56 [= Tav 151,24]
Senhor, eu vos quer’ũa ren dizer

Senhor, eu vos quer’ũa ren dizer,
e pero sei que vos direi pesar:
vedes, quando vos eu venho veer
e cuid’en vós quant’i posso cuidar,
senhor, eu sõ[o] maravilhado
porque pod’ome seer guardado,
pois vos ja vee, de vos ta[n] muit’amar.
Ca, senhor, por quanto Deus quis fazer
no mund’a ome molher muit’amar,
vedes, tod’esto vos eu ei a aver,
pero punhades vós de o negar:
mais, Deus, que preito tan desguisado
de poderdes vós teer negado
tan muito ben como vos quis Deus dar!
E, senhor, se vos caess’en prazer,
de pran, non vos deviades queixar
a min porque non sei sen vós viver:
non sei al deste mundo desejar
senon vós, que muit’é sen meu grado;
e demais sabedes, mal pecado,
ca vos non ei ren do voss’a custar.
E, senhor, por Deus, que vos fez nacer,
pois vos eu ja ren non ei a custar,
e que perdedes d’eu vosso seer
ou de vós do meu ja-que m’[e]mentar?
Ca sei que o meu ei ementado,
ca saben que fui mal dia nado
porque vos vi e vos oi falar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 83

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 721-722 [= LPGP 949-950]); Littera (2016: II, 526-527).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 28); Machado & Machado (1949: I, 110-111); Rios Milhám (2017: I, 56).

Variantes manuscritas


1 ũa] hunha B   5 sõ[o] maravilhado] son marauilhador B   7 vos] uos B   10 a aver] aueer B   12 desguisado] desaguisado B   14 quis] qⁱse B   19 muit’é] muyce B   25 ja-que m’[e]mentar] ia ꝗ̄ mentar B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   7 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   9 ome] om’en Michaëlis : homem Littera   10 vos] vus Michaëlis; ei a aver] vej’haver Littera   13 teer] tẽer Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   18 non] nen Michaëlis, Littera   19 senon vós, que muit’é sen meu grado] se non vos, e muit’, e sen meu grado Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis   24 e] en Michaëlis   25 e de vus do meu ja-quê ementar? Michaëlis : e de vos do meu já-quê ementar? Littera   28 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 9’c 9’c 10b (= Tav 101:39)

Encontros vocálicos: 7 ve͜e; 10 a‿aver

Notas


Texto
  • 2

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 5

    Fronte á forma monosilábica son derivada directamente do lat. sŭm, os resultados sõo e soo xerados por analoxía (sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, mais tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 86.22, 317.7 ou 430.23 B presenta a lección errada son (vs. sõo A), e en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.

  • 7

    A forma vee (P3 de presente de indicativo de veer) presenta contaxe monosilábica.

  • 9

    Michaëlis (e Littera) mostra preferencia pola forma omen (face a ome), inexistente nesta pasaxe (cfr. a lección <ho>), que a editora segmenta de modo que aparece unha inédita construción de amar coa preposición en: Deus quis fazer / no mund’a om’en molher muit’amar.

  • 10

    A lección <aueer> (isto é, a veer) de B, que debeu ser inducida pola presenza de vedes no inicio do verso, crea un problema de hipermetría; polo contrario, aver permite a sinalefa a‿aver, tal como outras sinalefas que se rexistran ao longo do corpus entre o elemento a (pronome ou preposición) e diversas voces: a‿ei (60.12), a‿outre (199.28), a‿estar (235.29), a‿en (308.8), a‿el- (1166.r2), a‿antre (1324.17), a‿el (1523.11, 1598.20), a‿ir (1565.7), a‿un (1682.3). Cfr. nota a 8.17.
    En calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

  • 12

    A forma desaguisado xera un problema de medida que se resolve coa variante desguisado. O mesmo erro de copia pode verse en 1185.7 e 1643.3, xunto con 317.4, onde A presenta a lección correcta fronte a B.

  • 14

    B presenta a lección hipermétrica <qse> quise, cunha variante minoritaria de quis que só se rexistra en 264.13 e 991.3 e 5. Esta lección lembra a tamén errada forma <qgi> de B, face a quis (transmitido por A), en 186.20 e 225.15. De todos os xeitos, quise, con manutención de -e final (< *quesit < quaesivit, véxase Ferreiro 1999: §216c; 2016a: 133-135), fronte a quiso, é unha solución moi esporádica, como feze fronte a fezo (véxase nota a 167.5).

  • 15

    Caer en prazer (tamén en 66.3), expresión verbal paralela a caer en pesar ‘pesar’ (28.27 e 214.21), é sinónimo do frecuente verbo prazer.

  • 21

    Custar do vosso equivale a ‘non supor ningún menoscabo voso’.

  • 25

    A hipometría e a falta de sentido obrigan á emenda da lección de B a través da reinterpretación da abreviatura de quen (ou quem, obviamente) como que m’ (véxanse outros casos en 367.14, 907.15). Deste modo, coa forma ementar (tamén en 154.13, 190.14 e 1074.22), para alén do participio ementado no v. 26, cólmase a medida e a semántica do verso, respectándose o principio de economía na interpretación e a emenda do posíbel erro de copia.

    A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 238.23, 266.16, 347.14, 380.23, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.

Procurar
    Não foram encontrados resultados