I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 655 [= LPGP 703]); Miranda (2004: 163); Cohen (2010: 24); Marcenaro (2012a: 94); Littera (2016: II, 208).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13); Cotarelo Valledor (1933: 25); Machado & Machado (1949: I, 57); Rios Milhám (2017: I, 17).
5 deostar] dẽostar Michaëlis, Cohen
(I) Sinto tanto medo da miña dama que nunca me atrevo a lle dicir nada, e vede de quen sinto temor: de quen non sabe matar nin tomar, nin ofender nin dar unha má resposta [...].
Cantiga de amor (fragmento). Os versos conservados completos son decasílabos agudos.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10b [...]
Cantiga manifestamente incompleta, como parece indicar a cruz colocciana que acompaña a súa copia no manuscrito, e que pode aludir a un problema que afectaba o exemplar que se seguía ou a unha deficiencia que se verificou no momento de realizarse a transcrición do poema.