597 [= Tav 25,62]
O meu amigo á de mal assaz

O meu amigo á de mal assaz
tant’, amiga, que muito mal per-é,
que no mal non á máis, per boa fe;
e tod’aquesto vedes que lho faz:
porque non cuida de mí ben aver,
viv’en coita, coitado per morrer.
Tanto mal sofre, se Deus mi perdon,
que ja eu, amiga, del doo ei;
e, per quanto de sa fazenda sei,
tod’este mal é por esta razon:
porque non cuida de min ben aver,
[viv’en coita, coitado per morrer].
Morrerá desta, u non pod’aver al,
que toma en sí tamanho pesar
que se non pode de morte guardar;
e, amiga, ven-lhi tod’este mal:
porque non cuida de min [ben aver,
viv’en coita, coitado per morrer],
ca, se cuidasse de mí ben aver,
ant’el queria viver ca morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 580, V 183

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 84-85 [= LPGP 206]); Nunes (1973 [1928]: 32); Cohen (2003: 615); Littera (2016: I, 228-229).
II. Outras edicións: Moura (1847: 159-161); Monaci (1875: 73); Braga (1878: 37); Machado & Machado (1952: III, 213); Cohen (1987: 76-77); Júdice (1997: 40); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


4 lho] lo B   6 viv’en] uiuer V; per] por V; morrer] moirer B   7 sofre] sofro BV; perdon] pardō B   13 Morrerá] Moirera B   17 min] mi V   20 morrer] moirer B

Variantes editoriais


3 boa] bõa Lang, Cohen, Littera   5 mí] min Nunes   6 per] por Lang, Nunes   11 min] mi Lang, Cohen, Littera   12 per] por Lang, Nunes   17 min] mi Lang, Cohen, Littera   18 per] por Lang, Nunes   19 mi] min Nunes   20 queria] quer[r]ia Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo sofre de mal tanto, amiga, que realmente moito mal é, e abofé que non existe mal maior; e vede que é o que lle causa todo isto: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer.

(II) Sofre tanto mal, así Deus me perdoe, que eu, amiga, xa teño dó del; e polo que eu sei do seu corazón, todo este mal é por esta razón: [refrán]

(III) Morrerá desta, certamente, pois sofre un pesar tan grande que non se pode librar da morte; e, amiga, (por iso) lle ven todo este mal: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer, (1) pois se pensase recibir ben de min, el querería antes vivir que morrer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:24)

Encontros vocálicos: 13 desta,‿u

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación ~ min no refrán (I vs. II-III). Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 7

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 13

    A frase formularia u non pod’aver al ‘sen dúbida, certamente’ (tamén en 599.16 e 724.3) utiliza o complexo verbal pod’aver a diferenza doutras alternativas textuais construídas arredor de aver (u al non á, non á i al etc.) ou jazer (u non jaz al, u al non jaz). Véxase nota a 25.11.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado