(I) Amigo, que o ben sexa convosco, rógovos que me digades por que non vivides comigo. Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(II) Se me vós tanto amades, amigo, como me dicides, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(III) Pois eu non desexo nada senón vós, cando non vos vexo, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?

(IV) Pois desta vez non desexei outra cousa senón vós, por que non vivides comigo? Meu consello e meu amigo, por que non vivides comigo?