I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 18-20 [= LPGP 104]); Arbor Aldea (2001: 107-108); Longo (2003: 65-66); Littera (2016: I, 67).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 14-15); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 507-508); Magne (1931: 70-71); Machado & Machado (1950: II, 212-213); Rios Milhám (2018b: III, 2014).
1 servi] sser tiy B 2 ũa] hun a B : huna V 4 eu] en B 7 grand’afan] gran diffam V 8 levado] lenado V 9 viv[o], amigos] unid migꝯ ua B : uiudmigꝯ na V 13 fez] fem V; fez] ffeꝯ V; quen] ꝙʷ B 19 sen[h]or] Senoʳ BV; deu] de V 24 coita] corta V
2 ũa] una Arbor Aldea, Longo 5 ‘ssi] ssi Nunes : si Arbor Aldea 9 per que] porque Longo; viv’[eu], amigos] viv’[en]d’, [a]migos Arbor Aldea, Longo 11 sempre] ssempr’ Nunes : sempr’ Arbor Aldea, Longo, Littera; amar] amor Longo 19 sen[h]or] senon Arbor Aldea
(I) Moitos me din que servín de balde unha doncela que teño por señora; pódeno dicir, mais, grazas a Deus, eu podo facer saber a quen quixer que non é así, porque, así me veña ben, non é de balde, pois deume a cambio moi grande afán e desexo e preocupación (II) que por ela levei despois de a ver, polo que vivo, amigos, na maior coita do mundo, pois, infelizmente, eu sempre recibín desamor por amar; da miña señora todo este mal me vén e outra cousa me fixo peor, porque me fixo servir a quen sirvo e non ser amado (III) por iso; mais eu, que en mal día nacín, tiven que recibir isto da mellor (dona) das que Deus fixo, e non outro recoñecemento; outra cousa me acontece tamén pola que me vai peor: señora en quen Deus nunca puxo mal por nada foima dar a min, pola que perdín o siso e pola que morro así desamparado (1) do ben, pois, por Deus, que me ten no seu poder, quen a doncela vexa ficará así como eu fiquei: por unha gran coita coitado.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= RM 100:4)
Encontros vocálicos: 11 sempre‿eu; 16 ouvi‿a
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
A presenza de -n- na forma manuscrita <hun a> B, <huna> V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 246.15, 258.22, 284.16, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.
A solución reconstrutiva da isometría versal proposta por Nunes revélase máis económica e menos interventiva que a de Arbor Aldea e a de Longo, por canto a forma <dmigos> presenta un frecuente erro <d>/<a> (véxase, como exemplo, aja <dia> BV en 856.3); porén, aínda semella mellor a simple reintegración da vogal final de viv[o]. Por súa parte, Gonçalves (2016: 493) propón [e]napara conseguir a medida decasilábica no verso.
O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez).
É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta, nun primeiro momento evolutivo, iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.), que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Este testemuño de servo súmase aos presentes en 36.17, 402.10, 1172.1 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia.
Esta estrofa e a fiinda só resulta coherente desde os puntos de vista sintáctico e semántico se neste verso 19 se opta pola lección de B (deu) no canto da de V (de), que non dá sentido e que é moi complexa de encaixar sintacticamente.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.