(I) Como eu hoxe vivo no mundo coitado! Nas graves coitas que eu teño de sufrir non podería outro home vivir nin eu o tería feito hai algún tempo, mais cando penso en como vin a miña señora, entre tanto vivo e entre tanto vivín, e por iso me dou por compensado polas coitas.

(II) Aínda que cando eu no meu pensamento penso nas coitas que me fai sufrir, penso na miña morte e querería morrer, e penso en como nacín nun aciago día; mais, cando penso tamén en como eu vin a miña señora, de cantas coitas por ela sufrín, considérome por iso moi afortunado.

(III) E en ser louvado por min o seu ben non é preciso dicir máis ao respecto, pois Deus a fixo o mellor que soubo facer no mundo, e quen vexa a señora que eu vin ben marabillado será polo seu ben, e ben dirá de min que ben debo por iso estar agradecido a Deus (1) por cantas coitas por ela sufrín, así Deus ma mostre como xa a vin estando sentada con súa nai nun lugar relevante!