I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 162 [= LPGP 690-691]); Pousada Cruz (2013: 171); Littera (2016: II, 180-181).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 76-77); Carter (2007 [1941]: 45-46); Machado & Machado (1949: I, 290); Camargo et alii (1995: 66-67); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 165).
III. Antoloxías: Spina (1972: 310); Mongelli (2009: 15).
1 mi agora for e mi alongar] magora for emalongar B 4 vos] uus A 7 me en] men B 8 pʳ me q̄ mandades assi moirer B 10 e me] me B; achar] m achar B 14 me] mj B 16 e] {ꞇ} A : om. B; vos] uꝯ eu B
4 vos] vus Michaëlis 7 me] m(e) Michaëlis, m’ Littera; vos] vus Michaëlis 12 Dizede] Dized’ Michaëlis, Littera 16 e] om. Pousada Cruz; vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:183)
Encontros vocálicos: 1 mi‿agora, mi‿alongar; 6 Dizede,‿ai; 7 me‿en; 8 mi‿assi; 12 Dizede,‿ai
A conxunción copulativa inicial, o mesmo que no v. 16, funciona basicamente como introdutora da interrogación que se explicita no primeiro verso do refrán. Cfr. nota a 3.21.
O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Repárese no encabalgamento orixinado pola segmentación en final de verso dos dous constituíntes da expresión verbal querer ben ‘amar0, por medio do cal toma relevo a antítese ben / mal. Tanto a expresión querer ben, como a antítese ben / mal, son moi frecuentes, mais aquí teñen un tratamento notábel debido a esta disposición.
A copulativa inicial do verso (véxase tamén nota ao v. 10) é produto dunha corrección marxinal de A para resolver a hipometría da copia primeira, que en B non se produce por ter introducido o pronome suxeito eu. Con todo, neste verso Pousada Cruz opta pola lección do apógrafo italiano, coa conseguinte adaptación puntuativa, por razóns rítmicas.