I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 338-339 [LPGP 529]); Correiaa (2001: 383); Correiab (2016: 70); Littera (2016: I, 602-603).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117-118); Carter (2007 [1941]: 102); Machado & Machado (1950: II, 68-69); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 277).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 530-531).
3 outro ome] outrome B 4 temp’á i] tenpaia B 8 E] {E} A : om. B; quand’eu] quando eu B; en meu] ē nomeu B 9 me] mj B 10 coido mia mort’e querria morrer] E cuido na morte queria moirer B 11 coid’en] cuyden B 12 quand’ar] ꝙʷdo ar B; cuid’en] cuid(o) en A 14 aventurado] aueturado A 16 non] no A; de ende] de(o) ende A : deo en B; máis] mas A 17 Deus-la fezo] d’s la fez{o} A : deula fez B 18 mund’, e ben maravillado] mūdo e m̃auilhado B 19 quen] ꝙʷ B 20 mí] mj̄ B 21 dev’end’a] deuu end a A; a dar bon grado] dar bon gardo B 24 madre en] madrē B
3 outro ome] outr(o) ome Michaëlis : outr’ome Correiaa, Correiab, Littera 7 m’én das] m’end’as Michaëlis : m’eu das Littera 8 E empero ... en] Empero ... en[o] Michaëlis, Littera 10 coido] cuido Correiab, Littera 11 coid’] cuid’ Correiab, Littera 16 máis] ma[i]s Michaëlis 24 madre en] madr(e) en Michaëlis : madr’en Correiaa
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= Tav 161:151)
Encontros vocálicos: 3 outro‿ome; 23 mi-‿a; 24 madre‿en
Obsérvese a perfecta equivalencia semántico-métrica entre a construción de A (temp’á i) e a formulación de B (temp’á ja).
Mantemos a leccións dos manuscritos coa segmentación que esixe a rexencia da preposición de do verbo pagar-se, seguindo a suxestión de Nobiling (2007: 197), que propón tenho-m’eu das coitas...
A lectura deste verso é produto do seguimento da emenda introducida polo revisor de A, que corrixe a hipometría e traslada, ademais, o sistemático acento para a cuarta sílaba polo carácter oxítono de empero; tamén parece correcta a lección de B, se se considera a existencia dun hiato no encontro quando eu (Empero quando eu enno meu cuidado). A locución conxuntiva e empero, de valor concesivo (véxase tamén 315.18 e 407.6) convive no corpus coa máis utilizada e pero (véxase nota a 4.5).
O texto copiado en B (e cuido na mort’e querria morrer) constitúe máis outro caso de hipermetría pola presenza da copulativa inicial, ausente en A.
É certamente rara a aparición da secuencia de ende, con hiato en vez de crase ou, alternativamente, sinalefa (con lección alternativa en B: non á mester de o én máis dizer); só se rexistra unha secuencia semellante en entendede en (297.r1), tamén con versión alternativa que evita tal encontro en B.
E tamén é moi esporádico o erro de copia (por omisión) en A no adverbio de cantidade máis, pois só volve aparecer <mas> como adverbio en 305.r1 e 277.16.
Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.
Nótese, ademais, como a variante fez de B faría hipométrico o verso, que foi corrixido en A coa forma fezo (véxase nota a 53.16).
A segmentación de eno en soub’eno vén suxerida pola lección ajudiana <soub eno> (cf. <soube no> en B), aínda que a deglutinación soube no tamén é posíbel e correcta.
A voz estrado ‘peza de mobiliario utilizada como asento’ só volve aparecer en 766.6 (e vós ide-vos chegando lá todas per ess’estrado). Na prosa aparece en contextos moi similares, como mostra a Crónica Troiana: sentárõsse anbos en hu͂ estrado ... Et foysse sentar cõ ela en hu͂ estrado (Lorenzo 1985: 253, 259).