189 [= Tav 125,4]
Ai eu, que mal dia naci

Ai eu, que mal dia naci,
con tanto mal quanto me ven,
querend’ũa dona gran ben
que me fez mal des que a vi,
e faz, e non s’én quer quitar,
e ora faz-me desejar
mia mort’e alongar de sí!
E, mal pecado, viv’assi
coitado e sol non acho quen
se doia de min, e per ren
mia sennor non se dol de min,
e al me faz: se lle pesar
faz outr’, a min se ven queixar
por én, que culpa non ei i.
E por gran coita tenn’atal
eu que sol non ll’ouso dizer
o gran mal que me faz aver,
e desejo sempre máis d’al
de llo dizer; mais ei pavor
de pesar muit’a mia sennor,
e calo-m’ante con meu mal.
Mais rog’a Deus, que sab’o mal
que me mia sennor faz sofrer,
que El me faç’ensandecer,
pois que m’outro ben todo fal,
ou morrer se sandeu non for,
ca esto me sera mellor,
pois que m’ela nen Deus non val.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 96, B 203

A estrofa IV só aparece copiada no Cancioneiro da Ajuda.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 203-204); Blasco (1984: 141-142 [= LPGP 812]); Marcenaro (2012b: 224-225); Littera (2016: II, 352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 88); Carter (2007 [1941]: 57-58); Machado & Machado (1949: I, 332-333); Fernández Pousa (1953: 16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 189).
III. Antoloxías: Torres (1977: 114-115).

Variantes manuscritas


2 me ven] mha uen B   3 ũa] ua A   4 me] mj B   6 me] om. A   8 pecado] pc̄cado B   9 coitado e] coytade B   11 sennor] senor A   12 me] mj B   13 outr’] oyr B   14 én] rē B   15 por] por (mui) A : por mj̄ B   17 o] e B; me] mj B   21 mal] ual B   24 faç’ensandecer] faz ensandeçer A   27 sera] ser(i)a A

Variantes editoriales


9 coitado] coitad(o) Michaëlis : coitad' Littera   10 per ren] por én Michaëlis   11 min] mi Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:275)

Encontros vocálicos: 9 coitado‿e

Notas


Texto
  • 2

    Nótese a variación viir / aviir entre A e B (me ven vs. mi aven).

  • 10

    A forma doia, con [j] antihiático que se acabou consolidando en galego, só volve aparecer en 522.r, face ás formas máis etimolóxicas doa (548.6) e doades (746.10, 814.9).
    Por outra banda, a mudanza textual de Michaëlis, sen apoio nos manuscritos, reorienta o sentido do período: ‘e de ningún modo a dona se doe de min’ vs. ‘e por iso se doe a dona de min’.

  • 24

    A aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> debe ser posta en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

Buscar
    Sin resultados