708 [= Tav 35,1]
Amigo, se ben ajades

Amigo, se ben ajades,
rogo-vos que mi digades
por que non vivedes migo.
Meu conselh’e meu amigo,
por que non vivedes migo?
Se mi vós tal ben queredes,
amigo, qual mi dizedes,
por que non vivedes migo?
Meu conselh’e meu amigo,
por que non [vivedes migo?]
Pois eu nada non desejo
senon vós, u vos non vejo,
por que non vivedes migo?
Meu conselh’e meu amigo,
por que non vive[des migo?]
Pois non desejei al nada
senon vós desta vegada,
por que non vivedes migo?
Meu conselh’e meu amigo,
por que non [vivedes migo?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 693, V 294

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 114-115 [= LPGP 272]); Cohen (2003: 178); Littera (2016: I, 289).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 117-119); Braga (1878: 56-57); Machado & Machado (1952: III, 368).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 64); Nunes (1959: 296-297); Torres (1977: 414); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 53); Magalhães (2007: 91).

Variantes manuscritas


12 u vos non vejo] desta uegada B   13 vivedes] ui\ue/des V   14 amigo] migo B   17 desta] (d) desta B

Variantes editoriais


16 desejei] desej’eu Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amigo, que o ben sexa convosco, rógovos que me digades por que non vivides comigo. Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(II) Se me vós tanto amades, amigo, como me dicides, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(III) Pois eu non desexo nada senón vós, cando non vos vexo, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(IV) Pois desta vez non desexei outra cousa senón vós, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’a 7’B 7’B 7’B (= Tav 42:23)

Notas


Texto
  • 4

    Nótese o uso de conselho como apelativo dirixido ao amigo, ocorrencia única no corpus profano trobadoresco.

  • 16

    Non é necesaria a mudanza de tempo verbal para presente que Cohen (e Littera) propón (desej’eu) cunha lectura diverxente da lección unánime dos manuscritos (<deseiey>). De feito, fronte ao presente intemporal da estrofa anterior (vv. 11-12), coa expresión esta vegada a moza parece referirse a un período concreto de tempo no pasado recente en que estiveron afastados e que non desexa que se repita.

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’: 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.19, 1055.14), mais tamén con nada (al nada ‘ningunha cousa, nada’, con dúas ocorrencias no corpus (véxase tamén 981.13). Véxase nota a 72.21. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 17

    No corpus das cantigas profanas, as construcións dos verbos desejar / nembrar querer senon mi(n)/vós (véxase tamén 674.3-4, 689.8-9, 928.2) non presenta a preposición a, dun modo similar ao que acontece nas construcións amar máis ca mí/min (nen al) e querer melhor ca mí/min (véxanse notas a 44.13 e 177.22) e mais querer maior ben / ben maior ca mi(n)/sí (véxase nota a 679.5-6).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado