131 [= Tav 97,24]
Nunca bon grad’Amor aja de mí

Nunca bon grad’Amor aja de mí
nen d’al porque me máis leixa viver,
e direi-vos por que o dig’assi
e a gran cuita que mi-o faz dizer:
ei gran pavor de me fazer levar
coita longadament’e m’ar matar
por me fazer peor morte prender.
Por én me leixa viver des aqui
Amor, e ben o pod’ome entender,
ca muit’á que ll’eu morte mereci
se dev’ome per amar a morrer;
mais non me mata nen me quer guarir,
pero non m’ei del, pois viv’, a partir,
e non me quer matar a meu prazer.
E d’Amor nunca un prazer prendi
por mil pesares que m’el faz sofrer,
e a sennor que eu por meu mal vi
non me quer el contra ela valer
nen dar-m’esforço, que m’era mester.
Pois m’esto faz e matar non me quer,
por que ll’ei eu tal vid’a gradecer?
Ca, des que m’eu en seu poder meti,
non desejei ben que podesse aver,
sequer mia morte desejei des i,
que ant’eu muito soia temer;
e Amor non me mata nen me val,
mais matar-m’-ia se fosse meu mal
ou eu cuidass’en mia mort’a perder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 44, B 156

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 95-96); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 77-78 [= LPGP 651-652]); Littera (2016: II, 120).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 63); Carter (2007 [1941]: 28); Machado & Machado (1949: I, 230-231); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 131).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 48-49).

Variantes manuscritas


1 mí] min A   3 vos] uos A   4 cuita] coita B   5 me] mj B   10 morte] mort A   11 ome] omẽ B; morrer] moirer B   13 viv’, a] uina B   14 e] {τ} A : mays B; a meu] amen B   22 en] om. B; meti] meci B   23 podesse aver] podessauer B   25 muito] muit A   26 E] mays B; me] mj B   27 mais] mays (amor) B   28 ou] o A

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   4 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera   5 me] mi Bertolucci Pizzorusso   6 coita longadament’e] coit’alongadament’e Michaëlis, Littera : coyt’alongadament’e Bertolucci Pizzorusso   9 ben o pod’ome] ben-no pod’om(e) Michaëlis : beno pod’om’ Bertolucci Pizzorusso : bem o pod’hom’ Littera   11 ome] omen Bertolucci Pizzorusso : homem Littera   14 e] [mais] Michaëlis : mays Bertolucci Pizzorusso : mais Littera   21 a gradecer] agradecer Littera   23 podesse aver] podess(e) aver Michaëlis : podess’aver Bertolucci Pizzorusso : podess’haver Littera   26 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera

Paráfrase


(I) Nunca Amor teña o meu recoñecemento nin de ninguén porque me deixa vivir máis, e direivos por que o digo así e a gran coita que mo fai dicir: teño gran pavor de que me faga levar a coita por moito tempo e de que logo me mate, para me facer sufrir peor morte.

(II) Por iso me deixa Amor vivir desde agora, e ben o pode entender calquera, porque hai moito que eu lle merecín a morte se (é certo que) un debe morrer por amar; mais non me mata nin me quere salvar, aínda que non me hei librar del, porque vivo, e non me quere matar como é o meu desexo.

(III) E nunca un pracer recibín de Amor polos mil pesares que el me fai sufrir, e a señora que eu vin, para o meu mal, el non me quere contra ela axudar nin darme valor, que moito o precisaba. E xa que fai isto e non me quere matar, por que lle hei eu de estar agradecido por tal vida?

(IV) Porque desde que eu entrei no seu poder non desexei ningún ben que eu puidese ter, mesmo desexei desde entón a miña morte, que antes soía temer; e Amor non me mata nin me axuda, mais mataríame se iso fose para meu mal ou se eu pensase saír perdendo coa miña morte.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= Tav 101:15)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 9 ome‿entender; 23 podesse‿aver; 25 so·i·a

Notas


Texto
  • 6

    Segmentamos coita longadament’... por canto a partir da secuencia dos manuscritos é posíbel e a presenza do adverbio longadamente no corpus (‘por moito tempo’), relacionado con longado, fronte a alongar ‘afastar no espazo’: pero sei ben, sen contenda, / da que me faz tan longada- / -mente viver, e coitada / vida, e non mi dá grado (37.18-19). Cfr. nota a 150.8.

  • 11

    Enténdase: ‘se home debe morrer por amar’.

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 21

    A forma agradecer era aínda unha forma inexistente na lingua trobadoresca, razón pola cal a segmentación de Littera non é correcta, xa que a é o nexo na perífrase dever + a + gradecer

  • 26

    Nótese a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mais en B(V), que se rexistra tamén noutras pasaxes (226.20, 414.16, 982.7). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).

  • 28

     O feito de A ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.

  1. ^

    En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado