I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 875-876 [= LPGP 670]); Littera (2016: II, 152-153).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 10); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 197-198); Rios Milhám (2018b: III, 368).
1 coraçon] coracon V 2 esforçar] esforzar V; morrer] moirer BV 5 querrei] queuey V; quitar] quitat B 7 catarei ela] catar eu esa B : catar eu ela V 8 bõa] bona V 10 fremosa] fm’osa B 11 averei] a’uey B 12 querrei] q̄irey V; esforçar] esforcar B : esforzar V 14 catarei] catarey eu BV 16 oje no] oieuo B 19 q[ue]rrei] qirey B : quey V
3 si] ‘ssi Michaëlis 16 oje no] oj’eno Michaëlis : hoj'eno Littera 20 outra d’i] ousadi(a) Michaëlis : outra i Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10A (= Tav 100:2)
Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.
A lectura do refrán nesta súa primeira ocorrencia parece apuntar para un erro <eu>/<ei>, ben documentado nos códices: 120.8 (<eu> A ,<ei> B), 875.2 (<eu> B, <ey> V), 947.4 (<Eu> B, <eu> V). Con todo, esta lección, xunto coa do v. 14, podería suxerir tamén a presenza espuria de eu, que tornaría hipermétrico o verso (catarei *eu ela), xa que a presenza espuria de eu está certificada en diversas pasaxes nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
Ademais, aínda aparece no horizonte ecdótico deste refrán outra posibilidade interpretativa para a lección manuscrita: considerar como correcta a lección <catar eu> deste refrán (face a unha eventual refacción <catarey eu> e <catarey [eu]> nos vv. 14 e 21), de modo que o infinitivo catar tería de ser lido en sintáctico paralelo con quitar (v. 5), esforçar e perder (vv. 12-13) e, na estrofa III, con falar (v. 19).
Por outra parte, o pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
A secuencia <oieno> de BV permite unha dupla segmentación: oj’eno e oje no, aínda que a segunda, que é a que seleccionamos no texto, é absolutamente maioritaria no corpus trobadoresco galego-portugués.
Aínda que é frecuente nas Cantigas de Santa Maria, ousadia non se atesta no corpus profano: a lectura michaëliana debe ser emendada en outra d’i (cfr. outra i en Littera), interpretación fiel dos manuscritos que se axeita sen problemas ao contexto (véxase Tavani 2010: 58-59).