforzada d’ante de B, que nesta cantiga concorre co ante de A, só se rexistra na locución prepositiva per d’ante: ca ja me disse que me non compria / d’ir per d’ant’el (1322.13).
Por outra parte, a locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), tamén no v. 7, é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Efectuamos a crase ll’estaria neste primeiro verso do refrán, en harmonía cos restantes, pois moi probabelmente a escrita de A sexa produto dun lapso (ou quizais non se perciba xa no manuscrito unha eventual cancelación da vogal).