496 [= Tav 25,60]
Oimais quer’eu ja leixa-lo trobar

Oimais quer’eu ja leixa-lo trobar
e quero-me desemparar d’amor,
e quer’ir algũa terra buscar
u nunca possa seer sabedor
ela de mí nen eu de mia senhor,
pois que lh’é, d’eu viver aqui, pesar.
Mais, Deus, que grave cousa d’endurar
que a min sera ir-me d’u ela for!
Ca sei mui ben que nunca poss’achar
nen ũa cousa ond’aja sabor
senon da morte; mais ar ei pavor
de mi-a non querer Deus tan cedo dar.
Mais se fez Deus a tan gran coita par
come a de que serei sofredor
quando m’agora ouver d’alongar
daquesta terra u ést’a melhor
de quantas son, e de cujo loor
non se pode per dizer acabar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 498, V 81

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 14 [= LPGP 205]); Nunes (1972 [1932]: 62-63); Littera (2016: I, 165-166).
II. Outras edicións: Moura (1847: 3-5); Monaci (1875: 38); Braga (1878: 17); Machado & Machado (1950: II, 389); Júdice (1997: 78); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 496).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 196-197); Gonçalves & Ramos (1983: 278); Alvar & Beltrán (1989: 365); Sansone (1990: 304); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 37).

Variantes manuscritas


15 quando] qꝉꝉa do V   16 terra] teira BV; ést’a] esta a B   17 loor] leor V

Variantes editoriais


1 oimais] O mais Lang   6 é] e Lang   8 que] qu(e) Nunes   10 nen u͂a] nenhu͂a Lang : ne͂u͂a Littera

Paráfrase


(I) De hoxe en diante quero deixar de trobar e quero deixar o amparo do amor e quero ir buscar algunha terra onde nunca poida saber de min a miña senhor nin eu dela, xa que lle causa pesar que eu viva aquí.

(II) Mais, Deus, que difícil proba me resultará soportar o irme de onde ela estea! Pois sei moi ben que nunca podo encontrar nada que me agrade, non sendo a morte; mais tamén teño medo de que Deus non ma queira conceder tan cedo.

(III) Mais será que Deus fixo unha coita igual á que eu padecerei cando agora me tiver que ir lonxe desta terra onde está a mellor de cantas hai e cuxa louvanza non pode realizarse só con palabras!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10b 10a (= Tav 79:2)

Encontros vocálicos: 8 u‿ela; 12 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    incipit desta cantiga de Don Denis foi aproveitado como v. 7 (derradeiro da primeira estrofa) da cantiga 1469, unha mostra de intertextualidade (alusiva). Véxase Gonçalves (2016 [1992]: 231-232). Cfr. nota a 218 e 1228.

  • 6

    Este verso admite unha outra fixación textual: pois que lhe d’eu viver aqui pesar; isto é, pois que sería locución conxuntiva temporal a introducir o futuro de subxuntivo pesar.

  • 8

    Non se pode admitir a crase de que efectuada por Nunes, desnecesaria por canto neste verso se fai a sinalefa u‿ela (Ferreiro 2009). De todos os xeitos, neste editor, igual que en Michaëlis (véxase nota a 18.23), rexístrase esporadicamente a indicación de crase de que, contraria á práctica métrica trobadoresca (véxanse, por exemplo, 497.10, 913.1 ou 1072.8 e 17).

  • 13

    Interpretamos se como conxunción completiva, con omisión do verbo dicendi, que con frecuencia é utilizada en frases interrogativo-exclamativas:  ‘Mais (dicídeme) se fixo Deus nada igual a tan gran coita como ...’.

  • 17

    Obsérvese que loor é forma única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 536.7, 8, 12, 537.16, 538.24, 568.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado