I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 759-760 [= LPGP 678-679]); Littera (2016: II, 168); González (2018: 120).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 49-50); Machado & Machado (1949: I, 189-190); Rios Milhám (2017: I, 106).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 40); Torres (1977: 143-144).
1 morrer] moirer B 2 valra] ualira B 4 tod’] cod B 15 Quen] Quēuꝯ B
5 vos] vus Michaëlis 8 [E] que gran ben fez] Que gran ben fez[o] Michaëlis : Que gram bem fez[o] Littera : Que [mui] gran ben fez González 9 El quis que vos [a vós]] el quis que vus Michaëlis : El quis que vos Littera : El[e] quis[o] que vos González 11 vos] vus Michaëlis 15 Quen oje non soubesse] Quen vus non soubess(e) oge Michaëlis : Quem vos nom soubess’hoje Littera 19 Se a] Essa Michaëlis, Littera : Atal González; min] mi Michaëlis, Littera, González 21 vos] vus Michaëlis
(I) Señora, e eu terei de morrer así? E non me ha valer Deus nin a mesura tan grande que vós sabedes ter en toda outra circunstancia, agás contra min? En aciago día vos vin, señora, por me dar Deus tal sorte respecto a vós que eu por vós así hei morrer.
(II) E que gran ben fixo Noso Señor a quen El quixo que non vos vise! E así mesmo fixo logo un gran desamor, miña señora, a quen vos El foi mostrar, se non lle quixo conceder a sorte de que moi ben puidese manter lonxe o seu corazón de nunca vos desexar, señora.
(III) Quen hoxe non soubese apreciar nin esperar, señora, canto valedes, e aínda que vise a vosa fermosura, nin a comprendese sequera, nin pensase nela! Se Deus me quixo dar a min a sorte, fíxome comprender o fermosa que vós sodes, e morro porque vos sei apreciar.
(IV) O meu entendemento causoume o maior mal que calquera outra cousa me podería facer: fíxome entender cal é o mellor ben do mundo, ao que Deus non lle fixo outro igual, e non mo quixo Deus mostrar agás para que eu viva xa por sempre na coita maior de cantas El fixo.
Esquema métrico: 4 x 10a 10’b 10a 10c 10c 10’b 10a (= RM 125:1)
Encontros vocálicos: 26 mi-‿o
A solución ecdótica máis económica para restaurar a isometría neste verso é a reintegración da copulativa inicial de estrofa, condicente coa copulativa do v. 10 e lingüisticamente menos intrusiva do que as solucións de Michaëlis (fez[o]) e González ([mui] gran). Casos semellantes documéntanse en 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:
e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
moveron do porto Dovra (CSM 35.115)e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
logar en que o fezesse (CSM 45.37)
foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CSM 55.72).
A expunción de vos semella mellor alternativa do que a inversión da orde dos elementos da frase, tal como Michaëlis (e Littera) propón, á vista doutros contextos en que vos é un elemento espurio conforme a lección correcta dalgún dos testemuños manuscritos (véxase 183.4, onde B mostra como A introduciu erradamente o pronome, ou 214.14, onde B presenta, fronte a A, un vos espurio).
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Unha lectura irónica dos vv. 19-21 escusa a emenda da secuencia inicial do verso (<sea uentura>), unha cláusula condicional dependente de fez (v. 20).
Igual que acontece con fezo vs. fez (véxase nota a 53.16), a forma quiso tamén presenta tendencia á alternancia con quis, circunstancia que confirma que, en certos casos, quis[o] é a solución máis axeitada para resolver os problemas de hipometría versal. Véxase como, face á correcta forma quiso de A, os apógrafos italianos presentan quis (por ela, nunca m’er quiso [<quis> B] falar, 310.7; pois s’El nunca de min quiso [<qⁱs> BV] doer, 420.9), do mesmo xeito que no refrán da estrofa I da cantiga 995 aparece a seguinte variación A vs. BV: que nunca Deus gran coita quiso dar vs. que nunca Deus mui gran coita quis dar.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: