[last revised: 04/08/2021]Print

716 [= Tav 72,15]
Que mi queredes, ai madr’e senhor

Que mi queredes, ai madr’e senhor,
ca non ei eu no mund’outro sabor
senon catar ali per u á viir
meu amigo, por que moiro d’amor,
e non poss’end’eu os olhos partir?
Ja me feristes cen vezes por én,
[e] eu, mia madre, non ei outro ben
senon catar ali per u á viir
meu amigo, por que perço o sén,
e non po[ss’end’eu os olhos partir].
[E] por aquel Deus que vos fez nacer,
leixade-me, que non poss’al fazer
senon catar ali per u á viir
meu amigo, por que quero morrer,
e non poss’end’eu os olhos partir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 701, V 302

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 121-122 [= LPGP 476]); Cohen (2003: 186); Littera (2016: I, 557-558).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 122); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 380-381).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 181); Alonso Girgado (1992: 61).

Manuscript variants


2 mund’outro] muu doutro B   11 nacer] uacer B   14 morrer] moirer B

Editorial variants


Nunes non considera a existencia de refrán intercalar, xa que incorpora os terceiros versos ao corpo da estrofa.

5 os olhos] os [meus] olhos Cohen   7 [e]] om. Nunes; outro] [oj]’outro Nunes   10 os olhos] os meus olhos Cohen   11 [E]] om. Nunes, Cohen, Littera; aquel] aquel[e] Nunes; fez] fez[o] Cohen, Littera   15 os olhos] os [meus] olhos Cohen

Paraphrase


(I) Que me queredes, ai madre e señora, pois non teño no mundo outro gozo agás ollar para alí por onde ha de vir o meu amigo, por quen morro de amor, e non podo afastar os ollos de alí?

(II) Xa me castigastes cen veces por iso, e eu, miña nai, non teño outro ben agás ollar para alí por onde ha de vir o meu amigo, por quen perdo o sentido, e non podo afastar os ollos de alí.

(III) E por aquel Deus que vos fixo nacer, deixádeme, que non podo facer outra cousa agás ollar para alí por onde ha de vir o meu amigo, por quen quero morrer, e non podo afastar os ollos de alí.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10a 10B 10a 10B (= Tav 33:4)

Encontros vocálicos: 3 u‿á; 8 u‿á; 13 u‿á

Notes


Text
  • 5

    Polo feito de Cohen non considerar a sinlefa uá no primeiro verso do refrán, o editor estabelece a medida hendecasilábica como norma para o refrán e reintegra [meus] olhos para conseguir esa hipotética medida tamén no segundo verso do refrán (vv. 5, 10 e 15):
              se non catar ali per u á viir
              ...........................................
              e non poss’ end’ eu os <meus> olhos partir.

  • 7

    Do punto de vista paleográfico é explicábel a omisión da copulativa inicial perante eu, para alén da súa frecuente omisión no inicio de verso, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.

  • 11

    En face de Nunes (aquel[e]) e de Cohen e mais Littera (fez[o]), mantendo o acento na cuarta sílaba, reintegramos a copulativa, xa que é relativamente frecuente a omisión desta conxunción en posición inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, e que nos permite restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Search
    No results