I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 128-129); Cohen (2003: 194); Víñez Sánchez (2004: 153 [= LPGP 364-365]); Littera (2016: I, 413).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 124-125); Braga (1878: 59-60); Machado & Machado (1952: III, 393).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 138).
3 morrerá] moirera B 4 amiga, d'e[l] morrer] Amīga de moirer B 5 vos] uos BV 6 coidar] toydar V 7 bõo parecer] boom tarecer B : boom parecer V 8 amigas] amiga’s B : amig̃as V 9 e] om. B; morrer] moirer B : merrer V 10 aquel] aq̅le BV 11 avera] aua B; partio] tarcyo B; lhe] lho BV 12 me] mi V 13 que lhi eu dei] q̅ lhi q̅eu dey B : quelhy q̅eu dey V 14 e] < > B; fremosa] fremossa BV 15 E amores] Camores V 17 e] (muy to) / e V; cedo] redo B : tedo V; morrerá] merrera V 19 ca se] Ease B; soube] soute BV; da] d’a B : ea V 20-21 afan / e] afam ꞇ / E B : afam ꞇ e V 21 bon] bo’m V
3 pode] pod’ Nunes, Víñez Sánchez 6 eno] no Nunes 7 sempre [en]] sempr’e[n] Littera; bõo] boom Nunes, Víñez Sánchez : bon Cohen, Littera 8 ome] om’ Nunes, Cohen : hom’ Littera 9 morr’e] morre e Cohen 10 aquel] aquele Víñez Sánchez; pode] pod’ Nunes 11-12 nen avera (ca ja se lhe partio) / porque me as[s]i de mandado saio?] nen averá, ca já se lho partiu? / por que me assi demanda u saiu Nunes : nen averá, ca ja se lho partio, / por que mi assi de mandado saio Cohen : nem averá?, ca ja sse lh’o partyo, / porque me as[s]y de mandado sayo Víñez Sánchez : nem haverá, ca já se lho partiu, / porque mi assi de mandado saiu Littera 13 eno] no Nunes 14 coida en min] coida’ en mi Nunes; vio] viu Nunes, Littera 16 ja a] ja |a| Cohen : ja [d]a Littera 20 afan] afã Littera
(I) O meu amigo, que moito me ama, nunca pode obter de min (outra cousa) senón mal, e morrerá, sen remedio; e a min agrádame, amiga, de el morrer, por isto que vos quero dicir: deixa de pensar no mal que por iso lle vén e pensa sempre na miña fermosura.
(II) E a tal home, amigas, que lle farei, pois así morre e así quere morrer por aquel ben que nunca pode ter nin o terá –pois xa o ten ben lonxe– porque de tal xeito me desobedeceu? Deixa de pensar no mal que eu lle causei e pensa en min, fermosa, que el viu.
(III) E os amores tantas coitas lle dan por min que xa a morte está moi perto, e sei eu del que morrerá cedo, e, se morrer, non me causa pesar, pois non se soubo gardar da morte: deixa de pensar no seu gran sufrimento e pensa sempre na miña fermosa figura.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a 10c (= RM 192:1)
Encontros vocálicos: 2 pode‿aver; 3 pode‿aver; 6 lhi‿én; 7 sempre‿[en], bõ͜o; 8 ome,‿amigas; 10 pode‿aver; 12 me‿as[s]i; 13 lhi‿eu; 14 coida‿en; 16 ja‿a, preto‿está; 20 grande‿afan; 21 sempre‿en
Resulta significativo que Colocci colocase unha cruz e mais a marca de refrán no v. 7, pois esta cantiga presenta unha especie de protorrefrán nos vv. 6-7 de cada estrofa, con texto paralelo e escasa variación expresiva.
Nótese que o incipit desta cantiga de Gonçal’Eanes do Vinhal é tamén o verso inicial da cantiga 1228 de Joan Vaasquiz de Talaveira, cunha variación mínima (quer gran ben / gran ben quer).
Todos os editores emendaron a lección orixinal que, sendo teoricamente posíbel (e a mí praz, amiga de morrer / por aquesto...), inevitabelmente implicaría que o suxeito de morrer sería a amiga, cando na realidade é o amigo. De todos os xeitos, o pronome el aparece explícito na estrofa III (v. 17).
Neste verso cómpre a reintegración da preposición en, en necesaria sinalefa con sempre (cfr. sempre‿en, v. 21), solicitada pola repetida rexencia de cuidar (cfr. coida en min, v. 14; leix’a coidar eno seu grande afan / e coida sempre en meu bon semelhar, vv. 19-20).
Por outra parte, a voz bõo, con grafía conservadora, é metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon (véxase v. 21), tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (464.8, 475.31, 478.8, 805.9, 889.9 e 24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Véxase nota a 10.25 e 47.20.
As leccións de B e V para amigas están a indicar unha representación gráfica <amiguas>. En calquera caso, nótese como o interlocutor no v. 4 é unha amiga, en face das amigas neste v. 8.
Sen dúbida, a forma aquele de BV deberá ser emendada para corrixir a hipermetría versal: nótese como non é insólito o feito de apareceren as dúas variantes (aquele vs. aquel) nun contexto en que unha das formas se revela errada. Así, véxase 197.24, onde a variante aquel de B (aquele en A) faría hipométrico o verso, equilibrado no testemuño de B coa introdución do adverbio ben (ben des aquel dia).
A presentación destes versos aparece condicionado por decisións editoriais que teñen a ver coa interpretación do período, onde consideramos, para unha interpretación acaída, a confusión <lho>/<lhe> (véxase por exemplo 939.14 para o mesmo erro en BV). Nas diversas edicións a puntuación (e interpretación, por tanto) varía conforme a modulación atribuída ao período.
A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (partio, saío, vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3). De todos os modos, nas diversas edicións a puntuación (e interpretación, por tanto) é diferente, e ningunha atribúe carácter interrogativo a estes versos.
Por máis que o artigo non sexa necesario, tal como indica –e omite– Cohen, a sinalefa ja‿a permite respectar a lección dos manuscritos. Véxase exactamente a mesma sinalefa de ja (con artigo ou preposición) en 18.23 e 783.18, para alén doutras similares do punto de vista fonético (aja‿a, ja‿agora etc.). En calquera caso, a proposta textual de Littera (ja [d]a morte) implica un verso hipermétrico.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: