(I) Nunca Amor teña o meu recoñecemento nin de ninguén porque me deixa vivir máis, e direivos por que o digo así e a gran coita que mo fai dicir: teño gran pavor de que me faga levar a coita por moito tempo e de que logo me mate, para me facer sufrir peor morte.
(II) Por iso me deixa Amor vivir desde agora, e ben o pode entender calquera, porque hai moito que eu lle merecín a morte se (é certo que) un debe morrer por amar; mais non me mata nin me quere salvar, aínda que non me hei librar del, porque vivo, e non me quere matar como é o meu desexo.
(III) E nunca un pracer recibín de Amor polos mil pesares que el me fai sufrir, e a señora que eu vin, para o meu mal, el non me quere contra ela axudar nin darme valor, que moito o precisaba. E xa que fai isto e non me quere matar, por que lle hei eu de estar agradecido por tal vida?
(IV) Porque desde que eu entrei no seu poder non desexei ningún ben que eu puidese ter, mesmo desexei desde entón a miña morte, que antes soía temer; e Amor non me mata nin me axuda, mais mataríame se iso fose para meu mal ou se eu pensase saír perdendo coa miña morte.