I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 825-826 [= LPGP 888]); Littera (2016: II, 434-435).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 122); Machado & Machado (1950: II, 91); Rios Milhám (2018a: II, 294).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 109-110); Piccolo (1951: 64-65); Torres (1977: 411); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 209).
1 vos] uos B 2 vós] nes B 5 vou u vos vej’e quand’a vós] nou· u uos ue i e q̄nda uos B 6 quen] ꝙʷ B 7 o que] e que B 10 coraçon] coracon B; voss'amor] nossa mor B 12 quen] ꝙʷ B 14 ren] irem B 15 como vós sodes] cōmouꝯ rod’s B; vós] nꝯ B 16 comprida] coupida B 17 vos] uos B 18 quen] ꝙʷ B 19 podedes] pode d's B 20 vos] uos B; vos] uos B 22 forades servida] foy dare que nyda B
1 vos] vos Michaëlis 2 éste] est’é Michaëlis, Littera 3 mentira[l] quen no] mentido que’-no Michaëlis : mentira[l] quen’o Littera 4 enno] eno Michaëlis, Littera 5 vos] vos Michaëlis 6 quen trage] quant’og’é Michaëlis 7 [E]] om. Michaëlis, Littera; grand’] grand[e] Littera 8 vos] vus Michaëlis; sábi’a] sab’a Michaëlis 9 que seja] que [eu] seja Michaëlis 11 [e]] om. Michaëlis : [que] Littera; vos] vus Michaëlis 12 quen trage] quant’og’é Michaëlis 13 Ía-vus dizer cousa mui desguisada: Michaëlis : [E foi] já vos dizer cousa mui desguisada Littera 17 non no] no’-no Michaëlis : non’o Littera; vos] vus Michaëlis 18 quen trage] quant’og’é Michaëlis 20 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 21 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 22 forades] foi, [seredes] Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 3 x 12’a 12’a 12’a 12’b 12’a 12’B + 12’b 12’b 12’b 12’b (cfr. Tav 13:2)
Encontros vocálicos: 8 sa·bi’a; 17 *cre͜ades / *ca,‿u
A voz mentiral ‘mentiroso’, probábel provenzalismo (véxase García-Sabell Tormo 1990: 227-228), ten escasas ocorrencias no corpus poético trobadoresco profano (véxanse 578.8, 917.13, 953.5); tamén se atesta esporadicamente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e moi raras veces na prosa (véxase CGPA, s.v. mentiral): unha única vez nun documento notarial de 1269: e quen nos quiser mentir peyte a outra parte C morabetinos e seya mentiral; e na Crónica Geral de Espanha de 1344: E aquelle que hy nõ fosse ao dya que fosse posto, que ficasse por mentiral e fallido e que perdesse os reynos. Co mesmo significado, no corpus profano achamos mentidor (1292.7) e mentireiro (1389.3), fronte ao fantasmal mentido de Michaëlis.
A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, (eno/ena) que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno/enna), anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 205.9, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).
Non se pode admitir a lección michaëliana do refrán, pois constitúe unha errada lectura de B.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc. Así, para alén de manter acento fixo na sexta sílaba, no v. 13 nivélase tamén a estrutura co v. 7, ao tempo que se evita a modificación de desguisada en des[a]guisada (véxase nota a 468.9).
A presenza de sabi (‘sabe’) como P3 de presente de indicativo de saber en 109.20 permite fixar con naturalidade o texto aducido en B. Na realidade, a (minoritaria) terminación -i, pode acharse sen regularidade, na P1 dos pretéritos fortes, e tamén en algún substantivo (sangui), nalgúns adverbios (eiri, tardi, longi) e moi raramente nalgunha outra forma verbal allea ao pretérito, como guii ‘guíe’ (1407.15).
Na produción medieval achamos a forma sabi n’A demanda do Santo Graal (cfr. CGPA): – Ora sabi, disse el, que eu som [S]amaliel, filho de Froila que foi rei de Gauna que rei Artur matou ante Paris.
A inclusión do pronome feita por Michaëlis converte o verso en hipermétrico.
É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
Por outra parte, assi Deus me veja é, sen dúbida, unha frase formularia aseverativa, equivalente a moitas outras existentes no corpus, como assi Deus me perdon, se Deus me salve etc. Cfr. nota a 79.16.
Fronte á puntuación e forzada sintaxe de Michaëlis e Littera, o sentido e a coherencia expresiva aconsella a puntuación agora proposta, con cousa desguisada como atributo de é.
A forma <cõmo> de B, que tamén se encontra en V, mostra unha grafía latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.
Parece evidente a ausencia no manuscrito de vejo, mais a súa restauración levanta o problema da eventual sinalefa ca‿u, contraditoria cos usos trobadorescos; con todo, podería considerarse a posibilidade de creades computar como dúas sílabas, ou a omisión do pronome no, ou a expunción da propia conxunción ca.
A repetición do verso ben poderían ser produto dun lapso de copia, de modo que a fiinda constase só de tres versos; porén, mantemos a lección tal e como foi transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
A interpretación da secuencia <foy dare que nyda> é conxectural, na procura da coherencia paleográfica e semántica. Non é difícil a confusión dos elementos ser e que, a partir das correspondentes abreviaturas <ƥ> e <q̄>, de modo que só sería necesaria a inversión de <n> en <u>; canto a forades é máis dificil xustificalo a partir de <foy dare>, mais o erro <foy d’s> fordes en B (457.11) lembra a presente secuencia.