367 [= Tav 3,5 (= 101,11)]
Se eu podess’ir u mia senhor é

Se eu podess’ir u mia senhor é,
ben vos juro que querria ir [i];
mais non posso nen xi me guisa assi,
e, por aquest’, ora, per boa fe,
tal coita ei que non poderia viver
se non foss’o sabor que ei de a veer.
Esto me fez viver de-la sazon
que m’eu quitei d’u era mia senhor;
mais ora ei d’ir i mui gran sabor,
e non poss’, e [e]no meu coraçon
tal coita ei que non [poderia viver
se non foss’o sabor que ei de a veer].
E, se esto non fosse, non sei ren
que m[e] podesse de morte guarir
u a non vejo; mais cuid’eu a ir
u ela ést’, e non poss’: eu por én
tal coita ei que non poderia viver
[se non foss’o sabor que ei de a veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 399, V 9

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 874 [= LPGP 671]); Littera (2016: II, 152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 9); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 196); Rios Milhám (2018b: III, 367).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 85-86).

Variantes manuscritas


2 benuꝯ inro q̄ queiria hir B   3 nen] uen B   8 m’eu] men B   9 sabor] s[****] B   10 coraçon] coracō B : corazon V   13 esto] sto V   14 que m[e]] ꝗʷ B : ꝗ̄ V   16 por én] penᵉ B   17 poderia] podiā B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   3 assi] (a)ssi Michaëlis   4 boa] bõa Michaëlis, Littera   10 poss’, e [e]no] poss[o]; e no Michaëlis, Littera   16 eu] e Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 12C 12C (= Tav 160:2)

Encontros vocálicos: 3 guisa‿assi

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.

  • 2

    A falta de unha sílaba e a rima en aconsellan a reintegración do adverbio i como palabra rimante neste verso, confirmada, ademais, por ei d’ir i (v. 9).

  • 10

    A minoritaria forma eno atéstase na lingua das cantigas e aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299.3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 14

    A lectura que m[e] a partir de <ʷ> ou <ꝙ̄> de B e V, respectivamente é a máis económica do punto de vista ecdótico, pois constitúe a reposición da vogal ausente nunha eventual secuencia <quem> do antígrafo, tal como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus. Véxase nota a 56.25.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado